Homenaxe a Luz Fandiño

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Homenaxe a Luz Fandiño

Mensagempor casdeiro » quarta, 11 fev 2009, 17:13

Quero facerlle hoxe desde aquí unha modesta homenaxe a unha poetisa galega, vella loitadora, que estivo da fronte cando a Santa Compaña da mentira e o pau, veu asomarse por Compostela .

Imagem

Seica ese día a Policía española solicitaba se identificar a calquera polo simple feito de falar galego.

Por iso hoxe quero recuperar verbas galegas desta galega da que aprendermos todos, verbas que marcara na miña lectura do poemario "Xuro que nunca volverei pasar fame", das Redes Escarlata, colectivo de poetas galegos, polo seu interese para Fillos de Galicia:


¿Os meus anos
de emigrante,
acaso
foron perdidos?
Os anos que
me roubaron.
Os anos que
me esplotaron.
Os tenros anos
que me amargaron.
Os anos que
non vivín.
Os anos que
máis chorei.
Os anos en que
a soedade
foi a compaña
máis amarga
e máis fidel.
Non me digades
que tantos anos
non me serviron
de ren.


(Luz Fandiño)

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante