Página 1 de 1

A Asociación Cultural Garipano contra a definición do "

Enviado: terça, 11 nov 2008, 16:43
por galiciaprasempre
Somos unha Asociación Cultural Galega que acaba de formarse hai pouco tempo na cidade de Santiago de Compostela. Facémonos chamar "Asociación Cultural Garipano". Nacimos cun propósito firme : conseguir erradicar os significados incompletos e pexorativos que se poden observar sobre o termo "gallego" no dicionario da RAE (Real Academia Española). Segundo esta Academia, o termo "gallego" significa:

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica.libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
□ V.

Despois de moita investigación e tempo dedicados a contactar coas Academias de América do Sur, descubrimos que os significados de "tonto" e "tartamudo" son irreais tal e como os amosa a Academia. Cremos que níngunha comunidade de persoas merece ser abafallada en ningún lugar e moito menos nunha obra académica de tal "prestixio". Por outra banda pedimos que a definición da lingua galega se realice como é debido tal e como fan no mesmo dicionario coa definición de línguas coma "Catalán" ou "Euskera" ou "Vasco". Ademais, cremos que no caso do galego tamén se debe indicar que é unha língua romance e que Galicia foi un Reino independente, como se fai referencia por exemplo co "Catalán". Ademais, cremos que esta definición debería establecerse nunha segunda ou como moito nunha terceira acepción e non nunha sétima como aparece até o momento.

Para conseguirmos estes propósitos, estamos realizando unha recollida de sinaturas masiva a través da nosa páxina web:

http://www.aproldalinguagalega.org

Se tedes algunha organización, empresa, sindicato, colectivo etc que quera ofrecer o seu apoio pode acudir á seción Asina!/Assina!/¡Firma! . Unha vez alá, poden asinar en APOIOS COLECTIVOS en calqueira das ligazóns outorgadas.
Entre outras actividades que temos programadas pretendemos recoller milleiros de sinaturas para presionar moito máis á Rae e ás Academias Sudamericanas e facer que nos escoiten deste xeito.

Se alguén quere asinar individualmente pode facelo na mesma seción en apoios individuais, en calqueira dos enlaces ofrecidos.

Moitas gracias pola vosa atención!!