A horta de outono...

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

A horta de outono...

Mensagempor casdeiro » segunda, 10 nov 2008, 08:39

Quería compartir convosco este refrán que na nosa casa tivo un especial protagonismo esta semana, e que volvimos atopar en Allariz, na exposición múltiple que sobre cogomelos, cesteiría, produtos do outono e permacultura había na Praza de Abastos de Allariz, vila ourensá que tiven o pracer de coñecer esta fin de semana.

O refrán é "A horta de outono mantén o seu dono". Tamén ten un significado especial para min xa que dalgún xeito fala dun obxectivo persoal e familiar: a autosuficiencia alimentaria, o cultivo dunha horta sá e ecolóxica para a nosa familia. Algún día... espero que non moi lonxe.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

A horta de outono...

Mensagempor bershky » quarta, 12 nov 2008, 16:58

Uhmm...que estraño!

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

A horta de outono...

Mensagempor bershky » quarta, 12 nov 2008, 16:59

casdeiro Escribeu:[...] obxectivo persoal e familiar: a autosuficiencia alimentaria, o cultivo dunha horta sá e ecolóxica para a nosa familia. Algún día... espero que non moi lonxe.
Casdeiro, ti tiveches algunha vez, unha aixada entre as mans? ;-) Ai!! Tenche que gustar moito a horta, pra non te cansares...


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante