Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 16:40
eu penso que é difícil probar que non existira ese costume. Hai moitos artigos na Rede, mesmo neste mesmo portal, que falan porén da posibilidade de certas reminiscencias nas nosas tradicións. Ademais se a cultura céltica irlandesa tivo hai tempo moito en común coa nosa é bastante crible que esa tradicións pagá tamén. Daquela eramos unha mesma cultura céltico-atlántica, co mesmo idioma, crenzas, etc. así que non sería raro que tivésemos tamén esa tradición. Pero seguro que hai mellores argumentos dos etnógrafos para apoiar esa tese.
En canto ao da pronuncia no vello irlandés paréceme moi interesante, pero en calquera caso o /i/ está totalmente fóra de lugar. Sería saman, con pronuncia ao parecer cha e con n final nasal, como adoita ser en galego, non é?