Página 2 de 2

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 20:59
por bershky
Admin Escribeu:Sexa o que sexa o que está claro é que é algo lingüístico, Bershky, así que cho movo ao seu sitio. ;-)


Ah! vale! Deus cho pague! :-)

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 21:09
por crisanto
"Éme novo coscas sinónimo de cóxegas"

Pois do meu pobo ó teu non hai moitos quilómetros. Estevesiños está preto de As Chas e nos empregamos esta verba para referirnos ás "cosquillas"

De cachoupiño ?

Enviado: sexta, 03 out 2008, 16:39
por bershky
bershky Escribeu:"Éme novo coscas sinónimo de cóxegas"
crisanto Escribeu:Pois do meu pobo ó teu non hai moitos quilómetros. Estevesiños está preto de As Chas e nos empregamos esta verba para referirnos ás "cosquillas"

Vaia ! estamos pertísimos, mais non! Xamais me cadrou de escoitala, nin en Estevesiños nin en Matamá. De todos xeitos non che me parece raro en absoluto. Lembro na miña casa, como meu pai introducia e introduce verbas totalmente descoñecidas pra miña nai e ela sempre o amoestaba ( agora xa non ) con aquilo de : Pepe, ti non sabes falalo galego, na miña vida oín dicir iso! ? E nos riámonos a cachón, porque claro, meu pai cheo de razón axiña lle respondia: quen non sabes falares, es ti!!
Eu que tiven a grandísima fortuna, de pasala miña crianza, cos avós maternos e paternos, ben me daba conta que en Estevesiños se falaba un galego máis castelizado ( por mor da súa proximidade con Verín ) que en Matamá . Ai! E que en Verín ( agora xa non ) mais daquela, habíache moitos que se tíñan por máis cós dos pobos, precisamente por falaren castelán, e os que falabamos galego, ollábannos coma cidadáns de segunda, coido.

Uff? tería moito que falare respecto a este tema? mais seguro, que o que máis e o que menos, tivo destas vivencias.

Un saúdo :-)

De cachoupiño ?

Enviado: sexta, 03 out 2008, 17:59
por anavilat
Uiiiii!!! Como me soa a min esa rifa entre nai e pai.. X-D
"Os do teu pobo non sabedes falar!!!"
"Anda que os do teu!!!"
E cantos casos habera!!!!

Os galegos falantes ata fai ben pouco eramos os paletiños da aldea... e digovos eu que ainda ai quen o pensa!!!! Triste, pero certo!!!

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 09 out 2008, 17:59
por mariab
Para min "cosco" é un caracol, pero cosca non significa nada.
"estar de cachoupiños" tampouco a coñecía. Sempre se aprende algo novo.