Página 1 de 1

A nova academia galega da lingua

Enviado: terça, 30 set 2008, 07:26
por xestor

A nova academia galega da lingua

Enviado: terça, 30 set 2008, 12:17
por rosamerchi
Non sei ben para donde vamos con isto, debo ser medio tola pero para min, galego e galego (inda que non sei nin falala dereito e moito menos escribilo) e portugués e portugues, duas linguas que si algun dia foran iguais (non sei) hoxe as duas foran por camiños diferentes (sexa polo que sexa, la os linguistan deben sabelo mellor que eu) as linguas dunha maneiro ou de outra cambian inda que as academias non queiran, cualquer lingua cambia polos mais diversos motivos, sexan naturais ou sexan impostos.
Podo estar mal informada mas pergunto por si alguén sabe me informar, por acaso os catalans se xuntan con os franceses defendendo a súa lingua porque sexan parecidas?
non estou querendo criar liortas, estou querendo me informar a respeito do asunto con algures da páxina que saiba mais do que eu
apertas para todos

A nova academia galega da lingua

Enviado: terça, 30 set 2008, 15:52
por mariab
RosaMerchi, non é a mesma relación a que existe entre o francés e catalán e o galego e portugués. Se quixéramos comparar, sería un mellor exemplo o caso do castelán e valenciano e de feito o asunto é igual de polémico.
Eu penso que galego e portugués son variedades dunha mesma lingua, porque atendo a criterios puramente lingüísticos e históricos. O que pasa e á vista está é que na práctica son posibilista, máis práctica. Se me guiase por criterios máis políticos podería pensar que son linguas distinas e tampouco estaría errada, porque os expertos sinalan que a lingua é máis ben unha noción socio-política.
O importante é que estes debates se fagan sempre desde a calma e o respecto. Chegouse a un punto que o importante non era o que se fixese ou dixese, senón como o fixese. Algunha xente desatourizaba a tal persoa ou organismo simplemente por usar determinada normativa, independentemente do labor que desenvolvían. Iso si que me parece moi nocivo. Agora paréceme que os ánimos están máis calmados, despois do acordo. Polo menos é a miña percepción, non sei que pensades vós.
Un saúdo
PD: Crear polémicas máis ben é positivo.

A nova academia galega da lingua

Enviado: quarta, 01 out 2008, 13:50
por bershky
Ola, Rosamerchi.

Non temas, o Galego é a lingua oficial de Galicia , agora e por sempre ;-)

Academias haiche moitas en Galiza, pro REAL ACADEMIA GALEGA só unha.

Se tes tempo e ganas, entra neste enderezo. Quizais che axude un pouquichiño a disipalo medo e as dúbidas.

http://es.wikipedia.org/wiki/Gallego


Unha aperta