"FRONTEIRAS"
""Fronteiras" é un proxecto de serie documental sobre os límites xeográficos e culturais de Galicia, centrado en como os perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido polo Occidente asturiano, O Bierzo leonés, As Portelas zamoranas e outros enclaves de similares características. "Fronteiras" quere poñer de relevo o feito de que as fronteiras culturais (se é que existen) non coinciden necesariamente coas fronteiras político-administrativas. Pero sobre todo quere mostrar o modo totalmente desdramatizado con que os habitantes destas zonas abordan os seus conflitos identitarios e territoriales, moi afastado do ton crispado co que estes temas adóitanse tratar no discurso político e xornalístico. "
http://bergidense.blogspot.com/2007/05/fronteiras.html
Alexandra Cachafeiro Camiña
se alguén quere facer un comentario, serà ben recibido
