A palabra 'aldea' é galega?

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

A palabra 'aldea' é galega?

Mensagempor casdeiro » sábado, 11 out 2008, 10:36

Eu coido que lugar é máis antiga que aldea, máis que nada pola cronoloxía histórica de quen nos ensinaron cada unha desas palabras.

Polo que nos contaba Axav, aldea é traída aínda recentemente na nosa historia á nosa lingua. E por iso os nosos vellos lles chaman lugares ás súas "aldeas".

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

A palabra 'aldea' é galega?

Mensagempor flypp » sábado, 11 out 2008, 20:13

Tódas as linguas están cheas de estranxeirismos, e no diccionario da RAG "aldea" indícase como sinónimo de "lugar".

Se son sinónimos, entendo que son correctas tanto unha como outra.

Outra cousa é que sexa "preferible" empregar "lugar" porque é mais noso, pero ahí está o problema de que "aldea" está moito máis extendido.

Igualmente lle está pasando ó resto de cambios na normativa do 2004:

(preferencia pola terminación -bel e non -ble, porén (sen embargo), "acotío", "decotío", "decontado", "enseguida", "deseguido", "amodo", "devagar" sustituen "a cotío", "de cotío",... que agora son incorrectas; o saúdo "hola" perde o hache; "O uso de signos de interrogación e exclamación emprégase só ao final, ponse ao principio para evitar ambigüidades" (sic)).

Hai que ser realistas e non escandalizarse se a nova normativa non ten aceptación algunha (estamos ás portas do 2009 e o cidadán de a pé non lles fixo caso algún en 5 anos). Todo un fracaso, pero é o que hai.

Porén (non me gusta esta palabra, pero en fin) a normativa rematará instaurándose na sociedade galega (iso se non sae outra que a anule). Toca agardar o cambio xeracional. Dentro de 5 anos todo o mundo falará correctamente o novo (e antigo, qué bonita antítese) galego.

Compre ter un pouco de paciencia cos que falamos cá antiga normativa. Son moitos anos falando dun xeito e os cambios son bastante traumáticos, pero como ben dixen, a nova xeración é a que normalizará efectivamente o galego normativo na rúa. Por agora podémonos considerar unha sociedade "trilingüe".

axav
Mensagens: 12
Registado: sexta, 05 jan 2007, 19:52

A palabra 'aldea' é galega?

Mensagempor axav » segunda, 13 out 2008, 19:37

Não pretendo polemizar, porque tampouco tenho um estudo feito para as línguas peninsulares, como passa de uma área linguística a outra, datas e evolução do significado. Pelo tanto, de novo, não posso opinar com o rigor que se requer. Deixemo-lo, se parece bem, numa simples opinião particular minha, a partir de certas evidências, que atende a um critério estilístico. E demos por rematado o assunto, se parece bem.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante