¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor flypp » segunda, 08 out 2007, 16:55

Saúdos.

Esta é a miña primeira participación no foro. Disculpádeme a "osadía" de abrir un novo tema no meu primeiro "movemento".

Antes que nada quero recalcar que non me considero un perfecto galego-falante, aínda que procuro millorar o meu galego día tras día porque o considero unha cuestión moi importante. A nosa língua está nunha situación moi precaria dende fai moito, moito tempo. Para min a razón é moi clara: unha cousa é usar de forma natural os nosos respectivos dialectos, e outra moi diferente é non preocuparse en absoluto polo Galego Normativo.

Pois ben, o Galego Normativo é unha das nosas máis representativas señas do pobo galego, e temos que poñer un esforzo entre todos para practicalo e difundilo, tanto nos nosos escritos, como nos coloquios que teñamos con galegos naturáis doutra zona distinta á nosa.

Pode parecer que estou divagando, pero de seguido saberédes o por qué desta "introducción".
A cuestión e que estiven traballando fóra da comunidade durante catro anos, e ó voltar á terra topéime cunha nova palabra engadida ó galego normativo: GRAZAS.

Ó principio non sabía que era unha sustitución do NOSO gracias DE TODA A VIDA. Víao en cartéis nos establecementos, pero nunca llo escoitei a ninguén que non fora un traballador da administración autonómica.

Tras preguntarlles a varios membros da miña familia, algún atinou en responderme "É a nova forma normativa do antigo Gracias".

E aquí está o "quid" da cuestión. ¿Cómo é posible que o pobo galego, e os lingüístas defensores da nosa lingua consentiran neste grave ataque?.

Si, si, non esaxero, é un ataque, porque "GRAZAS" non é outra cousa cun HIPERGALEGISMO. Ademáis, calqueira proposta de engadir unha nova palabra a nosa língua, ten que cumprir a condición de "Extensión de uso", o que significa que unha gran porcentaxe da poboación usa esa palabra. ¿Cúmprese iso? Porque eu NUNCA lle escoitei a NINGUÉN "grazas" na miña vida, en ningunha parte.

É máis, non considero nada normal que se sustitúa unha palabra empregada por todos por unha INVENTADA, e sen embargo PRIMAVERA fique todavía na nosa ortografía cando todo o mundo usa "primaveira".

En fin, aquí queda exposto. Espero que me esclarezades as miñas dúbidas coas vosas respostas.

Unha aperta.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor casdeiro » segunda, 08 out 2007, 18:23

Flypp Escribeu:Ademáis, calqueira proposta de engadir unha nova palabra a nosa língua, ten que cumprir a condición de "Extensión de uso", o que significa que unha gran porcentaxe da poboación usa esa palabra. ¿Cúmprese iso? Porque eu NUNCA lle escoitei a NINGUÉN "grazas" na miña vida, en ningunha parte.

De onde sacaches ti esa norma da extensión de uso? Seica hai moita xente que empregue a palabra tomografía cando se engadiu (me dá igual ao GL que ao ES)? Vamos, ho!

Sabes coma min que o noso idioma está cheo de castelanismos e se a RAG decidiu que o correcto era grazas, deberías informarte primeiro das súas razóns filolóxicas. Seguro que algún dos filólogos que participan nesta comunidade nos pode achegar algunha delas.

Flypp Escribeu:É máis, non considero nada normal que se sustitúa unha palabra empregada por todos por unha INVENTADA, e sen embargo PRIMAVERA fique todavía na nosa ortografía cando todo o mundo usa "primaveira".

Esa si que é boa! Iso de primaveira* soamente os din os neofalantes mediante unha hipercorrección, pero non ten ningún sentido etimolóxico, pois ven de prima-vera(n), diante do verán. Eu na vida lles escoitei iso aos galego-falantes da miña familia! :-O

Así que menos xeralizar e menos criticar aos expertos cando non se teñen mellores argumentos, que os legos na materia aínda temos moito que aprender. A ver se nos iluminan os compañeiros filólogos.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor bershky » segunda, 08 out 2007, 20:58

   







    
Olá Flypp, e logo como deches de nós?
Ogallá houbera moitos "ousados" coma ti, preocupados pola nosa lingua.

Saúdos e benvido

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor flypp » segunda, 08 out 2007, 23:36

Casdeiro:
En canto á norma do extensión do uso, non debería ser necesario, pero... velaí vai: Porque non creo que esa lexión de filólogos se dediquen a decidir cousas como "A ver, ¿cómo xusticamos a nosa nómina deste ano?.... Mmmmmm..... ¡Xa está!, veña, a partir de agora tal palabra ímola incluir na lingua galega!". Senón que deberían "observar" a varios nivéis os diferentes estratos sociais e sopesa-la posibilidade de incluir tal ou cal palabra dado que "ten un uso moi extenso". Porque, creo eu, sería o máis lóxico, e de filoloxía non lle sei nada, pero de razonamento intento enriquecerme no posible. Por suposto que non sei como traballa tal maquinaria, pero intento aplica-lo sentido común... ¿ou teño que conformarme ca súa explicación? ¿porque uns cantos estudiosos do tema o decidiron?. Pois perdóe pero non me vale. É a NOSA lingua, e nela deberíamos de decidir todos. Ademáis, ¿a quen queremos enganar?. Non se me vaia polas ramas co de "primavera", que non é o caso. Estamos a falar de "grazas". Pois veña, agora convénzame, porque "gracias" ven do latín "gratia", e non coñezo outra palabra que tivera unha evolución similar. Tampouco me vale o de Gracias-> Grazas por Galicia->Galiza... dado que Galiza nunca tivo un recoñecemento oficial.

E en canto o de que "primaveira" só o empregan os "neofalantes", gustaríame sinalarlle que a miña avóa, de 74 anos de idade, galego-falante dende o seu nacemento, sempre usóu "primaveira" así como a maioría da poboación do Barbanza. Non defendo a súa inclusión, por suposto, dado que o seu uso non está tan extendido (si, sego insistindo na regra do uso, a ver se agora vou a ter que aprenderme as palabras que se INVENTA o Filólogo Team que se sacan da manga), senón que vería a súa inclusión menos aberrante que o CACÓFONO e, por certo, hipergaleguizado (ou HIPERCORREXIDO como di vostede) "GRAZAS".

Espero que o debate siga aberto. GRACIAS pola vosa participación

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor bershky » terça, 09 out 2007, 18:36

   







   
Flypp,
fecharse na propia lóxica, poder ser ás veces ?erroris absolutum?. Hai que intentar, alomenos, escoitar e tratar de entende-lo razonamento dos demais.

Flypp Escribeu:a ver se agora vou a ter que aprenderme as palabras que se INVENTA o Filólogo Team que se sacan da manga.

Que pésimo soa isto ! que maneira de arrebolar polo chan, horas e horas de traballo e investigacións de ducias de persoas ! Non sei quen serás, mais para pronunciarte deste xeito? tes que teres uns coñecementos moi amplos da historia da nosa lingua.

Boeno, a min polo momento os teus enriquecidos razonamentos non me convencen, mais acho moi interesante a paixón que lle botas o asunto.

A ver logo? convídote a atesourarte aínda máis do que estás, se che apetece, claro!, Con iste artigo que atopei na Wikipedia sobre a lingua galega.


A lingua galega é unha lingua romance ou neolatina, con influencia léxica pre-celta, celta, éuscara, xermánica, provenzal, castelá (arabismos, prestamos lingüísticos, ortografía moderna e certos rasgos fonéticos) e amerindia





Fortuítamente, atopei unha cantiga, que pertece o conxunto de 1680 textos transmitidos por tres cancioneros manuscritos de lírica trovadoresca galegoportuguesa

Flypp, Ista lingua tamén foi nosa, aló polo siglo XIII.


Mal me tragedes, ai filha,
porque quer?aver amigo,
e pois eu, com vosso medo,
nom-o ei, nom è comigo,
nom ajade-la mia graça,
e dé-vos Deus, ai mia filha,
filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça.

Sabedes ca sem amigo
Nunca foi molher viçosa,
e porque mi-o nom leixades
aver, mia filha fremosa,
nom ajade-la mia graça
e dé-vos Deus mia filha,
filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça.

Pois eu nom ei meu amigo,
Nom ei rem do que desejo,
Mais pois que mi por vós v~eo,
Mia filha que o nom vejo,
nom ajade-la mia graça
e dé-vos Deus, ai mia filha,
filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça.

per vós perdi meu amigo,
por que gram coita padesco,
e pois que mi-o vós tolhestes
e mellor ca vós paresco,
nom ajade-la mia graça
e dé-vos Deu, ai mia filha,
filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor flypp » terça, 09 out 2007, 22:11

Boas Bershky.

Gracias pola túa participación.

Non atesouro moitos coñecementos sobre a orixe da nosa lingua e a súa evolución, pero sí a estudei no seu momento e dende aquela procuro suxeitarme ó máximo ás regras que marcan a ortografía... supoño que máis que nada é por seres eu administrativo, e ter certo celo na redacción de escritos ortográficamente correctos.

Non era a miña intención dar a entender que menosprezo a labor dos profesionáis ou estudosos da língua en xeral... senón no caso de "grazas" en particular.

En canto a evolución ou a historia da lingua galega, creo que ten pouco que ver co tema que abre este foro (grazas), dado que a língua, como ser vivo que é, evoluciona, e a evolución sempre ten que ser hacia adiante, ou alo menos é o que nos indica semánticamente a propia palabra.

Logo, non considero lóxico ese cambio tan (ó meu parecer) extravagante de gracias a grazas, porque creo non ten ningún sentido, ningunha razón gramatical nin evolutiva.

Iso era tan só o que quería reseñar, que calqueira persóa, por moi profana que sexa en certa materia, pódese ver capacitada para xuzgar unha determinada decisión tomada por un organismo superior.... por exempro:

Imaxinemos que a DXT dictamina que a partir dun determinado ano, tódolos vehículos fabricados deberán incluir un piloto na parte posterior do cadro de luces, que indique o sexo do conductor. ¿Non se vería unha persóa totalmente allea a DXT, capacitada de afirmar que esa medida non ten ningún sentido?. Sei que é un caso rebuscado en extremo, e case totalmente imposible, pero espero que se poida entender a parábola.

Estaría moi agradecido se alguén me poidera explicar a un nivel básico as razóns desa modificación, porque é unha medida que me afecta como galego-falante (e neste case me perxudica, instanciándome a empregar unha palabra antinatural para min), e non me quero resignar a un "Porque así o decidiron persóas que estudaron máis que ti".

Un saúdo.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor bershky » quinta, 11 out 2007, 13:33

Flypp Escribeu:En canto a evolución ou a historia da lingua galega, creo que ten pouco que ver co tema que abre este foro (grazas), dado que a língua, como ser vivo que é, evoluciona, e a evolución sempre ten que ser hacia adiante, ou alo menos é o que nos indica semánticamente a propia palabra.



Flypp,
O teu razonamento é incongruente. Falas da lingua coma un ser vivo que evoluciona, e que ten que ir cara adiante, e por outra banda reprobas os recentes neoloxismos, é dicir: estala limitando, ti preferes que continue sendo a velliña asoballada e contaminada que foi no percorrer dos sécolos.

Escoita, eo non son filóloga, polo tanto non son quen para darche unha información exacta ó respecto, non obstante , se non estou errada, coido que un dos principios a teren en conta pra elaboración das actuais Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, o portugués foi considerado como recurso fundamental para o arrequecemento do léxico culto galego, sempre que a adopción non fora contraria ás características estruturais del mesmo.


Teño un benquerido amigo Licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galaico-Portuguesa, hoxe escribinlle pedíndolle axuda sobre o tema, de xeito que no momento que me responda, de seguido te imformo. Prégoche que teñas unha pouquichiña de paciencia ata entón.

Saúdos

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

¿¿¿¿¿GRAZAS????????

Mensagempor xorxelois » quinta, 11 out 2007, 17:53

"ESTUDAR"
Outra concesión en prol "da concordia".
Non ten ningún cimento filolóxico (= "grazas"). Se ben a lingua reflicte os ditongos ascendentes, o seu uso polo pobo vai, as veces, en contra da norma académica (VOX POPULI, VOX DEI).
A RAG tamén mete-la pata.
Ao respecto, lembro a miña nai: "Xurxo, meu fillín, tes que ESTUDIAR... ou: a traballar !!!" (eu xa tiña coma 17 anos).

XL
Bos Aires


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 6 visitantes