Diferenza entre nenos e rapaces?

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor casdeiro » quinta, 09 ago 2007, 13:07

Ola, quero expoñervos unha dúbida que sempre tiven e que me gustaría compartir convosco: a que idades corresponden as palabras neno/a e rapaz/a?

Segundo o dicionario da RAG:

rapaz2 -aza adx. e s. 1. Persoa que está entre a infancia e a xuventude.

nenez s.f. Período da vida humana que vai desde o nacemento ata a adolescencia.

A fronteira está na adolescencia, logo? antes son sempre nenos e despois son sempre rapaces?

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor esteirana » sexta, 10 ago 2007, 09:25

Iso depende, algúns son antes rapaces e despois nenos :-D

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor xestor » sexta, 10 ago 2007, 09:38

Segundo miña nai, en canto teñen uso de razón xa se lle chama máis ben rapaces, pero iso non cadra co que di o dicionario. Será tamén cousa por zonas? :-(

Vou consultar o Estraviz a ver se me alumea sobre o particular.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor xestor » sexta, 10 ago 2007, 09:40

Pois en neno a ambigüidade é total tamén no Estraviz:

Neno s. m. (1) Ser humano de pouca idade. (2) Filho. (3) Moço novo. Sinón. Párvulo.

pero para rapaz xa especifica moito máis:

Rapaz1 s. m. (1) Raparigo de dez aos catorze anos. (2) Homem adolescente. Homem novo. (3) Jovem de catorze a dezassete anos que forma parte da tripulaçom de algumas artes de pesca. Sinóns. Adolescente, jovem, mancebo, moço, raparigo [lat. rapace].

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor xestor » sexta, 10 ago 2007, 09:43

así que fico con estas conclusións:

De 0 a 10 anos: Neno.
De 10 á adolescencia (14 aprox.): Neno ou rapaz.
De adolescente para adiante: Rapaz.

Non é?

Aínda que se lle fago caso a miña nai, entón o primeiro límite baixaría un pouco, o cal faime sentido, porque cada vez os nenos maduran antes. Daquela a fronteira entre neno/rapaz estaría nun punto pouco preciso entre os 7 e 10 anos, aproximadamente no tempo que fan a primeira comuñón.

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor xorxelois » sexta, 10 ago 2007, 14:32

Aquí, no Bos Aires dos anos `60 (que vello estou, c...!!!), eu fun "neno" ou "rapaciño" ata que deixei os pantalóns curtos, logo "rapaz" e agora "adulto ben parvo!!!".
Unha aperta
XL

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor casdeiro » sábado, 11 ago 2007, 09:42

Si, XorxeLois, vexo que mamaches un galego coma o que mamei eu, porque a miña nai tamén me introducía esa terceira forma: o rapaciño (raparigo dirían noutras zonas, coido), co cal xa nos acabamos de enliar :-D (o que non me aclara moito é o criterio dos pantalóns, porque dependería da moda, do clima, da época, etc.)

Despois tamén existen: menino, cativo, etc.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor mariajuana » domingo, 12 ago 2007, 04:08

Solo un comentario.
De ?neno/a e ?rapaz/a?


No se nombró ?rapacín?, creo que es igual a ?rapaciño?, dependerá ? da fala? de cada zona de Galicia.
Según el estilo coloquial, en mi entorno gallego, se entiende por ?neno/a?, hasta la pubertad.
Luego ?rapacín? y ya ?rapaz,? está destinado a alguien entrado en la adolescencia y a los jóvenes.
Esta diferencia no quita que hayamos escuchado muchas veces a una madre decir:
-?Son os meus nenos?.
Esos ?nenos/as? tienen mas de quince años...
O un flamante padre, muy orgulloso de su nuevo vástago:
-? Pois si o, teño un novo rapaz.?
Ese ?rapaz? es solo un bebe...

Un saludito desde Bahía Blanca.
mariajuana

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor casdeiro » domingo, 12 ago 2007, 10:16

Rapacín sóame a castelán, non a galego. Os outros usos que mencionas si, efectivamente sonche así, danse, pero non nos achegan ao significado preciso das palabras, máis ben a coñecer a súa extensión semántica máxima. De todos xeitos, grazas, porque entre todos penso que desta imos saír aprendendo máis sobre estas 2 palabras :-)

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Diferenza entre nenos e rapaces?

Mensagempor mdieguez » quarta, 15 ago 2007, 19:15

Penso eu que de antes se facían rapaciños mais cedo que hoxe.
Hoxe se dicen rapazes , pero ata os 30 se acreditan adolescentes.

Nenos ata os 12 anos , dos 13 aos 18 adolescentes o rapaciños e despois a tocar a vida , iso debería ser , non sin?


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes