Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor xana » quinta, 21 jun 2007, 08:40



La Mesa pola Normalización Lingüística denunció ayer la actitud de una pediatra del hospital privado Modelo de A Coruña por recriminar a un adolescente, durante una consulta médica, que le hablase en gallego. La madre del niño de 13 años presentó una reclamación ante el centro hospitalario, al que acude por tener convenio con la mutua que tiene contratada, al considerar que el trato que recibió tanto ella como su hijo, gallegohablantes habituales, fue "profundamente vejatorio".

Según la versión de la denunciante, la pediatra conminó al adolescente "con muy malos modos" a dirigirse a ella sólo en castellano. La médica no alegó razón alguna, como, por ejemplo, la posibilidad de no entender el gallego, indicó la madre del paciente.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor bershky » sexta, 22 jun 2007, 09:02

Óptima reacción desta nai.

Xana, non di donde è a pediatra? Só nos faltaba que chegaran inmigrantes doutores, e nos obrigaran a falar na súa lingua !

Fago este comentario, porque no hospital de Verín, hai doutores inmigrantes?non falan galego?e !? e !? que Deus nos colla confesados, de termos que caer nas súas mans.

A min prodúceme unha profunda tristura os velliños que chegan dos pobos falando na súa lingua, e os pobriños séntense perdidos porque lles responden en castelán.

ATA CANDO DEUS MEO!

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor xana » domingo, 24 jun 2007, 20:44

bershky Escribeu:
Xana, non di donde è a pediatra? Só nos faltaba que chegaran inmigrantes doutores, e nos obrigaran a falar na súa lingua !


Pois mira, eu dera por sentado que era coruñesa, tendo en conta a situación do galego en La Coruña, pero busquei por aí e atopei máis información.

(Do Galicia Hoxe, a noticia enteira aquí: )

O hospital privado da Coruña deu tamén a súa versión dos feitos, recoñecendo que a pediatra denunciada se nega a que lle falen galego, pero porque "non é galega, porque non fala galego e tampouco o entende".

Para os responsables do hospital, "se ten que facer un diagnóstico médico, loxicamente deberá entender perfectamente o que lle están contando para dar un servizo médico de calidade". Esa é a razón pola que pediu que lle falaran en castelán, argumentaron as fontes nun comunicado en castelán no que subliñaron que "a política do hospital é seleccionar a un equipo médico en función de criterios profesionais, non por criterios lingüísticos".

O Hospital, indican, "xamais discriminou a ninguén por motivos lingüísticos e non vai deixar de dar un bo servizo médico porque o doutor non fale galego", agregaron. De feito, conclúen que esta "é a primeira vez que temos unha reclamación deste tipo" e detallaron que no que vai de ano atendéronse 13.715 urxencias de nenos e 21.439 de adultos.


Ou sexa, que collen os médicos mellor preparados, cousa que me parece perfecta, pero seica estes médicos, tan competentes, son incapaces de aprenderen catro palabriñas de galego. O súmmum da dificultade, demasiado para alguén que estudou máis de sete anos de medicina. En fin.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor bershky » domingo, 24 jun 2007, 23:59

Grazas Xana, xa mo parecía?que insolencia!


os responsables do hospital din:
"a política do hospital é seleccionar a un equipo médico en función de criterios profesionais, non por criterios lingüísticos".

Vaia resposta convincente! Entón, por esa regra, seleccionade tamén profesionais polacos, iugoslavos , romaneses ou quen vos pete, que se cadra, élles moito máis alta a cualificación cós que falán castelán?ou non? e os galegos que aprendan o idioma deles!

Por suposto que un bo profesional debe tela prioridade, máxime tratándose dun doutor...mais cando se chega a un lugar estranxeiro en busca de traballo, o primeiro que se debe facer, è señores aprendela lingua. Galiza ten o seu idioma proprio e debe ser respetado dentro do seu territorio, por riba de calquera outro. O que non estea disposto aprendelo con bondade e boa vontade non sei que pinta na nosa terra.

Esta situación è tan irrisoria, que a fe, non sei como certos nativos non se dan conta do erro que cometen .

Aquí onde eu vivo, olla que non hai médicos estranxeiros! Mais todos falan perfectamente a lingua oficial de aquí. Vamos, e non só a de aquí, topas doutores estranxeiros que á parte do alemán, falan italiano, español, francés, inglés. E sabedes por que ? porque son ledos de prestarllela mellor asistencia posíbel os seus enfermos.


Señora pediatra, convídoa e anímoa aprendelo galego, èlle unha lingua moi fermosa, o saber non ocupa sitio, e sen dúbida ! vostede sairá gañando. Os pacientes hanllo de agradecer toda vida!

mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor mariab » sexta, 29 jun 2007, 19:19

Pois eu son peor pensada. Penso que o problema desta pediatra non é tanto da suposta falta de competencia en galego, senón de actitude. O galego é perfectamente comprensíbel para alguén castelán-falante.
Eu tamén aplaudo a reacción da mai da rapaza.
A min nunha entrevista de traballo preguntáronme por dirixirme á entrevistadora en galego "¿No sabes hablar castellano?". E arrepíntome de non darlle, polo menos, mala publicidade.
O malo é que se aproveitan de que a relación non é de igualdade, por dicilo de algunha maneira. A ninguén lle interesa levarse mal co responsábel da súa saúde.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor galiciaprasempre » domingo, 22 jun 2008, 17:08

Eu, chego a ser o neno e non lle faigo nin caso. Diríalle , é que eu non sei falar castelán nin teño ganas de aprendelo...menuda vergoña de pediatra, eu botaríaa de Galicia, primeiro por tentar impoñer o castelán a língua estranxeira que se introduceu en Gaalicia...vamos oh!! aturar a fachas!! o que me faltaba por oír!!

mmariacruz
Mensagens: 23
Registado: domingo, 22 jul 2007, 14:58

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor mmariacruz » domingo, 22 jun 2008, 21:10

Que tristeza que siento al leer algunos comentarios sobre esta cuestión
Hay algo que se llama empatía que es ponerse en el lugar del otro.
Mi hijo vive en Galicia por eleccion es Diseñador Industrial y nunca le preguntaron si hablaba gallego y por su capacidad es muy valorado,hoy luego de 8 años lo habla perfectamente.
Habiendo acompañado yo a mi nuera a una consulta fui tratada con burla por la Dra por yo hablar en" argentino" Yo nací en Galicia y mi madre vivió la prohibición de hablar el gallego y viviendo en Buenos Aires no me es tan fácil encontrar un lugar donde aprender a escribirlo y hablarlo bien
Pienso que el hablar o no bien un idioma no puede ser la razón para discriminar a otros y repetir historias pasadas.
Tengamos memoria y sepamos que todos tenemos derecho a emigrar y que nos valoren por ser personas.El fascismo es el huevo de serpiente,no le demos calor.
Un abrazo a todos los que opinen como yo y aquelllos que se mofan de que los puestos son cubiertos por extranjeros piensen que si estaban vacantes será por no había españoles que los cubbrieran.
Ojala la GLOBALIZACION sea para que todos seamos humanos que las RAZAs son para los animales. Maria Cruz Ojea Carnero

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor flypp » segunda, 23 jun 2008, 14:27

Moi boa resposta Maricruz. Todo un exemplo de obxectividade, cualidade que adoita brilar pola sua ausencia cando tratamos temas tocantes ó galego.
¿Acaso a alguén lle parece xusto que para estudiar calqueira carreira en Barcelona che OBRIGUEN a aprende-lo catalán?. Pois o mesmo é. En Galicia o idioma oficial é o castelán, sendo o galego cooficial.
¿E que se un médico (ou avogado, fontaneiro, electricista,...) non sabe fala-lo galego xa temos que prescindir del?.
Pareceume moi acertado a mención do fascismo, pois todos os nacionalismos acaban derivendo en fascismo, o cal é moi hipócrita.
Pódese manter unha postura nacionalista sen caer no separatismo (que non é máis que fascismo puro e duro disfrazado).

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor rubi » segunda, 23 jun 2008, 16:15

Totalmente de acuerdo contigo Maria Cruz.
Es lamentable que además de la discriminación que ya existe en cuanto a raza, religión, condición social, etc. ahora se sume también el tema de la lengua, sobre todo en un país como España, cuyo idioma oficial es el castellano.
Es triste que te hagan sentir diferente o inferior por la forma de hablar con la tonalidad de tu país.
Creo que es bueno que cada uno conserve el acento de su tierra natal, para no perder la identidad aún cuando se haya visto obligado a emigrar.
Además, no todos tienen acceso al estudio de un idioma extranjero y claro que sería ideal poder hablarlo para facilitar la comunicación, pero eso no puede hacerse "por decreto".
En cuanto al tema de la GLOBALIZACION creo que es una gran mentira, ya que cada vez más vemos como los distintos países, sobre todo los más ricos, tratan de diferenciarse, levantando muros en sus fronteras, exigiendo cada vez más requisitos para otorgar visas, pasaportes, permisos de residencia y de trabajo.
La humanidad toda se está transformando y dividiendo en "ghetos" y sería bueno que de una vez por todas nos demos cuenta que todos somos iguales ante la Ley y ante Dios.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Unha pediatra esixe a un neno que lle fale en castelán

Mensagempor casdeiro » segunda, 23 jun 2008, 17:09

Flypp Escribeu:
Pareceume moi acertado a mención do fascismo, pois todos os nacionalismos acaban derivendo en fascismo, o cal é moi hipócrita.

Dilo polo nacionalismo español, non é? ;-)

Flypp Escribeu:Pódese manter unha postura nacionalista sen caer no separatismo (que non é máis que fascismo puro e duro disfrazado).

Contradíceste a ti mesmo, porque por un lado dis:
1) Todos os nacionalismos acaban en fascismo.
e por outro:
2) Pode haber nacionalismo que non caia en separatismo (que segundo ti = fascismo).

Hai que ter pouca lóxica e pouco coñecemento da historia mundial, compañeiro!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante