Orixe da Gheada

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Re: Máis sobre as posibles orixes da Gheada

Mensagempor casdeiro » sábado, 06 dez 2014, 13:22

Por certo, que isto:

teria de ser abordada polos ilustrados do XVIII como o Padre Sarmiento, e não é o caso.


fica desmentido aquí:

As noticias máis antigas sobre a gheada remóntanse cando menos ó séc. XVIII: foi Sarmien-to o pioneiro en facer explícita a súa presenza [ No seu traballo “Castellanos de Orense”, publicado en Grial 26 (1969), e escrito en 1758, dicía: “los de Orense … no tienenla propiedad [respecto de los otros países de Galicia] de confundir la G con la J ni la C con la S”.]


se ben se teñen recollido testemuños desdeo século anterior


É dicir, falamos do século XVII, como mínimo. E foi no XV cando comezou a presión forte do castelán sobre o galego. En 2 séculos xa se vai producir un fenómenos así? Ben, eu penso que é posible, pero non probable. Sego coidando máis verosímil a teoría da orixe do substrato céltico.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante