Página 2 de 3

O galego da tvg

Enviado: quarta, 20 jun 2007, 08:13
por xestor
...Pero de seguro que coñeces ollo-mol, Bershky, o peixe! ;-D

O galego da tvg

Enviado: quarta, 20 jun 2007, 09:49
por bershky
Certo! ollo-mol con anteollos ;-) Non! non! é brincadeira.

mais non era nin é palabra habitual pola miña zona, polo menos na miña familia. Algo semellante si dicía miña avoa Rosa...mais non lembro. Heille de preguntalo meu pai.

O galego da tvg

Enviado: segunda, 25 jun 2007, 08:29
por zasmania
Eu tamén sempre escoitei "algas", de feito eu mesma teño ido coa miña avoa ao "algazo" (pronunciado con seseo e gheada) e é unha palabra tan galega coma "ouca" (que é a primeira vez que o escoito), o de "mol" si que xa é máis común.
Mais que na serie utilizasen esas palabras ou outras non tan galegas, ten a ver con que falaban o "castrapo", tiñan "gheada", "seseo"...imitando supostamente a fala da zona... que non ten moito en común...por certo...

O galego da tvg

Enviado: sexta, 29 jun 2007, 18:55
por mariab
E logo, "alga" non é galego? Eu penso que si, outra cousa é que segundo a zona se empregue unha palabra ou outra. Tan galega é, por exemplo, area como xabre.
Por certo, eu non digo alga, senón "olga" e sempre, así, en singular.

O galego da tvg

Enviado: sexta, 29 jun 2007, 19:03
por mariab
Ah, por certo, e si que ten razón zasmania en que o galego de Mareas Vivas sonaba un pouco forzado, non moi natural. Supoño que aí tamén dependerá da zona de orixe dos actores. É como se me poñen a min a falar con gheada e seseo, non o faría mellor. Por outra banda, á xente gustáballe. Penso que agredecerían a espontaneidade, aínda que como xa dixen moi matizada, fronte á asepsia doutros espazos.
Para rematar, non sei se vós vos fixastes en que os únicos que falaban galego normativo eran a médica e Luís Tosar, que, penso que facía de xuíz. Supoño que sería porque non eran da zona, mais ao mesmo tempo non deixaba de ser un pouco elitista.

O galego da tvg

Enviado: sábado, 30 jun 2007, 21:23
por anamp
Por desgraza, coñezo mesmo algún caso en que xente que falou galego toda a vida, e polo tanto usaba expresións e fonética galegas e só galegas, ao comezar a traballar na Radio Galega pasou a usar un galego castelanizado, sen acento, e con fonética castelá. Supoño que de quen falo na súa vida seguirá a falar coma sempre, pero na radio fala coma o resto dos locutores. Non sei se por decisión propia ou imposición, ben, ou contaxio, iso escápaseme... Apertas! Ana

Fun eu que escribíu este comentario, e o outro día entereime, por esa persoa que coñezo, que un corrector lingüístico corrixe todo o que os locutores van ler, e que non lles deixan usar localismos, que non sexan os estandar. Por exemplo, esta persoa é dunha zoa onde se di tu, naide, mai... pero ao falar na radio teñen que dicir ti, ninguén, nai... corríxenlles todas as expresións e incluso o xeito de falar. E seica os galego falantes de toda a vida están que trinan, porque non lles permiten expresarse coma o fixeron sempre; e non é que lles corrixan castelanismos, que iso estaría ben, pois é certo que moitos galego falantes os usamos demasiado a miúdo, senón que corrixen xeitos de falar propios de zonas determinadas. Supoño que tamén por iso ningún locutor ten seseo nin gheada, sendo isto tan galego coma é.
É outro xeito de uniformizar. Niso andamos, non? :?

O galego da tvg

Enviado: quinta, 11 out 2007, 20:59
por chono2008
Mol rais latinha , amolecer=ablandarse, ten a mesma rais que molo, molar , amoladora todos estes termos usanse pra "ablandar"
Outra verva esquecida Toulinha = Delfin ,en galego normativo dolfiño

O galego da tvg

Enviado: sexta, 12 out 2007, 11:47
por casdeiro
Quererás dicir golfiño... iso de dolfiño* sóame a dophin (English) ;-)

O galego da tvg

Enviado: domingo, 14 out 2007, 09:40
por chono2008
Si Casdeiro tes razon e golfiño, eu o que quero decir e que se pode chamar asi pero a forma mais arcaica e touliña pola zoa da costa de lugo chamase asi. Os mariñeiros cando iban pescar a xouba chamabanlle touliñar a os bancos das xoubas porque se vian touliñas cercandoas

O galego da tvg

Enviado: terça, 16 out 2007, 12:29
por chono2008
Eiqui unha cantiga do seculo XIII ca nos fai lembrar como era o galego sin a influenza do castelan, na derradeira estrofa usa o termo MOL="blando"

Cantiga de escarnio: " La o qui foi passar un serra "

No 1264 o Rey Mouro da Granada levantóu unha rebelión, pro en 1265 Alfonso forzóuno a unha tregua en Vega. Esta cantiga de escarnio (a Sátira) e dirixido contra los traidores espanhoies que unironse aos mouros.

O que foi passar a serra
e non quis servir a terra,
é ora, entrant' a guerra,
que faroneja?
Pois el agora tan muito erra,
maldito seja!

O que levou os dinheiros
e non troux' os cavaleiros,
é por non ir nos primeiros
que faroneja?
Pois que ven cõnos prestumeiros,
maldito seja!

O que filhou gran soldada
e nunca fez cavalgada,
é por non ir a Graada
que faroneja?
Se é rie' omen ou á mesnada,
maldito seja!

O que meteu na taleiga
pouc' aver e muita meiga,
é por non entrar na Veiga
que faroneja?
Pois chus mol[e] é que manteiga,
maldito seja!