Falamos unha lingua milenaria.

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Falamos unha lingua milenaria.

Mensagempor mariajuana » quinta, 08 jun 2006, 20:41

Archivo publicado el día 11/05/2003, enviado a lista de FILLOS-L:A CONTRAFIO -12 de mayo 2003 -Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda Galicia. Non hai lugar ningún do que se poida dicir Aquí ninguén fala o galego: nas aldeas, vilas ou cidades; entre labregos, mariñeiros, obreiros ou universitarios, sempre hai alguén que fala o galego. Mesmo se alguén vén de fóra vivir entre nós, axiña ten que procurar entender, porque, endenón, perdería moitas conversas e, anque participe nelas falando o castelán, moitas serán espontaneamente bilingües. En Galicia hai parladoiros bilingües mesmo na radio. O galego é imprescindible, polo menos, no nivel de comprensión.Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por todaGalicia con transparencia. Dende Fisterra ó Couto Mixto, dende Camposancos a Ribadeo a lingua galega é unha e transparente.Se alguén lle chama padrín ó padriño sabemos que é de A Fonsagrada; se alguén di muto por moitosabemos que é de contra A Gudiña; se alguén fala dos persebes sabemos que é da costa Atlántica. Pero non hai falas opacas: todos nos entendemos. E mesmo nos entendemos nesta lingua con xente que vive fóra de Galicia na parte occidental de Asturias, León, Zamora e unha parte de Extremadura. O galego sobarda as fronteiras políticas de Galicia.Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda a sociedade galega. Falámola xente de tódolos oficios, de tódalas ideas políticas, de tódalas idades, de máis ou menos posibles. A lingua galega non é o símbolo identificador dun gremio profesional, como é o barallete; ou dun sector social como é o cheli en castelán. Cando falámo galego non nos estamos identificando como membros dun partido ou dun grupo social. A lingua galega non ten color política porque é de todos. E por eso é lingua, non unha simple xerga. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, fálana entre eles nos lugares más recuados do Planeta centos de milleiros e emigrantes e en tódolos mares do mundo os nosos mariñeiros. Neses casos a lingua ten unha carga emocional e dentificadora moito máis forte aínda.E a eles chégalles hoxe a lingua as vintecatro horas do día en forma de libros, de radio ou de TV. Dalgunha maneira xa falamos unha lingua mundial. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un identificador social máis asentado cás nosas institucións políticas, máis cás nosas marcas comerciais, máis cós nosos equipos deportivos, máis cá Universidade de Santiago, máis có Pórtico da Gloria. Hai galegos que falan a cotío castelán, e son plenamente galegos, pero o galego abrangue máis xente, máis terra e máis historia e por iso é o elemento máis representativo e radical da galeguidade.Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa viviu épocas de esplendor, de persecución e de recuperación. Na Idade Media foi a lingua dos poetas de toda a Península Ibérica, incluído un rei de Toledo. Pero despois o poder decidiu sumerxila case cinco séculos e, aínda así, a lingua non afogou: soubo nadar de sulago todo ese tempo e xurdiu á luz pública cunha alentada poderosa. A capacidade de resistencia da lingua galega asolagada é un dos capítulos máis emocionantes da nosa historia. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa tivo tempo de crear parentes. O irmán portugués xa é distinto do galego, maiormente pola súa historia. O galego é a lingua que nos identifica como galegos ós que o falamos, en calquera parte do mundo que esteamos (mesmo en Portugal) e segue sendo o identificador da comunidade orixinal. O portugués, en cambio, é hoxe unha lingua internacional, por obra dunha política imperialista semellante á do español, o inglés ou o francés. Nós nin bendicimos esa política (humillante para tantos pobos) nin cobizamos os seus froitos, porque nun mundo ecolóxico hai sitio para as linguas grandes e para as pequenas. O portugués, aínda que máis ou menos o comprendamos, é outra cousa. Mesmo fectivamente é outra cousa para nós. Para nós é honra abonda sermos galegos. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa foi vehículo de case tódalas especialidades científicas. E non habemos tardar en ter traductores automáticos bidireccionais entre galego, castelán e inglés, de xeito que a necesidade de usarmos linguas internacionais quede reducida á súa xusta dimensión. Que ninguén perda tempo en convencernos de que hai linguas útiles. Ó galego chégalle con se-la nosa para seguilo sendo a tódolos efectos. O futuro vaille abrir aínda máis portas. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un código de comunicación no que non se pode tecer individualmente. Os experimentos lusistas non se sabe, de certo, a onde conducen e xa levan feito moito mal. Queremos que os portugueses se comuniquen connosco, mesmo comercialmente, en portugués. Querémonos comunicar con eles, mesmo comercialmente, en galego.Máis aló non queremos ir. Nós somos nós e,en galego, estamos abertos ó mundo: así viaxan xa algúns dos nosos máis requintados productos. Os nosos devanceiros crearon unha institución arbitral para decidi-la autenticidade do noso código lingüístico: a Real Academia Galega. Nós seguirémo-la doutrina normativa e arbitral da nosa Academia, porque é a oficial e porque na circulación non pode haber imultaneamente varios códigos sen que se produzan situacións catastróficas. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, viu o seu territorio natural ocupado tamén por outra lingua que hoxe lle disputa a maior parte dos medios de comunicación, dos altares, das aulas, dos tribunais e das notarías. Esta ocupación fíxose nos séculos que sumerxeron con certa violencia a lingua galega. Como galegos e como demócratas seguimos sendo hospitalarios e, polo tanto, non nos tentan o separatismo, a xenofobia nin o racismo. Pero, como cidadáns, aspiramos a que a lingua galega, por se-la lingua que naceu aquí, por se-la lingua máis estendida en territorio e en falantes, recupere en Galicia o papel preponderante que a tódolos niveis lle corresponde sobre a lingua oficial do Estado e sobre as linguas que están traendo os inmigrantes. E, como responsables políticos ou membros de Asociacións ívicas, loitaremos por conseguilo dentro do marco lexislativo vixente esgotando tódalas súas posibilidades.Falamos unha lingua ilenaria. E, por ser milenaria, viva e palpitante, vencerá a prevaricación dalgúns funcionarios, o desinterese dalgúns medios de comunicación, a contradicción teolóxica dalgúns sacerdotes, a indiferencia dalgunhas empresas. Vencerá a desigualdade que ante a lei aínda padece. Vencerá mesmo a apatía dalgúns pais que non llela transmiten ós fillos e a da queles fillos que aínda non a falan cos compañeiros. Día virá en que os netos lles reclamen a algúns avós o tempo que están perdendo parvamente. Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é realmente unha lingua forte, aínda que en sectores ou por momentos pareza feble. O galego xa viviu épocas ben máis difíciles. E por iso sobrevivirá e medrará. Este é o noso compromiso: o compromiso de cantos asinamos esta declaración a título persoal ou colectivo. ·······················
· Mailing-list FILLOS-L ·
· < Fillos de Galicia > ·
· http://www.fillos.org ·
·······································································
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:34, editado 1 vez no total.

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Falamos unha lingua milenaria.

Mensagempor mariajuana » sexta, 09 jun 2006, 12:10

Como esta publicación pasó como una ráfaga, por la parte visual del foro, y aunque a mi ver, es una respuesta veraz a mucho de lo cuestionado, en " El galego" parece que no fue leida lo suficiente, por eso me permito enviarla otra vez.
Última edição por mariajuana em sábado, 08 nov 2014, 21:34, editado 1 vez no total.

angelica
Ex-membro
Mensagens: 125
Registado: quarta, 27 jul 2005, 22:26

Falamos unha lingua milenaria.

Mensagempor angelica » sexta, 09 jun 2006, 12:48

Sra. Mariajuana:
Definición de la palabra COHERENCIA: relación o unión de unas cosas con otras.
Aplíquela, por favor...
Será beneficioso para todos los que hacemos el esfuerzo de entenderla.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes