El Día de las Letras Gallegas es una celebración instituida en 1963 por la Real Academia Gallega para homenajear a aquellas personas que destacasen por su creación literaria en idioma gallego o por su defensa de dicha lengua. Cada año se dedica a una personalidad diferente, escogida por la Real Academia Gallega, teniendo en cuenta que se exigen al menos diez años desde su fallecimiento. Desde la instauración de esta celebración cultural, solamente en 1998 hubo una dedicación conjunta a los poetas medievales Martín Codax, Xohán de Cangas y Mendinho, famosos por sus cantigas.
La fecha de celebración de este evento, el 17 de mayo, se debe a que en tal día como ése, en 1863, se publicó en La Habana el primer ejemplar de la obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría el inicio del Rexurdimento o renacimiento cultural del gallego.
El plenario de la Real Academia Galega ha decidido dedicar el el Día das Letras Galegas 2010, al poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Una gran particularidad de Novoneyra es que a la par de ser uno de los poetas más relevantes en lengua gallega de todos los tiempos, también fue un vanguardista en cuya obra siempre destacó el lirismo de la palabra.
Fue un poeta de entrega total, pero no de minorías, ya que siempre se preocupó de la comunicación con el pueblo.
Tanto en Os eidos, como en otras obras, Novoneyra es capaz de evocar eficazmene sensaciones táctiles, visuales, auditívas y anímicas mediante la repetición y combinación de fonémas. Siendo éste, precisamente Os eidos, su primer libro publicado en el año 1955, con prólogo del homenajeado de las Letras Galegas 2009, Ramón Piñeiro.
En Muller para lonxe reúne una serie de poemas de amor, algunos ya publicados y otros inéditos, que fueron ilustrados con dibujos de Carlos Pardo Teixeiro y un epílogo de Claudio Rodríguez Fer.
Además de lo antes mencionado, la Real Academia Galega al elegirlo como el próximo homenajeado destaca su incursión en la narrativa para niños, la oralidad de su poesía -que adquiere matices especiales cuando el mismo poeta recitaba sus versos- a la vez que reconoce su enraizamiento con el pueblo a través de la poesía popular.
Rubí
Buenos Aires-Argentina
Día das letras galegas
Día das letras galegas
SE O PASADO É PASADO
SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.
Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.
Uxio Novoneyra
Rubí
Buenos Aires-Argentina
SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.
Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.
Uxio Novoneyra
Rubí
Buenos Aires-Argentina
Día das letras galegas
17 de Maio, percorrendo o mar de pedra
Alí estaremos, percorrendo as rúas dese mar de pedra estremecido polo vento que Celso Emilio cantou a Compostela, como unha masa inxente que dende a diversidade dos seus compoñentes, provén da fariña pura moída nos muíños do orgullo da gran nación galega.
E iremos en positivo, dende os que de sempre utilizan o idioma nai desta terra porque así o mamaron dos tetos existenciais dos seus ancestros, ata os que dende a utilización a cotío da lingua de Cervantes, respectan e teñen en valor a súa lingua irmá, semente da esencia da condición de galego.
Hoxe non quero que a política manche as miñas verbas cargadas de sentimento cara a nosa cultura. Hoxe é un día para convidar a todos aqueles que sintan esta terra, a camiñar xuntos na defensa da tradición herdada dos nosos pais e que queremos que sintan coma nós os nosos fillos. Un día para a exaltación da nosas letras, para a denuncia dos nosos temores polas ameazas latentes cara o noso idioma, para a reivindicación que non tiña que ser necesaria da figura de Novoneyra e o seu compromiso con Galicia, para mostrar ao mundo a sabedoría do poeta do Courel, terras que tanto admiro e nas que un perde no seu percorrido a noción do espacio-tempo, como fuxida perfecta dos problemas de tódolos días. Pero tamén é unha data para mostrar firmeza no compromiso, ante a falla de sensibilidade e as viles intencións dos liberticidas do bilingüismo, que choran polos recunchos escuros da alma negacionista debido aos seus complexos, e braman dende tribunas de intencións ignotas, tentando impor realidades ao chan onde pacen, sen apreciar o alimento vital que proporciona, nin considerar a riqueza cultural que atesoura.
É necesaria a asistencia de familias enteiras, de diferentes xeracións de galegos, e de xentes doutros pobos irmáns, que son conscientes da absoluta certeza de que todo o que suma, nunca resta, e todo o que pretenda restar ten que saber que somos dignos minuendos dispostos a enfrontarnos aos sustraendos do rancor e o acomplexamento culturalmente insustancial, que non os deixa durmir a pesares das súas conciencias valeiras.
Vémonos pois polos labirintos composteláns, que desembocan na arcadia do sentimento de pobo sinxelo, pero rexio e forte, ao que os furacáns negadores non poden bater, porque o enraizamento é tan sólido, que remata destruíndo todo intento contra el dos posuidores das ferramentas que amolan corazóns que latexan na terra de Novoneyra.
Fuente: http://www.vieiros.com/opinions/opinion ... r-de-pedra (Rafael Cuiña)

-
- Socio/a
- Mensagens: 684
- Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44
Día das letras galegas
As Letras Galegas lembran a Novoneyra con música e poesía
Unha edición bilingüe d’Os Eidos’ e unha biografía en formato cómic homenaxerán ao escritor
PAULA BOUZAS |
Un ciclo de concertos da man do músico Emilio Cao formará parte da programación cultural do día das Letras Galegas que homenaxea a Uxío Novoneyra. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, explicaba onte como unha biografía do escritor en banda deseñada, unha actuación no Courel na que, segundo a Consellería, participará a filla de Novoneyra e a edición bilingüe d’Os Eidos completan os actos que conmemoran a vida e obra do poeta lucense.
Interseccións. A ollada de Novoneyra, celebrarase nas sete cidades galegas e está baseado na colaboración discográfica inacabada entre Emilio Cao e Novoneyra durante os últimos anos de vida do escritor. Desde a Consellería de Cultura e Turismo insístese que participarán nesta serie de concertos a filla do poeta do Courel, a bailarina e coreógrafa Branca Novoneyra, a cantante Carmen Rey e o pianista e membro do grupo Sumrra, Manuel Gutiérrez. Interseccións percorrerá Ourense –21 de maio–, Vigo– 22 de maio–, Lugo –25 de maio–, A Coruña –26 de maio– , Santiago –27 de maio–, Ferrol –28 de maio– e Pontevedra –1 de xuño–.
O director xeral explicaba que tamén está programada unha actuación homenaxe no Courel co grupo artístico Tender a man, composto entre outros pola poetisa Yolanda Castaño e Branca Novoneyra. O espectáculo teatral celebrarase o próximo 17 de maio no Centro de Ensino do Courel.
O debuxante ourensán David Rubín e o guionista Kike Benlloch crearon Uxío Novoneyra, a voz herdada, unha biografía en formato cómic que pretende abrir cara a todos os públicos a figura do poeta do Courel. Outra das publicacións especiais será a edición bilingüe d’Os Eidos, traducida pola viúva de Novoneyra, Elba Rey, e que distribuirá a Consellería de Cultura e Turismo. En palabras do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, esta obra “ofrecerá unha imaxe de calidade da cultura galega”, xa que será presentada en varias feiras internacionais. Ademais a Consellería ten previsto realizar a finais deste ano un congreso sobre Uxío Novoneyra.
OUTRAS ACTIVIDADES
A programación para o Día Das Letras Galegas tamén inclúe Dúas Beiras, un musical que rememora o encontro cultural da emigración e que se celebrará no Salón Teatro de Santiago o día 20 de maio. A campaña Oes, eu leo! centrarase en fomentar a lectura entre os escolares a través dun audiolibro con gravacións de textos galegos e do exterior. Os supermercados Gadis tamén se suman á celebración das Letras Galegas e o sábado 15 repartirán25.000 exemplares dun libro inédito da escritora Helena Villar Janeiro sobre o Camiño de Santiago. O caderno de Edua. O supermercado tamén distribuirá 2.000 bolsas que levarán impreso un verso de Novoneyra
http://www.xornal.com/

- Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00
Día das letras galegas
Uxío Novoneyra
(1930 - 1999)
Naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelán, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.
Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.
Nos seus textos, Novoneyra explicita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?i ... +Novoneyra

Letania de Galicia
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos
GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza
libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa
Neste link poden atopar outros poemas do autor a quen se dedicará o Día dás Letras Galegas 2010 o proximo 17 de maio.
http://www.uxionovoneyra.com/poemas.html

[img]http://[/img]
Foi o que quixo ser, non outra cousa. Logrou un recoñecemento en vida que non deixa de agrandarse co paso dos anos. A súa poesía é a crónica dun mundo que se esfarela, mais radicalmente comprometida... Novoneyra, que tanto arelou viaxar un día do Courel a Compostela por terras libradas, conseguiu, cando menos, ser esa voz que nos conecta co que fomos e co que queremos chegar a ser.
Foi o que quixo ser, non outra cousa. Logrou un recoñecemento en vida que non deixa de agrandarse co paso dos anos. A súa poesía é a crónica dun mundo que se esfarela, mais radicalmente comprometida... Novoneyra, que tanto arelou viaxar un día do Courel a Compostela por terras libradas, conseguiu, cando menos, ser esa voz que nos conecta co que fomos e co que queremos chegar a ser.
-
- Socio/a
- Mensagens: 684
- Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante