Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor bershky » quinta, 01 jul 2010, 08:01

   
  
Hai que ser ben cutres, abusòns i larpeiros para raspiñarlle ( ou serìa prestado?), EMBLEMA i NOME doutra asociaciòn cultural de galegos.
E logo dìn ser da Terra Nai! Deux che no los afaste ben lonxe da nosa Galiza.
Nin vergoña, nin dignidade!
Requestados carallo! Upss, perdòn! ...que descoñecedes absolutamente o significado do termo FRATERNIDADE
.
Sede ledos i bos

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor cachafeiro » quinta, 01 jul 2010, 10:58

O interesante dos comentarios de Bershky é que son moi didacticos, sempre nos ensinan palabras novas do noso fermoso idioma, claro que iso se debe a ter o privilexio de ser nativo e cunha alta conciencia territorial.
Para poder entender ben isto primeiro vou traducir algúns de termos, para poder seguir engrosando o meu pobre vocabulario:
Cutres: Agarrado. Miserable. Rañas. Mezquino
Larpeiros: Tragón, aproveitado, que de todo quere sacar partido
Raspiñar: Ratear, furtar artera e cautelosamente
ata acá todo moi interesante, pero eu non quixese pensar que a nosa socia e colaboradora estase referindo á páxina de Fillos no face: http://www.facebook.com/#!/pages/Fillos ... 9327833411?
porque entón, si que estamos no forno, porque chamarlle RATEIRO a Manuel, que creou ese páxina e que nin os socios de Fillos de Galicia saiban que existe, iso é moi feo!!!
Con todo o corazón desexo que isto sexa un mal entendido e que se a nosa socia e amiga quere participar no face de Fillos será mais que benvida, porque necesitamos xente nativa para que poida transmitirlle aos fillos e netos de galegos espallados polo mundo, esa identidade tan propia sentir galego.
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor casdeiro » sexta, 02 jul 2010, 09:41

Eu penso que antes de sacar conclusións deberíamos pedirlle explicacións a Bershky. A que te refires exactamente coa túa mensaxe?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor casdeiro » sexta, 02 jul 2010, 09:47

E desde logo, se estás a insultar a alguén da asociacion comprería sabelo canto antes para aplicar as normas.
A quen dirixes eses insultos?

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor cachafeiro » segunda, 05 jul 2010, 12:46

Casdeiro: \"Eu penso que antes de sacar conclusións deberíamos pedirlle explicacións a Bershky. A que te refires exactamente coa túa mensaxe?\"
Perdoa Manuel, a pregunta vai dirixida a min?.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor cachafeiro » segunda, 05 jul 2010, 13:12

Casdeiro: \"E desde logo, se estás a insultar a alguén da asociacion comprería sabelo canto antes para aplicar as normas.
A quen dirixes eses insultos?\"
Manuel, é tan importante o \"a quen vai dirixido o insulto\" como o insulto mesmo.
ata que punto pódese deixar esta mensaxe no bate sen ferir ou ofender aos membros?
BATEPAPO:
bershky : NOTA: prègase de ler de abaixo cara arriba. Grazas.
bershky : Requestados carallo! Upss, perdòn! ...que descoñecedes absolutamente o significado do termo FRATERNIDADE.
bershky : Nin vergoña, nin dignidade!
bershky : E logo dìn ser da Terra Nai! Deux che no los aparte ben lonxe da nosa Galiza.
bershky : Hai que ser ben cutres, abusòns i larpeiros para raspiñarlle ( ou serìa prestado?), EMBLEMA i NOME doutra asociaciòn cultural de galegos.
bershky : Rateiro/s ou rateira/s? fillos de Galicia no facebook?
bershky : Non me deixa piublicar, de xeito que acò o apelico.
Agora a miña pregunta é, se esta señora tiña algunha dúbida de que o nome podería ser \"prestado\" ( Bershky: Hai que ser ben cutres, abusòns i larpeiros para raspiñarlle ( ou serìa prestado?)) , a que veñen esa seria de insultos que pon como encabezamiento da súa publicación?
Se \"reais atribuciónes\" foi \"unha expresión bastante desafortunada\", que podemos dicir de \"cutres, abusòns i larpeiros\"??
Se che parece pertinente, esta mansaxe ben pode ir á Caixa de Queixas, déixoo á túa consideración.
Apertas!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor casdeiro » segunda, 05 jul 2010, 15:54


Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor casdeiro » segunda, 05 jul 2010, 15:55


bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor bershky » domingo, 11 jul 2010, 08:04

... quen poidera asucar nos ronseles das intenciòns e feitos dos outros para non errarmos à hora de axuizar. A dicir verdade, enganoume o xeito do guìa de escribi-lo galego no lazo de fillos de Galicia en facebook .
Ben lonxe da miña imaxinaciòn que fora idea do Manuel. Sendo asì, suponse que os socios estariàn informados i de acordo dabondo. De xeito que, aquì, as miñas escusas.
Douche as grazas polo convide a participare no facebook-fillos de galicia. Cachafeiro, non por amolarvos, a fe! mais este eslamiado mundo virtual , sinto que debilita as miñas forzas anìmicas, fìsicas e intelectuais. Preciso ò meu redor humana xente.A forza do Ar i Auga, da Terra, Mar i Lume asolagando acotìo na miña vida.
Cachafeiro, valìas prà letrado do estado
Avogados e doutores... canto màis lonxe de min màis deles gosto.
Miña avòa Rosa adoitaba dicir que a vida era un calvario. Que era de nobres cargarmos coa nosa propia cruz, e non cargàrlla no lombo dos nosos veciños porque corrìam-lo risco de que fuxiran da nosa beira. Coido que levaba moita razòn. ... Se me permites unha pequena suxestiòn Cachafeiro, acho que neste sentido deberìas deprender a seres màis respectuosa.
Malia a sermos antagònicas no xeito de comtemplàrmo-la a vida, coido.
unha aperta!
Bershky

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Rateiro ou rateira? Fillos de Galiza no fa ce- book?

Mensagempor bershky » domingo, 11 jul 2010, 08:20

  
    
Uns pequenos-grandes pormenores:
Endexamais esquecìn nin esquezo quen son.
Contamino inconscientemente coa miña galicidade.
Onde eu vou, Galiza comigo vai.
Outra aperta


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante