O entroido máis bravo é nos límites

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O entroido máis bravo é nos límites

Mensagempor pilarmabel » sábado, 30 jan 2010, 10:24

A festa máis ancestral
Comezou co domingo fareleiro en Xinzo de Limia. Ábrese a tempada da festa máis ancestral, especialmente no campo. Pero, alén dos coñecidos, hai outros máis bravos e arriscados.
O entroido arrasa as Teixugueiras, no Concello de Cartelle, onde un carro, pexado e tirado por homes derrama as fincas dos veciños máis insolidarios ao longo do ano. En Oimbra, cerca de oitenta adegas abren as portas. Os que queiran acudir ao entroido pantagruélico por excelencia deberán, o luns de entroido, aparecer con ganas de festa á hora do xantar, o demais póñeno os veciños deste concello do val de Monterrei.
Pero algúns personaxes desta festa do revés, aínda non reapareceron dende que a guerra civil os prohibira. En Bangueses, no concello de Verea, setenta anos despois, os bonitos adormecen en arcas e artesas á espera de que alguén prenda a chispa de volver darlle vida. Mormentelos, Prado Albar, Manzaneda, A Feira, Castro Barreiro, Portocamba, O Castro, son lugares que aínda seguen entendendo o entroido coma unha festa sen límites, sen ataduras, como unha transgresión necesaria e espontánea.
Teixugueiras, onde os homes tiran do carro
Fóra do triángulo, denominado máxico, do entroido, celébrase nas Teixugueiras, no Concello de Cartelle, o máis bravo e arriscado ao tempo. Na noite do luns ao martes, os veciños elaboran un meco, que ao día seguinte será portado nun carro que transita polos camiños desta aldea ourensá. Non son bois os que tirarán do carro, senón os homes do lugar, que a modo de cinto enrolan o sedeño a carón do van, para, nun número non superior aos oito, arrastrar o carro de vacas. O que parecería sinxelo a priori, conta cun inconveniente, xa que son os propios veciños os encargados de ir pexando as rodas con estadullos. Todos os anos, máis dun participante acaba no Complexo Hospitalario ourensá, coas costelas rotas, mazaduras e, nalgún caso, sinais no corpo aínda visíbeis anos despois. O carro, no seu camiñar, esnaquiza beiras, muros de peche e plantacións dos veciños que ao longo do ano foran os máis insolidarios, non contribuíndo, por exemplo, con cartos para a festa ou non participando nas actividades do lugar.
Non sendo das Teixugueiras non se lle atopa sentindo a este entroido, costa entender unha celebración tan particular. Antonio Vázquez, un dos participantes considera que é un tipo de festa que a vives ou non: “mira, eu estiven con catro costelas rotas hai anos, pero sigo participando, é algo diferente, senón es de aquí non volverías na vida, pero no fondo é unha festa sa, contra os veciños máis rabudos”.
A memoria histórica dun traxe nunha arca
A guerra civil, sumiu no escurecemento boa parte dos entroidos. Algúns aínda non conseguiron saír desa cova, xa sexa pola desidia dos concellos ou por falla de persoas que poidan achegar datos das celebracións antes dos anos corenta.
En Bangueses de Abaixo, no concello de Verea, e a semellanza dos peliqueiros, pantallas ou choqueiros, existían uns personaxes chamados “os bonitos”. Eran a outra cara dos fargalleiros, entroideiros do lugar de Calvos, que sempre rivalizaban. Só existe, que se saiba, un vestido gardado nunha arca deste lugar arraiano. Encóntrase bastante estragado, pero aínda se ve que é de cor branca, con chapeu cheo de espellos e cuns colgantes luminosos que facían dos “bonitos” os traxes máis elegantes da raia seca. Os máis mozos teñen intención de recuperar o personaxe e agardan que este ano –setenta despois da súa desaparición– os bonitos volvan visitar as zonas máis altas do Leboreiro.
En Oimbra, a encher
Pantagruélico é o día das adegas en Oimbra. Abren as súas portas setenta e catro furanchos, adegas ou simplemente baixos, onde os veciños, e moitos deles colleiteiros de Monterrei, serven de maneira gratuíta viño e comida a todos os que se acheguen ao lugar. Aínda que non é obrigado ir de entroideiro, si é aconsellábel. Pero tan fóra de lugar está, un supermán ou unha princesa, coma o que vai vestido de rúa.
É o entroido máis comellón de Galiza, pero sen dúbida tamén un dos máis porcos. Aínda é costume, non abandonada, mexar na perna ou gabán do visitante despistado. O aroma, a ouriños, é perceptíbel en todas as adegas ou arredores desta celebración tan singular. A festa remata cando cadra e os máis mozos atopan tempo para facer unha parada e acudir á baixada da morena a Laza, localidade distante uns dezaoito km.
Se o entroido fai ferver o sangue en boa parte do suroeste ourensán, queda máis de un mes por diante de festa sen ladras e especialmente da saída da espontaneidade dos veciños, lonxe do politicamente correcto.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

O entroido máis bravo é nos límites

Mensagempor crisanto » sábado, 30 jan 2010, 16:37

Non sei se en Oimbra abriran tantas adegas o luns de Entroido, que é cando se fai o percorrido polas adegas e convidan a beber ós veciños. Segundo lin din que son máis de 110 adegas. Naquelas terras da raia á xente gústalle de amosar o seu viño a todos e oufanarse del. É unha terra de bo viño, con corpo e non tan noxento e acedo coma se facía dantes. Os brancos son caralludos, os tintos non me gustan son para o meu gusto moi tintos, ainda que cada vez menos, e seguen sendo acedos. Namentres teñen agulla ainda van indo e pasan ben pero logo... Xa hai adegas que espalillan a uva deixando só as bagas e fermentando sen a canga, obteñen deste xeito un viño mais gorentoso e que pasa ben pola gorxa sen arrepíos. Vaise notando o traballo dos enólogos. Hai adegas no concello que o fan moi ben. Eu bebín un branco dunha adega de Casas dos Montes, lugar deste concello sito na chaira por riba do val de Monterrei, que é para sacar o chapeu e botar un aturuxo do bo que estaba, coido que recibiu un primeiro premio o ano pasado nunha exposición enolóxica a estatal.
Este luns o percorrido polas adegas faise acompañados polas charangas e para quentar o ambiente bótanlle formigas cabaleiras a xente mesturadas con cinza quente para que mordan ben. Cara noitiña xúntanse na praza para facelos fachucos e o moneco do Entroido, Don Entroido, que o vindeiro día alá pola noite faise unha procesión alumeada cos fachucos e o rematar prendéselle lume o moneco e tíranse unhas bombas que seguro que mercaran ó Xaraiva de Verín, a noite pasa entre bailes música e de cando en vez o estouro dunhas bombas. Cando digo bombas e que son bombas porque meten tal ruído que poucos cás aguantan, ese día tódolos cás desaparecen do pobo e algúns aínda tardan en volver.
Eu metinme aquí non para isto pero ó ver o artigo de Pilar...
Foi ou era para amosarvos un dito que dicían os vellos para saber cando era a domingo fareleiro (de Entroido) e cando o domingo de Pascua.
De todos debe ser sabido que entre ámbalas dúas datas hai 7 semanas. pois ben o dito era así: Ana, Vagana, Rebeca, Susana, Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos.
E certo que o Lázaro é o domingo dantes que o de Ramos, as outras santas non as puiden relacionar cos domingos correspondentes..
Contade a ver se non son sete.
Este ano o 14 de Febreiro é o domingo fareleiro e o 4 de Abril, domingo de Pascua. Contade, contade...
Saúdos. Crisanto

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O entroido máis bravo é nos límites

Mensagempor rubi » domingo, 31 jan 2010, 02:43

El carnaval en Galicia se conoce como Entroido y es época de trasgresión, burla y diversión. Durante los días que forman el carnaval, todo está permitido, siendo una de las tendencias más extendidas la de romper las normas cambiando de identidad (de ahí la costumbre de disfrazarse y ponerse máscaras).
Aunque no se sabe exactamente cual es su origen, se atribuye la procedencia a la tradición celta, según unas fuentes, y a la adoración a Dionisos o a Baco, según otras. Para el pueblo, lo que representa el Entroido es el final del invierno y con ello el comienzo de la primavera.
Con la llegada del cristianismo, muchas de las fiestas paganas que eran antiguamente celebradas fueron cristianizadas. Así, esta celebración que tenía posiblemente su significado en la despedida de los largos y duros días de invierno, se mezcló con la despedida de la carne antes del período de abstinencia de la Cuaresma que comienza el Miércoles de Ceniza.
O Entroido es sin ningún género de dudas, la fiesta más irreverente de las que se celebra en Galicia. El carnaval fue perseguido durante la época franquista pero se mantuvo vivo en los núcleos más rurales de Galicia. De ahí que, actualmente, alguno de los entroidos más representativos de Galicia tienen unas profundas raíces en la tradición, tanto cultural como folclórica o gastronómica.
Si bien podemos encontrar esta representación festiva en cualquier rincón de Galicia –desde los núcleos más rurales a los más urbanos- es la provincia de Ourense la que se lleva la palma, en cuanto a entroidos tradicionales. Las localidades ourensanas de Xinzo de Limia, Laza y Verín forman un triángulo donde se conserva el más auténtico de los carnavales gallegos. Se aleja de la espectacularidad de los carnavales brasileños, del glamour veneciano, de las chirigotas gaditanas o del virtuosismo del carnaval de Tenerife. Es el entroido popular que mantiene costumbres ancestrales y únicas en el mundo.
Fuente: http://www.viamichelin.es
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O entroido máis bravo é nos límites

Mensagempor rubi » domingo, 31 jan 2010, 02:58

Para determinar la fecha anual del Carnaval, así como la fecha anual de la Semana Santa, se toma en cuenta el día del año en el cual se calcula el domingo de resurrección cuando se celebra la Pascua cristiana, según las directrices que fueron establecidas primero, en el Concilio de Nicea (año 325) y segundo, en el Dionisio el Exiguo (año 525). Según las reglas, la Pascua debe ser el Domingo siguiente al plenilunio pascual (la primera luna llena de la primavera boreal), pero de caer Domingo ese mismo día se trasladará a la semana siguiente, ya que no debe coincidir con la Pascua Judía (que cae el día del plenilunio). Según estas reglas, la semana Santa siempre será entre el 22 de marzo y el 25 de abril.
El Carnaval es siempre el lunes y martes previo al Miércoles de Ceniza, día en el que comienza la Cuaresma (40 días antes de Semana Santa, o del domingo de ramos que es lo mismo). Mientras que la conmemoración de la Semana Santa se inicia el Domingo de Ramos, continua toda la semana, siendo los días más importantes la eucaristía del Jueves Santo, la crucifixión el Viernes Santo y termina con la conmemoración del Sábado Santo (Jesús en el sepulcro). Se suele considerar en diversas costumbres al Domingo de Resurrección parte de la Semana Santa.
Fuente: www.venelogia.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes