Existe o auto-odio?

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Existe o auto-odio?

Mensagempor casdeiro » terça, 07 out 2008, 15:24

Este é un tema que ten saído moooitas veces tanto na Rolda FILLOS-L como nas diversas encarnacións deste Taboleiro. Pero hoxe, lendo noutra lista na que estou subscrito a un galego que afirmaba que iso do auto-odio non existía, quero preguntarvos a vosa opinión?

Existe ese famoso auto-odio (ou cando menos auto-desprezo) dos galegos? Hai vergonza de ser/demostrarse galego? Existe só en Galiza ou tamén na nosa diáspora?

Espero que encetemos un debate interesante.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Existe o auto-odio?

Mensagempor cachafeiro » terça, 07 out 2008, 16:07


Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Existe o auto-odio?

Mensagempor xestor » terça, 07 out 2008, 18:32

Creo que coñece a bastantes galegos e segundo el di o gran problema dos galegos é o auto-desprezo. Teño que buscar as súas declaracións, que escoitei en Radio Galega... se as atopo xa as publico aquí.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Existe o auto-odio?

Mensagempor xestor » terça, 07 out 2008, 18:35

Se buscades no buscador máis famoso actualmente da Rede atoparás varios milleiros de entradas por auto-odio e por autoodio, case todas en galego ;-)

Perante a dúbida, engádedelle galego ou galegos á procura e veredes.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Existe o auto-odio?

Mensagempor casdeiro » quarta, 08 out 2008, 07:23

casdeiro Escribeu:Este é un tema que ten saído moooitas veces tanto na Rolda FILLOS-L como nas diversas encarnacións deste Taboleiro. Pero hoxe, lendo noutra lista na que estou subscrito a un galego que afirmaba que iso do auto-odio non existía,

Estas eran as súas palabras textuais:

(o auto-odio) non é máis que unha invención do imperio para darnos algo do que falar: din que nos dan un espello e ao final é un televexo polo que emiten o que eles queren que vexamos. Existen individuos auto-lesivos e pusilánimes; non existe o auto-odio.

e viña en resposta a este artigo ou

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Existe o auto-odio?

Mensagempor rubi » quarta, 08 out 2008, 15:31

A raiz del tema que trajo Casdeiro sobre el auto-odio, he ido a buscar por internet para mejor informarme sobre el mismo, y es verdad que existen inmumerables páginas web que hablan sobre ello.
Una de ellas transcribe un reportaje realizado al Vice Presidente de la Xunta de Galicia, Anxo Quintana, donde pidió a los políticos gallegos "mas autoestima y menos auotoodio" respecto al uso cotidiano del gallego como idioma, por constituir un "tesoro" que no puede perderse frente al castellano.
Abogó por alentar que los niños en Galicia conozcan y hablen en gallego y dijo que habia que fomentar que así sea y para eso están las galescolas y la Ley de Normalización Linguística.
"Cualquiera que tenga una pizca de gallego en su interior debe procurar que no se pierda ese tesoro".

Hasta aqui, lo que puedo entender sobre el uso del idioma gallego en Galicia, pero como Casdeiro tambien se pregunta sobre lo que sucede en "la diáspora", coincido con lo que dice Cachafeiro, sobre el orgullo que sienten las nuevas generaciones, al menos en mi país, Argentina, de ser descendientes de gallegos.
Ya han quedado atrás las épocas en que aqui se despreciaba a los inmigrantes que llegaban de Galicia, burlándose de su falta de instrucción...
¡Claro que no se burlaban de su contracción al trabajo que ayudó en gran parte a hacer grande a nuestro país!
Ahora en cambio, se valora, se admira y se respeta a los españoles en general, ya sean de una u otra región de España. Tanto es asi que en el Consulado Español en Buenos Aires hay gran cantidad de hijos y nietos de españoles tratando de adquirir la ciudadanía.
Y en muchos casos, no se trata del mero interés económico que podría conllevar el hecho de ser "legal" en España, ya que muchos jóvenes no tienen intención de irse a vivir y trabajar allá, sino por el simple orgullo de poseer la nacionalidad de sus padres o abuelos (lo digo por mi propia experiencia).
Por eso podría asegurar que en la diáspora, el auto-odio ya no exite.

Un saludo pra todos
Rubí
Buenos Aires-Argentina

mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

Existe o auto-odio?

Mensagempor mariab » quinta, 09 out 2008, 17:47

Non sei dicir cantas veces me faría esa pregunta. Eu penso que é posíbel que exista unha falta de autoestima, común a todos os grupos ou países menos desenvolvidos. Un sentimento parecido ao dalgúns mestizos que quixeran ser máis brancos.
O que si é certo é que, no referido á lingua, na nosa percepción é máis o acento que o propio idioma falado o indicador máis importante. En Galiza é o único sitio que coñezo que "ter acento" é ter acento autóctono. Na maioría dos casos cando dicimos: Que acento ten tal! referímonos a un acento algo máis marcado que o noso. Iso moi normal non é e non me parece moi bo síntoma que digamos.
Pero tampouco son moi pesimista e penso que a percepción que temos de nós mesmos mellorou moito e como calquera outro pobo evoluímos e temos os nosos momentos baixos e altos.
Sobre a nosa diáspora, as palabras de Cachafeiro e de Rubi resúltanme alentadoras. A min sempre me sorprendeu a presenza de xente de actos da colectividade galega ás poucas veces que saen na prensa e de feito agora que moitos galegos de segunda e terceira xerazón viven aquí, sempre te informan das súas orixes galegas na primeira conversa.
Pero, polas vosas palabras interpreto que non sempre foi así. Non sei se coñecedes o libro de Xerardo Díaz "Desde la diáspora" de Ediciós do Castro. Foi un exiliado no Uruguai e ten varios libros de memorias. Nel conta que unha vez coñecera a un home coñecido como o Catalán. Cando fala con el e ve que era e falaba galego e lle preguntou que de onde lle viña o alculme, díxolle que era cousa de súa mai, que se facía chamar a Catalana e sempre lle aconsellaba que non dixera nunca que era galego.
Cóntoo a modo de anécdota e porque me chamou moito a atención cando a lin, porque non creo que moita xente chegara a ese grao de desarraigo.
Un saúdo e un bico a todos

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Existe o auto-odio?

Mensagempor cachafeiro » sexta, 10 out 2008, 15:56

Humildemente dígolles que non entendo isto do autoodio ou autodesprecio.
Polo menos non o podo concibir.
Durante muchìsimos anos menosprezáronnos xente de fóra:
nas primeiras decadas do XIX o dandy Mariano José de Larra (madrileño) afirmaba que o galego era «un animal moi parecido ao home, inventado para alivio do asno».
En 1903 don Miguel de Unamuno,( vasco) vía nos galegos unha casta cansa que rehuía loitar e que se acomodaba «con adaptación pasiva máis que activa, facéndose ao ámbito no canto de facerse a si». Unha terra na que descubría demasiadas bágoas, e tamén demasiadas lamentacións.
O filósofo Ortega e Gasset (madrileño) alá por 1921, escribiu sobre unha «terra pobre, habitada por almas rendidas, suspicaces e sen confianza en si mesmas». Un país con «a fisonomía dun xordo e humillado resentimento, dunha inerte entrega á vontade allea», e cuxo «nihilismo nacional» causaba verdadeiro pavor.
Serà que porque esta xente era tan erudita e intelectual terminámosnolo crendo??
Despues de coñecer galegos tan aguerridos, intelixentes, sensibles, traballadores incansables ( pero non asnos), con tanta capacidade de sacrificio para saír adiante, reflexivos, ferozmente honrrados, dignos, sobretodas as cousas dignos de ser Galegos, négome a crer que exista o autodesprecio ou autoodio ou como estedes queiran chamalo.


Alexandra Cachafeiro Camiña

A non ser que fosen os bos aires os que fixeron o milagre do cambio.
Saùdos.


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes