Número 26 de Foeminas, Revista Virtual de Xénero

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

Número 26 de Foeminas, Revista Virtual de Xénero

Mensagempor grafondo » terça, 29 abr 2008, 15:44

Xa esta dispoñible online o número 26 da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero).

Copio el correo electrónico que recibí con los contenidos:
====================================

Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en www.foeminas.lugo.es

Esta iniciativa enmárcase no I Plan de Igualdade de Oportunidades de Lugo.


Para este número 26 ofrecémosvos o seguinte contido:


Outro mes que transcorre e que nos deixa cheas de preguntas e preocupacións. Desde Foeminas non desexamos pasar por alto todas estas dúbidas e inquietudes e por iso aquí volas resumimos para poder seguir pensando no futuro compartido.

Qué pasa cos dereitos, coa violencia, qué se oculta detrás da historia, qué ocorre coa nosa linguaxe, coas artistas, co traballo, coas mulleres coñecidas e coas anónimas. Estas e outras preguntas e outras tantas respostas e novos interrogantes son os que se intentan suscitar neste número 26 da revista Foeminas.

Por iso e para saber máis do pasado recente e celebrando un novo aniversario da II República publicamos en Historia de Mulleres a terceira e última parte da vida de Matilde Landa.

E en función da historia, da linguaxe e da igualdade presentamos en Portada o artigo de Cristina Corral Soilán titulado: ?A Coeducación. Pinceladas Lingüísticas sobre o uso do xenérico?. Tamén en Portada expoñemos a segunda e última parte da entrevista a Lola García Romanelli denominada ?Logaro, unha vida entre teas?.

A nosa reflexión de todos os meses nesta oportunidade está dedicada a recordar o Día Internacional da Terra.

En Mullerciclopedia apuntamos a obra ?Abellas de ouro? de Xosé Lesta Meis, unha peza literaria escrita por un home pero que está integramente dedicada homenaxear á condición feminina.

Na Galería de Arte expoñemos a obra e a traxectoria da gran pintora e escritora galega Mercedes Ruibal.

Para rematar, en Contemporáne@ presentamos unha homenaxe, desgraciadamente póstuma, á artista performer italiana Pippa Bacca recentemente violada e asasinada en Turquía mentres realizaba unha acción artística baseada na non violencia e na paz entre os seres humanos.

Ademais, invitámosvos a visitar nosas tradicionais seccións como: Noticias, Viaxeiras, Mullerecetario e Foeminas panóramica todas elas cargadas de novos contidos.


Foeminas
2 anos na rede

Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 6 visitantes