XURDIO

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » sexta, 15 fev 2008, 15:44

    






     
;-)

Que significa "XURDIO" ? Algún de vós lle cadrou de oír esta verba nalgunha conversa?


Beixiños pra quen me axude.

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

XURDIO

Mensagempor xorxelois » sexta, 15 fev 2008, 16:14

Coido que poida ser unha forma dialectal de "xurdiu"?

Un biquiño (de balde !!!).

Xurxo Lois
Bos Aires

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » sexta, 15 fev 2008, 16:57

     







   
Non, non pode ser v. senón un adx.

Le por favor este anaquiño de relato:

- Unha sera, nun café, fixenlle un madrigal a unha cupletista, que pubricanome nun xornal xurdio, e, dendes daquela, como ela era de cartel, abranguín m'abrir camiño...


Dous beixiños pra ti :-)

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

XURDIO

Mensagempor xorxelois » sexta, 15 fev 2008, 18:41

Xúrdio adj. (1) Magnífico, excelente, admirável. (2) Viçoso. Poderoso, robusto, com forças para conseguir uma cousa. Ser um xúrdio: ser um vivo, um aproveitado. (Xúrdio nom admite os advérbios muito, tam, mais ou menos).
(Fonte: Dicionário e-Estraviz).

Outros exemplos:
"As nosas leiras -que é o campo máis doado pr'as eispresiós de vitalidade ideal- tuveron un xurdio froitecimento, se non extensivo, en calidade..."

"Magnífica idea para un xurdio parque, enmarcado nunha paisaxe engaiolante a tres pasos da torre de Hércules, un ámbito arrolado polo vento mareiro e aberto..."

Ata calquera outra, benquerida e xurdia Bershky.

Xurxo Lois
Bos Aires

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » sexta, 15 fev 2008, 20:53

    





    

Bos Aires ? Que lonxe me estás XL !, de boa gana na meixela un beixo che deixaba !

Grazas, moitas grazas ! que xenial ocurrencia tiveches !.

Namentres por acó , eu tamén estiven buscando, e atopei ! mais en grafia-galega non leva acento. Obvio! E unha palabra aguda.


Xurdio : bo, de boa lei, de boa madeira.


Ata máis

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » sábado, 16 fev 2008, 05:58

      




   
Magoante! e logo non védelo lapsus calami?

Xurdio, è unha palabra llana, e non aguda. Ou non!


;-)

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

XURDIO

Mensagempor xorxelois » sábado, 16 fev 2008, 08:12

E por que non esdrúxula?
Eu xamais escoitei a ninguén pronunciar este termo. Polo que, se cadra, non sería estraño que o seu soletreo sexa:
xúr-di-o (é dicir, cun hiato ao final, unha pausa entre "di" e "o").
Cal sería entón a "grafía galega" correcta? (Isto da "grafía galega" importame moito menos que a fala; a lingua de Rosalía sobreviviu porque se empregou sempre (na oralidade) nas vilas do interior e nas vilas mariñeiras...; e que a RAG e a AGAL saiban perdoar.

Unha aperta.
Xurxo Lois

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

XURDIO

Mensagempor casdeiro » sábado, 16 fev 2008, 13:00

O Estraviz usa ortografía reintegracionista. Seica bershky non coñece os recursos que temos ao comezo da páxina http://aprendergalego.fillos.org ? ;-D

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » terça, 19 fev 2008, 15:19

      







  
XL,
esdrúxula tampouco pode ser, xa que todas levan til, non é?. Olla neste link do tesouro informatizado da lingua galega:

http://www4.usc.es/TILG/index.asp.

Introduce o termo ─ xurdio ─ na casa onde di : palabra. Logo no espacio : resultados páxina, pon 100.

Ti verás que escolma da verba ?xurdio? temos. En ningún momento aparece con acento. Polo tanto hache de ser grave. As palabras graves, levan acentuación grafíca as

─ rematadas en consonante distinda de ?n, -s : álbum, móbil.
─ ditongo decrecente.
i, u tónicos: nunca secuencia de vocais formando sílaba por si: había, lúa, traías,luísa, etc?


beixiños

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

XURDIO

Mensagempor bershky » terça, 19 fev 2008, 15:30

      





    




  
Seica a Bershky o coñece Casdeiro . O caso foiche que me atopei coa fermosa e desconocida ( pra min ) verba ?xurdio?. No intre pensei que se trataba dun erro, de xeito que botei man axiña do TILGA, e abraie, porque aparece en moitas ocasións, e eu sen escoitala xamais. Que anoxo me deu, naiciña miña! Así que de contado consultei o DRAG. E como nona trae, pensei en tódolos que andades por aquí, porque cicáis algún de vós , xa a oirades, e á parte da axuda, interesábame saber cantos a coñecian.

Todo claro, Casdeiro?


beixiños tamén pra vostede :-)


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes