Revista Virtual de Género "FOEMINAS"

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

Revista Virtual de Género "FOEMINAS"

Mensagempor grafondo » quinta, 30 ago 2007, 20:07

Xa está a disposición dos lector@s o número 19 da revista Foeminas.
Foeminas é editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para consultala, só é preciso entrar a http://foeminas.lugo.es
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Igualdade de Oportunidades de Lugo.

En este número os ofrece, en el mes de sus fiestas, un homenaje a María Pita en Historia de Mujeres.

http://www.foeminas.lugo.es/historia_de ... s_cast.htm

Mujerciclopedia nos acerca una crítica del último disco de La Mala Rodríguez por Jose Lemur.

http://www.foeminas.lugo.es/mujerciclopedia.htm

Y otros temas muy interesantes.

Se puede solicitar el registro para poder recibirla en la propia casilla de email.

grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

Revista Virtual de Género "FOEMINAS"

Mensagempor grafondo » segunda, 05 nov 2007, 14:11

Xa está a disposición dos lector@s o número 21 da revista  Foeminas.
Foeminas é editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para
consultala, só é preciso entrar  a http://foeminas.lugo.es
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Igualdade de Oportunidades de Lugo.
 
Outro número que chega... e nos aproximamos á celebración do noso segundo
aniversario que será no mes de novembro.
Desde o noso lugar atopámonos moi complacid@s por este proxecto, que aínda
que cumpra dous anos na rede, sentimos que apenas se inicia. Cada mensaxe,
cada suxestión, cada información que recibimos é parte deste ida e volta que
desexamos siga crecendo e sosténdose no tempo.
Por iso, neste número 21 presentámosvos unha variedade de contidos que
esperamos que sexan do voso interese.
En Historia de Mulleres recordamos o 12 de outubro a través dun traballo que
nos chegou desde México sobre unha muller paradigmática no relato da
conquista americana. Maribel Hernández Cruz achéganos o seu artigo sobre A
Malinche.
Na Portada poderedes apreciar a nosa reflexión sobre o Día Internacional da
Muller Rural na nota Da miña terra..., e ademais realizamos unha entrevista
a Marta Álvarez Quintero nun artigo denominado Granxa Maruxa (Rebelión na
granxa).
Na Portada tamén reproducimos a segunda parte da entrevista a María Naredo
Molero, e xa que de segundas partes falamos, publicamos a continuación do
Encontro Palabras de Mulleres realizado os días 9, 10 e 11 de maio en Lugo.
Doutra banda, iniciamos unha nova sección titulada Foeminas panorámica na
que expoñemos, precisamente, un panorama de exposicións, accións e
convocatorias que consideramos de gran interese para continuar profundando
no debate e a loita contra a violencia e a favor da igualdade de xénero.
Na Galería de Arte publicamos a segunda parte do informe sobre Louise
Bourgeois.
Contemporáne@ conta coa presenza dunha artista internacional: Vera Goulart.
Mullerciclopedia tráenos un comentario do espectáculo da gran bailaora Sara
Baras, escrita por Luz Darriba.
Para rematar, presentámosvos a viaxe de Ana a Marrocos, e unha exquisita
receita de tortilla española enviada pola avoa Maruja.
 

grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

Revista Virtual de Género "FOEMINAS"

Mensagempor grafondo » segunda, 05 nov 2007, 14:12

Foeminas panorámica
www.foeminas.lugo.es
Este número 21 de Foeminas comprácese en presentarvos unha serie de
exposicións, accións e convocatorias que consideramos de gran interese para
continuar afondando no debate e a loita en contra do flaxelo da violencia e
pola igualdade de xénero.
Por iso abrimos esta nova sección titulada Foeminas panorámica que intenta
destacar todos os acontecementos ao redor dos problemas actuais das
mulleres.
 
"Subir y bajar", un vídeo que pode verse na rede sobre a violencia de
xénero. Presenta Fundación Mujeres.
?Cando unha muller vítima chega a un xulgado leva moito camiño percorrido,
moito sufrimento acumulado e, probablemente, moitas cicatrices no ánimo e
nas forzas para seguir adiante coa súa propia vida. Para axudar de forma
eficaz a estas mulleres, é necesario ter unha idea certeira sobre a
situación de vulnerabilidade e indefensión persoal na que se atopan. Isto é
o que se reflicte na curtametraxe "Subir e Bajar", expón a directora da
Fundación Mujeres, Marisa Soleto, que recoñece que este vídeo sobre a
chantaxe emocional que exercen os maltratadores será unha ferramenta moi
válida para comprender mellor o problema da violencia de xénero desde o
punto de vista das vítimas e que leva a unha muller maltratada a retirar
unha denuncia.
"Subir e bajar", do director e guionista David Planell (nomeado a un Premio
Goya 2004), está sendo distribuído a través de Internet pola Produtora
Avalon e será utilizado pola Fundación Mujeres como material de
sensibilización nas actividades que ten previstas desenvolver nos próximos
meses.
O vídeo pode verse en http://www.youtube.com/watch?v=Sr8eoNiR5Cg do sitio
youtube ou tamén na páxina WEB de www.fundacionmujeres.es
Contacto: mujeres@fundacionmujeres.es

 
Curso virtual gratuito sobre igualdade de oportunidades.
Convoca o Instituto da Muller
O Instituto da Muller abre el prazo de inscrición para a súa ?Escola virtual
de Igualdade de oportunidades? que ofrece ensinanza virtual, a través da súa
web www.mtas.es/mujer en materia de equidade entre homes e mulleres.
Quen estea interesad@ neste curso poderá recibir información e realizar a
súa inscrición a través da seguinte páxina
www.mtas.es/mujer/escuelavirtualigualdad o al teléfono 902180836.
A ?Escola virtual de Igualdade de oportunidades? conta cun total de 2.500
prazas e o prazo de inscrición pecha o 15 de novembro.
?A batalla dos xéneros? no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Do 13 setembro ao 9 decembro de 2007 ten lugar no Centro Galego de Arte
Contemporánea, Santiago de Compostela, a exposición ?A Batalla dos xéneros?
Baixo este título preténdese afondar nos discursos xurdidos da práctica
artística na década dos setenta e que supuxeron unha tentativa de pór en
dúbida, e mesmo invalidar, a sociedade patriarcal machista.
Contacto: www.cgac.org
Proxecto de arte e violencia sexual 2007
Convocatoria desde México aberta a tod@s @s artistas de Iberoamérica.
Coordinación: Sergio González Zepeda.
Trueque Residencias para Artistas e ADIVAC (Asociación para o
desenvolvemento integral de persoas violadas, A.C) organizan en conxunto a
convocatoria sobre arte e violencia sexual, tendo como obxectivo que os/as
artistas poidan traballar con persoas que sufriron algún tipo de violencia
sexual a través da "terapia da arte".
O proxecto culminará cunha exposición, do traballo obtido por parte dos/as
artistas e das persoas que experimentaron algún tipo de violencia sexual, no
Zócalo da Cidade de México no "Día Internacional da NON Violencia Contra as
Mulleres e as Nenas". Posteriormente mostrarase o 9 de Decembro na Feira de
Dereitos Humanos do Distrito Federal e no Sistema de Transporte Colectivo
Metro da Cidade de México.
Contacto: Sergio González Zepeda
Coordinador do proxecto ARTE E VIOLENCIA SEXUAL
TEL 0445540583590
violencia.sexual.2007@gmail.com
www.laneta.apc.org/adivac/

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Revista Virtual de Género "FOEMINAS"

Mensagempor fridamarga » quinta, 08 nov 2007, 01:08

Querida Graciela:

Fico muito feliz com a divulgação destes temas. Prabéns pelo "Fio"!
Bicos!


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes