Página 2 de 2

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 19:41
por esteirana
Perdón polo anglicismo... as veces cruzánseme os cables :-D quixen dicir "propoñer" espero que estea ben agora ;-)

Ben, pois a información vese no sitio web das 7 novas maravillas (new seven wonders) www.n7w.com

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 19:41
por esteirana
Ahhh... e eu propoño as rías galegas.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 21:35
por mariab
E de Ourense hon hai nada? Podíanse incluír as Burgas ou a ponte romana.

Sobre as marabillas naturais a min ocórrenseme unhas cantas.
As Catedrais ou Augas Santas.
Cabo Ortegal.
San Andrés de Teixido.
Os Ancares

Aínda que eu tamén votaría polas rías no seu conxunto.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quarta, 18 jul 2007, 21:38
por anamp
Pois a desembocadura do Miño tamén é natural... de momento, e o monte Santa Trega tamén, a non ser que te refiras á citania do monte Santa Trega e á fortaleza da desembocadura, que pertence, politicamente, a Portugal.

Propoño: Pedrafita do Cebreiro, e as súas pallozas.

Eu como marabillas naturais poñería:
as dunas de Corrubedo
as illas Cíes
a desembocadura do Miño
a praia das Catedrais
O Courel
...
a ver que máis se me ocorre...
Ana

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quinta, 19 jul 2007, 08:04
por xana
Anamp Escribeu:Pois a desembocadura do Miño tamén é natural... de momento, e o monte Santa Trega tamén, a non ser que te refiras á citania do monte Santa Trega e á fortaleza da desembocadura, que pertence, politicamente, a Portugal.


Totalmente de acordo X-D O que fixen foi traducir o artigo da voz de Galicia, que dicía o seguinte:

Santa Tegra
Desembocadura del río Miño y Monte Santa Tecla, en una imágen tomada desde el mirador del pico de San Francisco, en el monte de Santa Tecla.

Daquela aínda non sabía que as marabillas debían ser creación humana, e non notei contrasentido. Agora si, pero coido que se refiren ao que dis ti, o castro que hai enriba do monte.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quinta, 19 jul 2007, 08:06
por xana
Admin Escribeu:
...pero tamén arquitectónica. Por que pensas que se chama sacra? É pola cantidade de igrexas, coido que sobre todo románicas da bisbarra. Máis info no noso web amigo:

Tes razón, non caera niso! Graciñas polo enlace, vou correndo a lelo.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quinta, 19 jul 2007, 08:25
por xana
Admin Escribeu: Moi boa a foto, lémbrame aquela serie clásica de láminas de "maravillas de galicia" ou algo así... non lembro exactamente. Por certo, por que non a subes ao noso álbume?

Meu dito, meu feito! Se non o fixen mal, púxena no álbume > Galicia > Outras fotos de Galicia.

Vota polas 7 marabillas de Galiza

Enviado: quinta, 19 jul 2007, 11:07
por xestor
Ai, Deus, vaia enliada. Así que teño que quitar, corrixir, poñer... :-((( Vou ver se me aclaro antes de que máis xente sega a votar. En principio imos para as de "construción humana" e deixamos as naturais para outro fío, vale? Que alguén se encargue de crealo, por favor.