Hai 2 infernos para os galegos?

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Hai 2 infernos para os galegos?

Mensagempor casdeiro » segunda, 02 abr 2007, 09:29

Unha cousa que sempre me chamou a atención das expresións dos meus pais é que falaban (cando menos a miña nai) dun Inferno da Terra Quente como contraposición talvez a un Inferno da Terra Fría, ou polo menos así lembro telo entendido eu de pequeno.

Isto sempre me lembrou á cosmoloxía escandinava (que coido moitos coñecerán por obras populares como os comics Marvel do superheroi Thor ou O Señor Dos Aneis, de J.R.R. Tolkien) cos seus dous infernos, un de xeo e outro de lume (se non estou errado). Procurei na wikipedia e só puiden atopar a referencia ao inferno frío: http://en.wikipedia.org/wiki/Helgardh

A alguén lle soa esta expresión do Inferno da Terra Quente ou sabe en que se pode basear? Grazas.

antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Hai 2 infernos para os galegos?

Mensagempor antas » segunda, 02 abr 2007, 13:19

Pois de certo que tódalas referencias que teño escoitado ó inferno, sempre aducían ó lume. Supoño que pola alusión cristián á contraposición do ceo, que en ningún caso, fala de frio...

Hei indagar na sabiduría popular a ver se tamén por aquí se falaba dese suposto Inferno Frio e a mín pasoume desapercibido.


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante