gallegos y descendientes por el mundo

...Para calquera outro tema non recolleito nas outras categorías.
lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

gallegos y descendientes por el mundo

Mensagempor lopez » terça, 20 nov 2007, 12:44

REDACCIÓN/EFE
El medicamento Bortezomib puede asestar un golpe a las células que se encuentran en los tumores de melanoma, ya que estimula la acción del gen que ocasiona el cáncer, anunciaron ayer investigadores de la Universidad de Michigan (UM). La acción del fármaco se traduce en un aumento excesivo de la actividad de las células del cáncer hasta el punto de que éstas se destruyan por sí solas, un método que "algún día podría ser eficaz contra muchos tipos de cáncer", según un comunicado de la institución educativa.

La científica gallega María Soengas, autora principal del estudio, explicó a la agencia Efe el funcionamiento de la droga, para lo cual usó un símil esclarecedor. "En cuanto a su protección, las células normales son como un pequeño utilitario y las células del cáncer como un coche de carreras; lo que hace el fármaco es que, en vez de frenar su motor, lo revoluciona hasta que se quema", señaló.

Los científicos de la UM revelaron que el Bortezomib, aprobado por la Administración federal de Fármacos y Alimentos (FDA) para el tratamiento del melanoma múltiple avanzado, es capaz de inhibir las células de los tumores. El fármaco logra que se produzca una cantidad excesiva de lo que los investigadores llaman "un promotor de la muerte de la célula", la proteína NOXA. "Nuestros datos apuntan a un enfoque diferente del tratamiento del cáncer", afirmó Soengas.

La prestigiosa investigadora gallega y sus compañeros informaron en el año 2005 de que este medicamento "parecía combatir el crecimiento del tumor mediante un incremento de la actividad del 'promotor de la muerte' -NOXA-en las células de tumores, pero no en las células normales".

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

gallegos y descendientes por el mundo

Mensagempor lopez » domingo, 02 dez 2007, 11:30

Lois Pérez Leira-

Enciclopedia da Emigración (cig.migracion@galizacig.com)




Retrato de Diego Álvarez Correa (Caramurú).

Diego Álvarez Correa naceu na Coruña no século XVI, aínda que algúns investigadores portugueses afirman que naceu en Viana do Castelo. Diego desde temperá idade está vinculado aos labores do mar. Daquela os portos da Coruña e Baiona eran os únicos autorizados para ter vínculos comerciais co novo mundo recentemente descuberto. A Coruña convértese no século XV en porto da especiería. As especias eran de suma importancia para toda Europa. Con elas podíanse manter as carnes durante unha tempada sen que se derramasen; tamén se utilizaban para condimentar as comidas. A remates do século XV as especies adquiriron en Europa prezos moi elevados. Os comerciantes tiñan que percorrer grandes distancias pasando os productos por distintos países que lles cobraban o correspondente imposto. Esta situación levou aos portugueses a buscar o camiño das Indias percorrendo África. Colón faría o mesmo mais cara ao Atlántico. Coa descuberta de América e ante a potencialidade comercial do novo mundo o porto da Coruña intentou converterse en Casa de Contratación da Especiería. Este obxectivo conségueo o 24 de decembro de 1522 a través dunha Real Cédula asinada por Carlos I.

A "batalla" entre as distintas potencias por comercializar coas Indias levou ao Rei don Manuel de Portugal a organizar unha flota de 10 carabelas e tres grandes navíos tripulados por 1.500 homes. O mando foi confiado a Pedro Álvarez Cabral con encargo de obter dos raxás da India a liberdade de comercio para os portugueses e a predicación do evanxeo nas súas terras. O 8 de marzo de 1500 partiu a expedición. A flota debía costear África e dobrar polo Cabo de Boa Esperanza. Nembargantes, Cabral, en virtude de instruccións recibidas de Vasco de Gama, ao chegar á altura do Golfo de Guinea internouse cara ao Atlántico co fin de evitar as calmas chichas que reinan nesa parte do océano. As correntes mariñas fóronos internando máis ao occidente ata que corenta días despois atoparon terra. O 22 de abril de 1500 a expedición desembarcou en terras brasileiras, no que hoxe é a vila de Porto Seguro dentro, do Estado de Bahia. Os portugueses descubrían deste xeito Brasil sen ter consciencia naquel momento da importancia do propio descuberta.

Naqueles anos outros navegantes portugueses, franceses, galegos e españois percorreron as costas brasileiras. O famoso navegante italiano Americo Vespuccio, que traballaba ás ordes do rei de Portugal, participou en 1504 nunha expedición polas costas brasileiras. Nunha carta enviada a Portugal falaba das marabillas do Brasil comparándoo cun edén: "e se no mundo, di, é algún paraíso terrestre sen dúbida de existir non estará moi lonxe deste lugar".

Os mariños galegos expertos en mares enfurecidos malia non contaren coa autorización dos reis de Castela intentaron comercializar co novo continente. Diego Álvarez Correa embarcouse en 1510 camiño ao novo mundo co obxectivo de comercializar con madeiras e cunha en especial chamada "pao-brasil". A denominación desta madeira posteriormente daríalle o nome a este país. Ao chegar ás costas brasileiras unha forte tempestade na Baia de Salvador, fronte á illa de Itaparica, fixo naufragar a súa nao, chegando a nado xunto con oito tripulantes ata a costa onde vivían os indios Tupinambá. Diego Álvarez foi o único sobrevivente, os demais mariños morreron ou foron comidos polos indíxenas. As características físicas do noso paisano, alto, fraco e de pel moi branca, foi un elemento determinante para que os indíxenas o bautizaran co nome de Caramurú. Segundo José Veríssimo a palabra Caramurú en idioma tupí é empregada para denominar ás lampreas ou moreas.


Mapa de Brasil da época.

Outros historiadores intentaron argumentar o significado de Caramurú como: Home de fogo, fillo do "trovâo", branco mollado, dragón saído do mar. Segundo a lenda máis extendida e inmortalizada polo escultor Eduardo de Sá (1866-1940) no monumento alegórico da Praza Floriano Peixoto de Río de Janeiro, representa a Diego Álvarez detonando unha arma de lume para impoñer respecto ante os indíxenas. Este escultor di tamén que "Caramurú" significa o home do raio, en alusión á súa pistola. Tamén Teodoro Sampaio sinala que o significado da palabra sae da descomposición da mesma en cari, "o branco", e muru, "mollado". O certo é que Diego Álvarez Correa tense que enfrontar cos nativos do lugar que nun principio parecían moi hostís. Os indios Tupinambá vivían en todo o litoral noroeste do Brasil, desde o baixo Amazonas ata o estado actual de Sâo Paulo. Estas tribos brasileiras falaban a lingua Tupí-guaraní. Na actualidade só viven 10.000 indíxenas dispersos en distintos grupos ao longo da zona norleste.

Diego Álvarez conseguiu a través da súa arma e o seu aspecto físico impactar aos tupinambás. Foi tan así que o cacique Taparica ofreceulle como esposa a súa filla Paraguasu (en tupí "o grande mar") ao recén chegado náufrago. A bela Paraguasu e o noso paisano Caramurú comezaron un matrimonio que deu para contar infinitas lendas de amor. A parella tivo varios fillos: Ana casada con Vicente Dias de Veja. Apolónia casada con Juan Figueirido Mascarenhas e Grácia casada con Antón Gil. Con outras mulleres da tribo tivo distintos fillos, os máis coñecidos foron: Gaspar, Marcos, Manuel, Diego, Gabriel e Jorge. Do seu fillo Diego Álvarez e da súa muller descenden as principais familias bahianas como os Moniz e os Torre, famosos pola súa riqueza.

Caramurú vivía nun edén coa súa namorada Paraguasu nunha aldea de 300 casas. Coa súa experiencia e formación europea lograría avances importantísimos na vida dos indíxenas. Co paso do tempo distintos navegantes, moitos deles franceses e portugueses, pasaron polos seus dominios. A súa vivenda quedaba nunha aldea na entrada de Barra na Punta do Padrâo desde onde podía ver ás flotas visitantes e acudir a eventuais naufraxios. Entre os distintos navegantes púidose ver a: Rodrigo de Acuña en 1526. Este pertencía á flota de Loaysa. En 1535 Juan de Mori da flota de Alcazaba. En 1531-32 recibiu a Pedro Lopes e a Martín Afonso de Sousa que en 1534 de paso cara á Asia bautizou a todos os fillos de Caramurú e casou a dúas fillas súas.

Diego Álvarez nun comezo viviu do abastecemento ocasional de navíos, despois do comercio de froitos da terra con bretóns e normandos, para comercializar posteriormente cando se consolidou a cidade de Salvador vendendo fariña de mandioca. Algúns investigadores relacionárono no seu comezo como axente dos franceses que comercializaban o pao-brasil.


Barco da época.

O seu vínculo cos franceses levouno a realizar unha viaxe a Francia nun barco de contrabandistas en compañía de Paraguasu. Neste país converteuse ao cristianismo sendo bautizada en Saint-Malo o 30 de xullo de 1528. Os franceses puxéronlle o nome de Catarina do Brasil en honra á súa madriña Catarina de Médicis. Segundo comenta nunha carta o xesuíta Serafín Leite, Caramurú e Catarina Alvares casaron neste país. Segundo os historiadores, Henrique II intentouno convencer para que traballase para o reino francés na conquista de Brasil negándose rotundamente.

Os Caramurú despois dunha longa tempada na corte francesa volveron aos seus dominios bahianos. Os reis de Portugal preocupados polas constantes visitas ao Brasil de expedicións estranxeiras decidiron fundar un primeiro asentamento poboacional estable.

Tomé de Souza foi o encargado de organizar unha expedición de 400 soldados e 600 voluntarios, entre eles algúns presos. O 29 de marzo de 1549 desembarcou na Bahia de Todos os Santos. O primeiro mes instalouse xunto ás ruínas da Capela da Victoria. Nese mesmo sitio instalárase en 1545 o navegante Francisco Pereira Coutinho, e fora asasinado e posteriormente comido polos indíxenas. Tomé de Souza fundou definitivamente a cidade de Salvador. O galego "Caramurú" serviulle de intérprete contribuíndo a fundar as prósperas colonias do Brasil. Os portugueses ao atoparse cun branco que lideraba aos Tupinambas confundírono cun portugués xa que este lles falaba no seu propio idioma. Non temos que esquecernos que por aquel entón o idioma galego e o portugués en pouco ou nada se diferenciaban. Coa expedición de Tomé de Souza viñeron varios integrantes da Compañía de Xesús, sendo o superior da orde para os territorios do Brasil, Manuel Nóbrega.

O xesuíta mencionado, aínda que era portugués tiña fortes vínculos con Galiza e Salamanca. Coa primeira estivo mercé á súa devoción por Santiago Apóstolo, que o levou a percorrer o camiño portugués de peregrinación á capital de Galiza. Con Salamanca estivo ligado a través da Universidade onde estudiou catro anos. Nóbrega, igual que Bartolomé de las Casas en Centro América, sobresaíu por defender os dereitos dos indíxenas, promovendo o ensino primario e secundario, a música, etc. Durante a súa permanencia como superior provincial da orde contou coa axuda de Álvarez Correa e con Catarina Paraguasu, quen asumira o cristianismo con fonda devoción. Entre as axudas realizadas por Caramurú a Nóbrega estivo a construcción da primeira igrexa. Para eles Caramurú contou coa axuda dos seus fillos, xenros e os Tupinambas que estaban baixo a súa xefatura.

Tomé de Souza en agradecemento polos servicios prestados pola familia Caramurú distinguiu como cabaleiros aos seus fillos e aos seus xenros cando a fundación da primeira cidade brasileira.

A cidade de Salvador por aqueles anos foise construíndo no outeiro da Sé, parte plana do alto da escarpa a 60 metros sobre o nivel do mar. É a zona que hoxe comprende o Pelourinho e a Plaza Castro Alves. Salvador converteuse na capital da colonia ata 1763.

O pai Nóbrega nas cartas escritas desde o Brasil dixo que: "casou cunha fermosa india chamada Paraguasu converténdose no cacique daquelas terras... O máis nomeado home desta terra...".

Álvarez Correa faleceu o 5 de abril de 1557 na poboación de Pereira ou Vila Velha deixando a metade da súa herdanza á Compañía de Xesús, sendo soterrado na súa igrexa.


Escultura adicada a Caramurú.

O destacado escritor brasileiro Francisco Adolfo de Varnhagem, membro do Instituto Histórico do Brasil, refírese tamén á vida de Álvarez Correa na súa "História Geral do Brasil" (Tomo I, Madrid, 1854) dicindo: "... En efecto, Álvarez Correa co nome de Caramurú chegou a adquirir celebridade na nosa historia...". Varnhagem é tamén autor do libro "O Caramurú perante a Historia", estudio premiado polo mesmo Instituto. Tamén escribiu en verso "Caramurú, romance histórico brasileiro" (1859).

O escritor lugués Manuel Castro López escribiu en "El Amanaque Gallego" : "...Pai numerosas veces e enlazado por parentesco con grande número de indíxenas, padecendo inxentes contratempos e calamidades desde o seu arribo a aquel país no ano 1510...".

A aventura de Caramurú foi idealizada no século XVIII nun poema de dez cantos en oitavas titulado "Caramurú" da pluma do relixioso frei José de Santa Rita Durao, profesor de Teoloxía na Universidade de Coimbra. A dita obra foi editada en Lisboa en 1781 e traducida ao francés en 1829.

No libro "Historia da Literatura Portuguesa", nunha análise que se fai da poesía brasileira, destacan do poema Caramurú: "O Caramurú contén belas pinturas da natureza brasileira. O episodio máis hábil e o máis dramático lese no suicidio de Moema, mozo india apaixonada por Diego Correia que se afogan no sulco do navío que o transportaba a Europa".

A mencionada parte do poema épico Caramurú relatou desa forma o suicidio da India Moema:

"Perde o fogo dos olhos, pasma e treme,
Pálida a cor, o aspecto moribundo;
Com mâo já sem vigor soltando o leme.
Entre as salsas espumas desde ao fundo;
Mas na onda do mar, que irado freme.
Tornando a aparecer desde o profundo.
-"Ah. Diego Cruel!" -disse com mágoa.
E sem mais vista ser, sorveu-se na água".

Catarina do Brasil, "A Bella Paraguasu", sobreviviu ao seu marido rodeada do afecto da súa familia, dos indíxenas e dos poboadores portugueses. Paraguasu faleceu en Salvador o 26 de xaneiro de 1583.

Despois da morte do matrimonio Caramurú os escolares bahianos foron coñecendo de xeración en xeración a historia deste cacique galego que se namorou da bela Paraguasu. Unha historia de amor, unha historia que marca o encontro de dúas culturas que fixeron posible a fundación de Salvador.


Lois Pérez Leira

quico
Mensagens: 4
Registado: domingo, 02 dez 2007, 11:44

gallegos y descendientes por el mundo

Mensagempor quico » domingo, 02 dez 2007, 16:30

Amigo Raul: Esperando servir de ayuda en tu búsqueda, paso a darte alguna información relacionada con la parroquia de San Julian de Requeijo.

La parroquia llamada "San Julian de Requeijo", en el antiguo y ya olvidado establecimiento constitucional de los concellos gallegos, fue integrada en al concello de Valga, perteneciente al Partido Judicial de Caldas de Reis (ambas, Valga y Caldas, localidades de la provincia de Pontevedra), habiendo llegado en 1822 a funcionar como ayuntamiento, integrado por las parroquias de San Julian de Requeijo y la de Campaña, situación que se prolongó hasta Octubre de 1925, fecha en que se constituye el Concello de PUENTECESURES (ahora "Concello de PONTECESURES")

Este concello cuenta con UNA ÚNICA PARROQUIA: San Xulián de Pontecesures y con trece entidades de población.

En Galicia, los datos que puedan existir acerca de nacimientos, bodas y defunciones, se encuentran en los archivos del Juzgado de Paz de cada concello, pero..., estamos hablando de un concello relativamente moderno y en este no existen datos anteriores a 1926, por lo que, aunque la búsqueda pueda ser laboriosa, te recomiendo que la hagas de forma simultánea, dirigiéndote al Juzgado de Paz de Pontecesures, al de Caldas de Reis y al de Valga (todos de la provincia de Pontevedra), y también en los departamentos de "Servicios Sociales" de cada uno de los concellos que te cito.

Otra opción la tienes en "w.w.w.galiciaaberta.com" que, en uno de sus apartados, ofrece un canal de búsqueda de raíces y vínculos familiares a extranjeros y residentes en el exterior.

Sinto non poder servirche de máis. Moita sorte.



[/b]

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

gallegos y descendientes por el mundo

Mensagempor lopez » sexta, 12 set 2008, 02:40

http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2008 ... meroFoto=2
MISS VENEZUELA 2008. Xa me parecia a mim, tan bonita tiña que ter alguna sangre galega rsrsrsrsrsrs


Voltar para “Caixón de xastre”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante