Lodeiro (apelido e topónimo): cal é o seu significado?

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Lodeiro (apelido e topónimo): cal é o seu significado?

Mensagempor casdeiro » terça, 18 mar 2008, 19:20

Levo moitos anos tentando averiguar o que significa o meu apelido materno, procedente do concello de Sobrado, onde hai un topónimo Lodeiro, e imaxino que está relacionado.

O apelido pronúnciase, entendo eu, con 2 /o/ pechados e un /E/ aberto, é dicir, algo tirando a ludairu, para que nos entendan os que non coñecen a fonética das vogais galegas.

1) A primeira teoría que escoitei foi que tiña que ver con lodo e que era sinónimo de lameiro, lodazal.

2) Despois -que a Vella Deusa o teña con ela- faloume dun posible significado relativo a minerais: lod ~ led (chumbo, en inglés). Pero non o puiden confirmar porque non sei se nestes lugares así chamados que hai por Galiza , existen lodo ou existen minerais pesados. Tampouco puiden pescudar como se dicía chumbo en .

3) Despois descubrín que lodeiro é tamén o nome dunha planta (Celtis Australis), chamada tamén lidueiro, e que polo tanto poderíamos estar perante un fitotopónimo. Esta planta é a lendario "flor de loto": loto ~ lod(o)-

Imagem

4) Agora estou descubrindo que existen tamén, como apelidos e topónimos: ledeiro e ludeiro.

Pode dar iso unha pista, se tomamos como hipótese unha orixe e significado comúns para as 3 variantes?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Lodeiro (apelido e topónimo): cal é o seu significado?

Mensagempor casdeiro » terça, 18 mar 2008, 19:24

Según o Dicionário Estravís:

Lodeira, s.f. ou Lodeiro, s.m.:
(1) O mesmo que lodazal.
(2) Persoa suxa, lixosa, brégolas.
(3) Bot. Árbore pequena, da família das betuláceas, con casca lixeira, lisa e gris, coas pólas delgadas e flexíbeis; utiliza-se como astrinxente. N.C. Celtis australis. Sinóns. Lidueiro, lodoeiro, virgondoiro


Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes