HISTORIA DA FAMILIA SOMOZA

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

HISTORIA DA FAMILIA SOMOZA

Mensagempor gallaecia » segunda, 11 fev 2008, 15:05

É certo que a investigación sobre a orixe de apelidos e case infinita e difícil de máis cando no se reside na Galiza sempre é interesante coñecere as orixes dos apelidos galegos e os de un mesmo, por iso vale o esforzo.
O que escribo seguidamente consulteino hai uns anos cando tiña a sorte de residir na Galiza:

LA CASA MARTÍN, SOLAR DE LOS SOMOZA:

O nobre linaxe dos Somoza considérase dos máis antigos de Galiza, remóntase ( que se saiba ) dende a Reconquista no reinado de Afonso II o casto. O seu solar, chamado casa de Martín, emplázase na Somoza Maior de Lemos, na terra de Bóveda a dúas leguas de Monforte...
... Os Somoza tiveron casa en Monforte, dentro do recinto amurallado, preto a Porta da Alcazaba. Un escudo sostenta as súas armas: 3 flores de lis, símbolo de cabaleiro francés, en campo de gules, un brazo armado cunha maza de prata posto en abismo, na punta dúas faxas de azur e prata ondeadas...
...As flores de lis son o símbolo de cabaleiro francés que se ten por tronco da familia, señor da casa real francesa- moi cercano pariente de Carlomagno... sábese por certo por papeis auténticos, que Alvar López da Somoza, pasou en tempo do rei católico Xoan II no ano do señor 1430 e foi moi ben recibido e festexado polos grandes de Francia ( chamados pares ) os seus parentes. Na " Galicia diplomática " dise que este cabaleiro foi desterrado de Francia e os reises protexéronno dándolle as dúas Somozas ( Maior e Menor ) de Lemos.
... Este cabaleiro francés, chamado Martín ( Martell ) ou de nome descoñecido, loitou contra os árabes que reclamaban o infame tributo de 100 doncelas. O nombramento do capitán das forzas galegas foi votado a sortes, saindo elexido o cabaleiro francés, este rehusó por dicir que era foráneo. Realizando novos sorteos e saíndo sempre el como elexido, á sexta aceptou crendo que era un desinio divino ( de ahí os 6 dados no escudo )...
... Dispuso a batalla sobre un corcel branco e unha grande maza, moi usada en Francia... A batalla librouse en Melide, según Castellá, preto Cea según Galicia diplomática, nos dous casos preto dun río... ( Dúas fraxas de prata e azur onduladas ). Na memoria do triunfo erixiuse unha ermita na entrada de Monforte "sitio de reunión e cercano ao solar dos Somoza"...
... Hai unlema que di como recordatorio de esta batalla das 100 doncelas:
"O Somoza coa maza
cos moros se desmpeña
moitos deles despedaza
as doncelas desempeña".

... Probou a súa nobreza na orden de Santiago eb 1628 e varias veces na Chancillería de Valladolid.
... A inicios do século XVII, di Castellá, aínda quedaban restos da casa matriz dos Somoza, que era a casa de Martín e dicía: " mostra nas súas ruinas grande antigúidade, aínda hai pedazos de torres, de cabalerizas e algunhas portadas pequenas, como nos tempos antigos e aun lado da portada están as súas armas... unhas das máis antigas que vin".
"Xunto a casa de Martín hai unha pequena ermita baixo a advocación de San Xuliana onde os señores tomaban pleito homenaxe de fidelidade os seus escudeiros".
certas tradicións unen aos Somozas co cabaleiro Arias Gonzalo de Zamora, di o licenciado Molina:
"Hai Somozas con xogo de dados
que dende a cerca a súa casta decora
dando aviso de que xa en Zamora
saiu que o Rei matou polos seus fados".
... Os Somozas son de antiga casta neste reino (de Galiza ) aínda que hai outros no reino de León, as súas armas 6 dados de señas colorados están na igrexa de León, pero eu teño que son galegospor esta razón: na impresión antiga do rei don Sancho que morreu no cerco de Zamora, está escrito que o cabaleiro que avisou, Vellido Dolfos, era da terra de Santiago, de los infanzones de Somoza, algúns cren que foi o mesmo Arias Gonzalo".
"Mereceron Os Somoza a estimación dos soberanos da península e foron moi honrados polos de Francia quen lles tiveron sempre por deudoscomo se haxa nos papeis que vin" di Castellá: " tiñan o seu panteón familiar a unha legua da igrexia de Santa María de Baamorto... con abundancia de balsóns que ao aterrar a un destes señores o seu escudo colgábasenas capelas", particularidade recollida no enterro de González López Somoza, en tempos dos reis católicos, onde rematou a autoridade da casa de Martín, porque os seus 18 cotos se destribuiron entre os seu herdeiros e todo quedou disminuido e acabado"
Para rematar a súa orixe direi que desta casa de Martín sairon moitas casa solariegas galegas que por casamento ou herdanza se dividiron aínda máis até hoxe. algunhas delas son: casa de Bóveda, de Pol, de las Cortes, de Tor, de Cereixa, de Rubián, Laiosa, Xulián, Tuimil, Torno, Mourelos e moitas máis...

Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes