Página 1 de 1

Apelidos Landeira e Vilacoba

Enviado: terça, 28 nov 2006, 17:48
por mokis
Ola,

Chámome Monica e son filla de galegos. O meu pai e avós naceron na provincia da Coruña, concretamente ao redor de Santiago. Sé que pertencen a Bentín (Concello de Ames), San Xoan de Ortoño, Biduido etc... Quixese saber a orixe dos dous apelidos: Landeira e Vilacoba.

Grazas, Adios!

Apelidos Landeira e Vilacoba

Enviado: sexta, 29 fev 2008, 01:29
por laverca
en Ames hai 41 landeira pero o apelido e de Xallas (santa comba) eu conozco moita xente con ese apelido

Apelidos Landeira e Vilacoba

Enviado: quinta, 16 out 2008, 01:40
por mokis
Grazas pola túa axuda!!! ... Agora sei que Landeira é un apelido moi común... entre outras cousas porque na miña familia somos moitos xDDD

Grazas outra vez!

Apelidos Landeira e Vilacoba

Enviado: quinta, 16 out 2008, 20:49
por mariab
Oal,
Hai 9 sitios chamados Vilacova. Hai un na parroquia de Aríns no concello de Santiago e outros nos concellos de Negreira, Trazo, A Baña e outro en Lousame. En Galiza parece que non é moi frecuente o teu apelido, só hai 360 persoas con apelido Vilacoba e só 1 Vilacova e onde hai máis é xustamente en Ames.

Podes mirar aquí os lugares que se chaman Vilacova
http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp

E para a distribución do apelido:
http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp

Combinando os resultados, podes adeviñar en que concello se orixinou o apelido. Eu esa zona non a coñezo moito.

PD: Como escribes tan ben o galego? Estudaches xa aquí?
Un saúdo

Apelidos Landeira e Vilacoba

Enviado: sexta, 31 out 2008, 13:47
por mokis
^Moitas grazas pola túa axuda!!! Os links son de moita axuda.

A miña familia axudoume a aprender a ler e escribir o galego ben mais sempre acabo necesitando a axuda do dicionario xDDD