un ferrado de apelidos V

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
refrey65
Mensagens: 48
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

un ferrado de apelidos V

Mensagempor refrey65 » domingo, 30 jul 2006, 00:32

Un ferrado de apelidos (V)
seu segundo apelido (do primeiro xa se falou no Consultorio) Martín Troitiño Concepción.
Na miña opinión é portugués e a súa forma orixinal foi Da Conceiçao. Logo, ao trasplantar a Galicia, perdería o artigo contracto e cobraría unha fasquía galega ou española. Conceiçao existe en Portugal como
nome de pía e como apelido. En ambos os casos a súa orixe é católica. Como antropónimo
evoca o episodio de cando Santa Ana ficou preñe de María e, máis tarde, evocou o feito de María ser concebida sen pecado orixinal (?sine labe originale concepta?). Supoño que a raíz de o dogma da Inmaculada
Concepción ser proclamado en 1854 aumentaría a frecuencia de uso deste nome. Naquel tempo, o de Pío IX, os poderes da Igrexa Católica sentíanse ameazados polas revolucións burguesas secularizadoras e
pugnaban por contrarrestalas en Europa, entre outras cousas, cunha ofensiva propagandística
centrada na figura da Inmaculada Concepción de María.
27. CONDE.- Usan este apelido 9.584 (GN) galegas e galegos, entre os cales o noso consultante José Conde Valcarcel. Aínda que se debeu de originar independentemente en diversos puntos de Galicia, a vila
de Allariz pasa por ser o núcleo emisor máis importante de Conde. Dado que conde se converteu nun
t í t u l o nobiliario (na Roma clásica comes xa funcionaba como xer a rquí a funcionarial) p o d é m o l o
asociar con outros apelidos, como Rei ou Fidalgo, procedentes dun alcume dos do tipo enxalzador ou
gabancioso. Hai presenza escrita de Conde ou en forma latina Comes, como segundo nome procedente dun alcuño en documentos galegos desde o século XIII, como é o caso dun Frater Martinus Conde, que aparece nun documento de Sobrado do ano 1206. O seu étimo é o latín comes/-itis ?compañeiro, o que anda con alguén?. Explican Ernout-Meillet a forma cunha análise com-it-es, moito didáctica, que implica
no asunto o verbo eo ?ir?. Aquel que ía cunha persoa importante, e na Idade Media co Rei, era comes, conde. Despois tamén ?aquel que semella un conde?.
28. CORISCO.- ?El pode ser Corisco apelido galego??- pregunta Marcia Diéguez desde o Brasil e a través da Asociación Fillos de Galegos. Non sei de ninguén en Galicia que se apelide Corisco, aínda que en Portugal
(supoño que tamén en Brasil) aparece algún citado no diccionario de Machado. Mesma palabra, diferentes significados en galego e en portugués. Na nosa lingua corisco é ?vento moi frío?. ?Corisco que tolle mas
árbores brúa?: así de forte e ben cantou o Poeta. En portugués, corisco é ?centella, lóstrego,
lampo?. Venme á memoria Deus e o Diabo na Terra do Sol, película memorable de Glauber Rocha. Nela saía, fantástico, o cangaceiro Corisco, chamado así por ser mortífero coma a fúlmina. Non reputo inverosímil
que en Galicia haxa xentes e freguesías que ao decer corisco se lles represente o raio. Como tamén coñezo en Castro Laboreiro (Portugal) unha aldea chamada As Coriscadas seguramente polo viruxe que, procedente da Pena de Anamán, soe aló entrarnos nos ósos. Vén do latín coruscus/ -a/ - um, que no v u l g a r d e ? beu d e
ir a coriscu. Xa no Appendix Probi lemos: ?coruscus, non scoriscus?. O significado clásico de coruscus
era dobre. Por unha banda ?o (vento) que fai entrechocar as ponlas?; ?aquilo que fulgura ou brilla?, pola outra. De aí saíron os actuais significados de corisco en galego e en portugués.
29. COSTOIA.- É apelido procedente da toponimia. Coñecemos nomes de lugar Costoia / Custoia en Portugal (Braga, Matosinhos, Vilanova de Fozcoa) e en Galicia (concellos de Ames, A Caniza, Silleda, Sobrado, O Carballiño, Lalín, Alfoz, Ourense, Chantada). E haberá máis. Na Idade Media aparecen documentados nomes propios de lugar Costoia/Custodia. Coma tal, na relación de propiedades dun opulento Cresconio (1010) relacionado con Celanova: ?In villa de Custodia?. Podemos pensar que o étimo de Costoia sexa o sustantivo latino custodia ?garda, prisión? derivado de custos/- odis ?gardián?. Estas Costoia serían, segundo a hipótese, lugares onde se gardaban (?custodiábanse?) propiedades mobeis ou se mantiñan presas
as persoas. Pro tamén custodia/costoia pode aparecer en textos medievais como nome común co significado ?terreo encosto, encosta?. Así ocorre nun documento de 1055- 1065 que vemos no Portugalia Monumenta
Histórica (Leges): ?... et terminun de penella per río e per costoias e per valle de piisco?. Este uso de costoia poderíanos facer pensar nun derivado de costa como xa algún supuxera.
30. COTARELO.- Este é un apelido procedente de calquera dos moitos topónimos idénticos existentes en Galicia.Será derivado de coto mediante evolución a cótaro (exist e n topón i - m o s así) na que pode verse, se se quer, a tendencia ao incremento esdrúxulo de raíz prerromana de que soe falar a escola de Menéndez Pidal (caso de cómaro). Finalmente seríalle aplicado o sufixo diminutivo latino -ellu e veleiquí cotarelo. Na lingua antita documéntase Cotarelo xa como topónimo. Poñamos por exemplo o monte Cotarellum que aparece nun escrito de Samos datado no ano 1009. Na lingua actual figura cotarelo nos diccionarios como ?a parte máis alta dun monte, bico, cume, curota, curuto? (Gran Xerais). Tamén existe, e vivísimo, o coto orixinal, coa mesma idea de ?elevación do terreo?. Este coto provén do substrato preindoeuropeo (SPRI), aparece
en asturleonés como cueto e foi estudado por Menéndez Pidal. Hoxe Elixio Rivas inclúe coto, cotarelo, e outro léxico concomitante entre as palabras de orixe ?hispanocaucásica? e faino procedente dunha raíz
*ka-t-t-, de onde unha romanización *cottu da que veñen regularmente os nosos coto e cotarelo. Armando Cotarelo Valledor foi un importante erudito e escritor en galego natural da Terra Eo-Navia, ou Asturias Occidental.
31. COUTO.- O apelido Couto vén da toponimia, onde é omnipresente. O nome común couto goza en galego de boa saúde e os seus significados posibeis sempre levan incluída a idea de ?propiedade? ou ben de
?algo que se limita para ser posuído?. A etimología que alguén propuxo para couto é o latín cautum, do verbo caueo ?velarse, precaverse?. Non semella críbel nin do punto de vista fonético-histórico nin do punto de vista
semántico. Prefiro pensar que couto provén do latín captum, logo *cauttu, do verbo capio no que se acumulan os semas ?coller, agarrar, apoderarse, ocupar, adquirir para si?, todos os cales están presentes actualmente
en couto. Derivados galego s de couto serán coutar,coutada, couteiro ?gardián dun couto, coutada ou ropiedade?. O topónimo, o apelido e o nome común Couto/couto puideron ser castelanizados en tempos como
Coto/coto, protemos que diferenciar ben esta castelanización do outro topónimo e nome común galego
correcto Coto/coto que significa cousa distinta e do que xa tratamos a propósito de Cotarelo.

X.L. Méndez Ferrín. El Faro de Vigo

Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante