Consultorio de apellidos

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
refrey65
Mensagens: 48
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Consultorio de apellidos

Mensagempor refrey65 » domingo, 30 jul 2006, 00:25

El año pasado una compañera de Fillos se tomaba la molestia de copiar para nosotros la columna sobre apellidos que tiene el escritor X. L. Méndez Ferrín en El Faro de Vigo.
Yo los he ido recopilando,aunque algunos los perdí, pero tengo la gran mayoría.
Aquí les copio los de los últimos siete sábados. Quizás sean de ayuda para alguien o por lo menos aprenderemos algo más de la rica herencia de Galicia.

Monabell Freire Troitiño
Forcarei-Panamá

Un ferrado de apelidos
Iniciamos hoxe a publicación, por orde alfabética, dunha masa de apelidos na que se inclúen os das derradeiras consultas chegadas a nós e un conxunto escolleito de algúns dos apelidos máis usados e
dalgúns dos máis curiosos. Trataremos de clarexar entre cento e cento vintecinco apelidos. Nalgúns casos
indicaremos o número de compatriotas que levan en primeiro ou en segundo lugar (ou en ambos postos) o apelido comentado valéndonos do cómputo que nos proporciona Luz Méndez (LM) ou do que nos
ofreceu Gonzalo Navaza (GN).
1. ABUÍN.- Este apelido, que usan 2.687 (LM) persoas, foi tomado dos lugares habitados chamados Abuín. Coñecemos un texto de Sobrado (ano 922) que xa fala dunha villa nomini Avolini; Avolinus do que sae Abuín. Atopámonos cun topónimo TAXL que dá lugar aun apelido. Abuín procede, pois, do nome persoal do amo da terra dito Abolinus ou Avolinus, que con b e con v d e i x o u vestigios escritos bastados na
G a l i c i a do século VIII ao XI (logo esmorece e pérdese). De onde veña o Abolinus original non é cousa fácil de determinar. Trataríase dun derivado do latín Aux. ?ancián, avó?: Avolinus sería o nome cariñoso
dado a algún velliño ou maior benquerido. Xa parece que Piel, referíndose ao grego abolus, suxería
un significado peyorativo ou degradante. Seguindo a pista, eu vou dar ao latín aboleo/-es/-eui ?destruir, borrar a memoria, aniquilar?. Terríbel significado que nos transporta ao indoeuropeo onde Julius Pokorny pon un ol-(e)- ?destruir? como extensión da raíz od- ?odio, noxo?. Non me sorprendería que algo negativo
vindo do verbo aboleo se unise cun encantador e familiar derivado de auus para nos dar o Abolinus/Avolinus que terminou nos nomes de lugar e apelido Abuín (en Portugal, Aboim). Non sei se virá ao caso o occitanismo galego medieval ávol ruín, mau? (Ramón Lorenzo). Ollo: houbo tamén un nome persoal Abolus que diu nun topónimo e nun apelido Aboi.
2. ADRIO.- Alén de Pilar Adrio, filóloga e compañeira que tanto me ten axudado no latín, teño outros amigos Adrio, como por exemplo Gonzalo, de Pontevedra. Por este apelido pregúntame Jorge Lence, desde
Ceán (Nigrán). Dígolle que, con permiso de Pilar, nos temos que remontar á Roma clásica na que atrium/-i era a ?sala principal da casa?. Parece que os cristiáns, traducindo a aulé grega, diron en lle chamar
atrium á entrada á basílica ou á basílica mesma. Daquela, xa en galego, adro converteuse en ?espazo inmediato á igrexa?, no ?sagrado? onde as meniñas de Martín Codas arrandeaban os corpos belidos en día
de festa. Como apelido, Adrio, en lugar de Adro, é semicultismo. En canto á orixe, teño entendido que Varrón colocaba esta na cidade etrusca de Atria. Na etimoloxía remota, Ernout e Meillet cren adiviñar un
antigo nome do lume. Tamén existe o apelido Atrio.
3. ÁLVAREZ.- Consúltame Marco Antonio Álvarez Solla, de Vigo, e direille que son 80.687 (LM) os
que levan Álvarez en Galicia, alén dos doutras partes da Península, incluindo o Alves máis ben portugués aínda que tamén galego. Trátase dun patronímico que funcionou como ?fillo de Álvaro? para despois ficar fixo como apelido independente. Álvarez, con diversas formas, áchase documentado en Galicia desde o século XI aos nosos días. Piel-Kremer explican Álvaro polo gótico alls que significa ?todo? en calisquer
dimensión semántica das que en alemán comportan as palabras all, jeder e ganz. Engadiríanlle war (j) ?precaución? e resultaría un Alvarus con significado orixinal, debido á dobre raíz, de ?preparado para
todo? ou algo do xeito. Os mesmos Piel e Kremer suxiren unha conexión con outra palabra gótica, ahls ?lugar sagrado?, co cal Álvaro/Álvarez se poñen misteriosos.
4. AMENEDO.- En tanto que apelido procede dun topónimo homófono abundante en Galicia, o mesmo que outros da familia como Amenal, Amedo, Amial, Ameneiral, Amenosas, Amiadelo, Amieiros, moitos dos cales tamén producen apelidos. En documentación de Celanova do século XI aparecen ameneto e amenetello, así como tamén noutros repertorios medievais. Vexamos só esta cita: ?in illas vineas qui jacent sub illo ameneto? (?nas viñas que estreman co amenedo?). Naturalmente, o topónimo Ame - nedo ten vixencia como amenedo nome común: ?lugar onde hai ameneiros?. O nome ameneiro/amieiro designa en galego a especie de árbore da familia das betuláceas alnus glutinosa. Sempre se dan onda os ríos. E. Bascuas tense detido na elucidación de ameneiro. El sinálanos que H. Krahe reconstruiu unha raíz indoeuropea *am- ?canle? que diu lugar ao nome de numerosos ríos europeos. Esta raíz resulta próxima á que dá Porkony como *iam- (ou iem-
*iom) ?cavar, escavar?. Edelmiro Bascuas, a partir de aí, localiza numerosos hidrónimos galegos derivados de *am-, raíz que pasaría de significar ?canle, escavación hidráulica, rego? a ?corrente de auga? simplemente.
Encontrámonos, por tanto, con hidrónimos galegos paleuropeos do grupo que chamamos de SPR2. relacionado con estes hidrónimos(Ames, Ambía, Tambre...) estaría un nome común de uso vivo hoxe, ameneiro, e, digo eu, se cadra outro: tamanca ?calzado para a auga?. Pensa Bascuas que o apelativo
primordial sería *ameno, que se sufixou en latín -arius/-eiro co cal sai tan campante ameneiro. De xeito que Amenedo, ?lugar abondoso en ameneiros/amieiros?, é un apelido galego de venerábel antiguidade prerrománica e paleuropea. O señor dos ameneiros, de Antonio Rodríguez Baixeras, é unha das mellores novelas da historia da literatura galega.
5. AMOR.- Usan este apelido hoxe 2.320 (LM) galegos igual que o usara Eduardo Blanco Amor. Kajanto inclúe Amor entre os topónimos latinos, naturalmente procedente do sustantivo amor á súa vez derivado do
verbo amo e de moita frecuencia de uso derivada da difusión do Cristianismo, que fixo confluir as nocións gregas de filía e éros. Pois ben, o noso apelido Amor (acentuado no o) non vén do nome latino Amor (con
acento romanceado no a) senón do topónimo Amor que procede dun (Villa) Amori, propiedade dun
señor chamado Amor. De tal TAXL proviría o actual apelido Amor.
6. ANTA.- Este apelido pode proceder de calquera das localidade chamadas Anta ou As Antas. A etimología deberá centrarse na palabra latina, xeralmente ocurrente en plural, antae/ -arum coa que se designaban as pedras verticais que encadran a porta. En Galicia, antae aplicouse ás pedras verticais dos dolmens e logo anta converteuse en sinécdoque de tales monumentos megalíticos completos.
7. AÑÓN.- Aquel que sempre foi considerado Precursor de Precursores e adiantazo da nosa literatura contemporánea, Francisco Añón, usaba dun apelido toponímico constituído a partir dalgunha entidade local
chamada Añón. A etimoloxía remota deste Añón é o latín angulus/-i (que xa no Appendix Probi aparece ulgarizado como anglus) ?ángulo, relanzo brusco dun río ou outro accidente xeográfico?. Na nosa Terra aparecen lugares Anllo, Allo, e formas diminutivas como Anlló, de anglolu, ou aumentativos en plural coma o nome de río Anllóns, de anglones. Precisamente en aumentativo, pro en singular, esta derradeira é a etimología de Añón: anglone ?grande ángulo ou relanzo pronunciado ou volta brusca dun camiño
ou dun río?.
Última edição por refrey65 em sábado, 08 nov 2014, 21:40, editado 1 vez no total.

manolo
Mensagens: 47
Registado: quinta, 21 mar 2002, 00:00

Consultorio de apellidos

Mensagempor manolo » segunda, 09 jul 2007, 02:09

Con respecto a mi apellido "Pájaro", quisiera saber si tiene alguna explicación particular.

Tengo la versión, aunque no es de mi agrado, que podría originarse durante el reinado de los Reyes Católicos (1492) en aquellos judíos que, amenazados de muerte por la Inquisición, se vieron obligados a abdicar de su religión y tomaron un nombre mas castellanizado.
Quisiera conocer su opinión


Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes