A mesma Muiñeira co diferente gaiteiro

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
luedro
Mensagens: 25
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

A mesma Muiñeira co diferente gaiteiro

Mensagempor luedro » quarta, 02 nov 2005, 21:11

Definitivamente todos os políticos galegos (uns mais, outros menos) son a mesma m.... :x

Ante todo declaro-lles que votei PSOE. Sen embargo, fai unhas semanas no programa Galicia para o Mundo escoitaba ao noso presidente da Xunta dicer que preparaba un programa de seguranza social e outras axudas para os emigrantes galegos de Arxentina e Venezuela. 8-O

Esa muiñeira xa lla ouvira a Fraga cada vez que habia eleizóns. Será que os únicos emigrantes galegos con necesidades son os deses dous paises? Será que os emigrantes galegos de México, Uruguay, Brasil, Cuba, Panamá e demáis son millonarios ou do primeiro mundo? Será que a os políticos galegos se lles acaban as ideas unha vez que chegan a sentarse na cadeira presidencial da Xunta?

Valla-me Deus! galegos con necesidades hai en toda Hispano (latino) américa. As axudas, se é que as dan, deben chegar en proporción ao volume de povoazón e a cantidade de casos de necesitados que existan; pero non asumir que a Galicia exterior se reduce a
eses dous paises. Conste que eu non necesito nengunha axuda do goberno de España ou de Galicia, pero galegos escarallados (sen can nen cadela) os hai en todos os paises. Por outro lado, penso que se queren dar-lles direitos de seguranza social a galegos emigrantes, deben dar-lla a todos....todos son galegos ou hai diferentes categorias de galegos.

Non se esquezan que...agora, a mesma muiñeira toca-a o gaiteiro do PSOE pero acompañado da pandeireta do BNG. X-D

Unha aperta a todos.

Enrique Rodríguez Álvarez
Panamá-Ourense-Lugo

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes