O Día Nacional de Galicia

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O Día Nacional de Galicia

Mensagempor cachafeiro » sexta, 25 jun 2010, 18:30

O Día Nacional de Galicia (coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega), é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.
http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_N ... de_Galicia

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O Día Nacional de Galicia

Mensagempor cachafeiro » sexta, 25 jun 2010, 19:01

A historia do Día da Patria
Puido ser en orixe unha celebración pagá celta reconvertida polo cristianismo. O pasado pérdese na escuridade de séculos, pero o futuro, como dicía Alexandre Bóveda en vésperas do 25 de Xullo do 1935, \"...o futuro é da Terra e Noso\"
\"A festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos\" Castelao
Nun 25 de xullo....
Era o ano 893 cando el-rei Afonso III lle fai doazón á igrexa de Santiago da vila de Areas. No 1311, Fernando IV concédelles aos arcebispos de Santiago o señorío sobre a cidade. En 1846, A Xunta Superior do Goberno de Galicia proclámase soberana. No 1908 redáctase o Regulamento Xeral da Exposición Rexional de Productos artísticos e industriais de Galicia. En 1909 inaugúrase en Santiago a Exposición Rexional Galega. Alí exhíbense productos artísticos e industriais de Galicia.
Pero as orixes da celebración como tal desta xornada remóntanse ao 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
A II Asemblea Nacionalista acorda institucionalizar o ‘Día da Patria o 25 do mes de Santiago’. Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política do momento, aínda que sempre co eixo central da reivindicación dos símbolos e a identidade do país.
Nos anos 21 e 22 celébrase sen obstáculos. Con liberdade e ata con certa esperanza de renovación. Coa dictadura de Primo de Rivera os anceios vense freados e o endurecemento da política impide as celebracións ata 1931. Retoman entón as Irmandades o seu discurso sobre os valores galegos. “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional”, así o definen.
* Non é unha festa máis para adourar un ídolo ou un fetixe...É a evocación das antigas arelas de liberdade, renovadas ao longo das centurias nos peitos fidalgos e nos nobres espíritos, Roberto Blanco Torres (A Nosa Terra, 1923)
* O Día de Galicia son todos, Lesta Meis (A Nosa Terra, 1924)
* O Día de Galicia será cando se faga a recolleita do sentimento do sacrificio, en que os homes se convirtan: de pai en patriota, de veciño: en irmán Varela do Campo (A Nosa Terra, 1922)
Son anos dunha ilusión que toma forma no Estatuto de 1936. Cúmprense agora 65 anos desa data sinalada na nosa historia. Logo, como dicía Otero Pedrayo no ano 36, \"para ir vivindo convén espaciar as cousas tristes. Todas xuntas afogarían ó peito máis bravo\".
O franquismo
A Guerra Civil trae moitos días de silencio, tamén para a reivindicación da patria. Paseniñamente irase recompoñendo a conciencia dende mediados de século cando se recupera a misa en galego na honra de Rosalía. Arredor dalgúns galeguistas históricos mantense vivo o facho en Compostela onde en peregrinaxe chegan os narradores e poetas da época para asistiren ao oficio de Santo Domingo de Bonaval en honor dos versos de Rosalía. En definitiva a renderlle homenaxe á voz silenciada do pobo. Na longa noite de pedra tamén as sociedades galegas na emigración manteñen acesa a convocatoria.
A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo.
Mais non é ata ben entrados os anos 70 cando se avanza outro chanzo. Chega a hora das reivindicacións da soberanía nacional. No lume dun réxime que esmorece e co ímpetu das cada vez máis emerxentes inquedanzas políticas do país, o que era un pequeno acto simbólico na intimidade intelectual dun grupo de amigos convértese nunha referencia para moitas gorxas con ánimo reivindicativo.
Cara finais dos 70, a celebración recibía nome diferente segundo as opcións políticas. Para o PCE ou o PSOE era o \'Día Nacional de Galicia\'. O PG ou o POG estreaban a denominación de \'Día da Patria\'. É no 1973 cando se empeza a utilizar o termo \"Día da Patria Galega\", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade.
Chega a autonomía...
Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, organizacións políticas e institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego. Bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebrar o Día e a colocar a bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns. Conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio día do Santiago. E por suposto, as manifestacións populares que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.
O Santiago matamouros ao que gababan os xornais doutras épocas por esas datas, dálle paso a outro Santiago ben diferente. Das malleiras da policía e as viaxes aos cuartelillos pasouse á evidencia e a normalidade da democracia que o converteu no que hoxe é unha festa cun significado especial: O Día da Patria.
http://www.vieiros.com/
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes