“a memoria é o que fai avanzar, fronte a todos os perigos\'\'.

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

“a memoria é o que fai avanzar, fronte a todos os perigos\'\'.

Mensagempor cachafeiro » sábado, 12 dez 2009, 22:49

ANTE O CONSELLEIRO DE CULTURA
O académico Rivas alerta da asfixia á lingua
Redacción . \'A boca da literatura. Memoria, ecoloxía e lingua\' foi o título do discurso de Manuel Rivas na cerimonia da súa entrada na Real Academia Galega (RAG). O acto tivo lugar este sábado na Universidade da Coruña
O novelista, entrevistado no último número do semanario ANT, interpreta o nomeamento como \'\'unha encomenda de responsabilidade e compromiso na tarefa de defender, cultivar e divulgar o idioma, o patrimonio e as expresións culturais de Galicia\'\'.
O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro lembrou que o de hoxe é o seu último acto á fronte da institución. \'\'É o mellor broche que podía ter do meu mandato; voume tranquilo porque penso que o deber foi cumprido\'\', concluíu.
No seu discurso Rivas destacou o carácter universal e vangardista da literatura galega. Martín Códax, Mendinho, Castelao, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Xulio Valcárcel, Luís Amado Carballo, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Manuel-Antonio, Lois Pereiro ou Manuel María foron algúns dos autores nomeados polo novo académico.
Na súa opinión a cultura galega sufriu longos períodos de probas \'\'semellantes á tortura da asfixia\'\' e advertiu de que existe o perigo de convertela en \'\'unha especie de parque temático, de tenda de souvenirs\'\'.
Rivas demandou que as novas xeracións deben custodiar a tradición pois “a memoria é o que fai avanzar, fronte a todos os perigos\'\'.
\'\'Vai ser que si. Que a poesía é o maior milagre do mundo\'\', concluíu o seu discurso, que escoitaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o delegado do Goberno, Antón Louro.
http://www.anosaterra.org/nova/38732/o- ... ngua-.html
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante