O paro sobe un 4,2 por cento en Galiza

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O paro sobe un 4,2 por cento en Galiza

Mensagempor pilarmabel » quarta, 04 nov 2009, 01:30

Un 2,6 por cento no conxunto do Estado
O número de parados rexistrados nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) incrementouse en 8.458 persoas en outubro en Galiza, o que supón un 4,22 por cento máis que no mes de setembro e que os desempregados no país alcancen os 208.923, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Deste xeito, outubro é o terceiro mes consecutivo no que o paro crece, tras as subidas rexistradas en agosto e setembro. A taxa de incremento da comunidade no último mes é a sexta máis elevada do Estado. En termos interanuais a subida do paro é do 24,05 por cento en Galiza, o que supón que no último ano se inscribiron no Inem 40.500 persoas.
Do total de parados en Galiza, 93.127 son homes e 115.796 mulleres. Ademais, os menores de 25 anos alcanzaron en outubro a cifra de 22.371, dos que 12.145 son homes e 10.226 mulleres.
Sectores e provincias
Por sectores, o paro rexistrado aumentou en 4.965 persoas nas actividades relacionadas cos servizos, na que o número de desempregados ascendeu en outubro a 117.006 persoas.
Un total de 1.195 traballadores déronse de alta no Inem no sector da construción, onde chegaron a 31.729; na industria foron 750 máis (até 32.018); e na agricultura incrementouse o paro en 599 persoas (até as 5.587). Ademais, o colectivo sen emprego anterior chegou aos 22.583, o que supón que en outubro se rexistraron 949 persoas máis.
Na Coruña, o número de inscritos no Inem en outubro situouse en 84.342 persoas; mentres que en Lugo ascendeu a 19.687; en Ourense a 23.457 e en Pontevedra a 81.437.
Contratos
Os contratos formalizados durante o mes de outubro en Galiza alcanzaron os 63.119, entre os que se inclúen os indefinidos, os temporais e as conversións en indefinidos. Deste xeito, a contratación reduciuse un 3,27 por cento con respecto a setembro, con 2.134 menos. En relación con hai un ano, os contratos descenderon un 13,29 por cento (9.674 menos). Do total, 57.375 foron de carácter temporal, mentres que 5.744 foron indefinidos.
O ministerio achegou tamén os datos das prestacións por desemprego, que en Galiza ascenderon en outubro a 126.761. Delas, 74.002 son contributivas, 45.973 son subsidios e 6.786 son rendas de inserción. A contía media por prestación en Galiza é de 787,9 euros mensuais e o gasto para cubrilas é de 116,55 millóns de euros.
Datos estatais
Tras a subida de outubro, o total de desempregados situouse en 3.808.353 persoas, segundo os datos achegados hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
A subida do desemprego en outubro, mes no que adoita aumentar o paro, é, con todo, case a metade da rexistrada en igual mes de 2008, cando o desemprego aumentou en 192.658 persoas, marcando o peor dato da serie neste mes. O aumento de outubro deste ano supón así o segundo peor rexistro neste mes desde 1996, que é cando comeza a serie comparábel do desemprego.
Segundo os rexistros dos servizos públicos de emprego, no último ano, un total de 990.327 persoas pasaron a engrosar as listas do desemprego, o que representa un crecemento interanual do 35,1 por cento.
Dous de cada tres novos parados, do servizos
Todos os sectores incrementaron o seu número de parados no décimo mes do ano, sendo a do sector servizos a maior subida, con 62.447 desempregados máis ( 2,9 por cento), aglutinando desta forma o 63,1 por cento dos novos parados do mes.
Tras os servizos situáronse a agricultura, con 11.899 desempregados máis ( 12,4 por cento); o colectivo sen emprego anterior, que sumou 9.953 parados ( 3,5 por cento); a construción, que gañou 8.802 desempregados ( 1,2 por cento), e a industria, onde o paro repuntou en 5.805 persoas ( 1,1 por cento).
En termos interanuais e en valores absolutos, os servizos tamén son o sector peor parado, cun incremento do desemprego de 557.911 persoas ( 33,9 por cento), por diante da construción, que gañou 177.227 parados desde outubro de 2008 ( 32,8 por cento).
Sobe en 16 comunidades
En outubro, o paro subiu en 16 comunidades, encabezadas por Andalucía e Castilla–La Mancha, con 20.870 e 12.408 desempregados máis, respectivamente, e unicamente baixou nas Canarias, con 750 desempregados menos.
Por provincias, o paro descendeu en catro delas, principalmente en Almería (-2.010 parados) e Castellón (-1.063), e subiu nas 48 restantes, lideradas por Madrid ( 11.074 parados) e Baleares ( 9.567).
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O paro sobe un 4,2 por cento en Galiza

Mensagempor pilarmabel » quarta, 04 nov 2009, 01:32

Devolven o país á \'situación de hai 10 anos\'
A Xunta admite que as cifras do paro son \'malas\'
Redacción . A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, cualificou hoxe de \'malo\' o dato do paro de Galiza en setembro, cando aumentou en 5.224 persoas (un 2,68 por cento), e sinalou que \'devolve\' a comunidade \'á situación de hai 10 anos\'.
Díaz, que compareceu en rolda de prensa para analizar as cifras feitas públicas hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración, apuntou que as cifras \"evidentemente non son boas\", aínda que destacou que setembro adoita acusar o descenso na contratación do sector servizos no período estival.
As previsións para o trimestre final do ano, dixo, \"son, en principio, malas\", pois \"tradicionalmente\" aumenta o desemprego. Así mesmo, apuntou que a fin dos investimentos do Plan E posto en marcha polo Goberno central \"vai producir tamén un incremento\" no número de parados.
A directora xeral de Formación e Colocación explicou que tamén se produciu unha redución no número de autónomos dados de alta, que foron 419 menos (-0,18 por cento). \"Non é o sector no que se produce un maior descenso\", sinalou, pero esta menor inscrición \"reflexa peches de negocios\".
Parados sen prestacións
Ademais, cifrou nuns 80.000 persoas as que non cobran na actualidade ningunha prestación por desemprego en Galiza, ben porque xa esgotaron as que lles correspondían ou ben porque aínda non adquiriran o dereito de percibilas. Os cálculos son, agregou, que entre xaneiro de 2009 e febreiro de 2010 \"15.000 persoas quedarían sen prestación ou subsidio\".
Díaz chamou a atención achega do \"aumento significativo\" entre os demandantes sen emprego anterior anotados no Inem en setembro, que foron 1.808 en Galiza. \"Non é normal que en setembro tantas inscricións\" neste colectivo, asegurou e vinculouno coa incorporación de mulleres que nunca buscaran traballo, pero dada a crise económica, si o fan agora.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes