Página 1 de 2

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: terça, 17 fev 2009, 12:46
por casdeiro
Lamentable e doroso ver que tan destacados intelectuais galegos reclaman que se retire o dereito a voto aos galegos da Diáspora:

http://www.vieiros.com/nova/72068/se-resides-decides

:'(

Non vos parece unha traición a esa metade da nosa Nación Mundial que reside no exterior? Non vos parece un acto unilateral de repudio e de secesión?

Defendamos , compañeiros!!!

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: terça, 17 fev 2009, 12:56
por casdeiro
Desde aquí fago un chamamento a contestarmos esta plataforma constituíndo outra que reinvindique o dereito á participación política dos galegos do exterior, unindo a todos os colectivos da Diáspora e aos galegos que residindo en Galiza non queren desposuírnos da nosa galeguidade política.

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 00:49
por mariab
Eu só quería como galega sen ningún vínculo coa emigración, solidarizarme coas persoas que viven fóra das nosas fronteira. Paréceme completamente inxusta esta iniciativa e ademais un motivo de desencontro máis entre a Galiza de aquí e a exterior.
Un saúdo a todos

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 09:48
por casdeiro
Grazas por ese apoio "desde dentro", María. Os que queren prantexar isto como un enfrontamento entre os de fóra e os de aquí pechan os ollos a persoas coma ti que non comungan cos seus excluíntes argumentos.

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 09:51
por casdeiro
Segundo informan, "a iniciativa aspira a dar resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercicio do dereito a voto

Será interesante ver como artistas como Uxía Senlle ou Ugía Pedreira (asinantes desa trangallada) van actuar a países onde hai unha importante presenza na Diáspora e lles din iso ao público que asista velos: "Como o voso único vínculo co país é votar, aquí vos vimos cantar unhas bonitas cancións coas que non atoparedes vínculo algún". Manda carallo!!!! Que noxo. Que decepción de xente!!! :x

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 15:35
por xestor
Precisamente sobre este tema, onte fíxome unha nota Cristina Souto, xornalista do Xornal de Galicia (foi publicada hoxe) onde eu falaba (entre outras cousas) do tema do voto emigrante. Eu creio que ou voto e unha dás formas mais validas e sentidas dá diaspora de "pertencer", de "ser parte". Se cadra, é discutible as formas, pero e ou noso dereito, esta na Constitución, asi que polo menos nese sentido, eu estou tranquilo de que non se perdera o dereito ao voto. Saudos!

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 16:56
por casdeiro
Que lamentable que persoas tan importantes para a cultura galega como Manuel Bragado se aliñen con estas posturas demagóxicas! Vid. http://bretemas.blogspot.com/2009/02/se ... cides.html

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 16:58
por casdeiro
Na segunda, a plataforma traballará para que a nova lei contemple as súas reivindicacións, que cré son compartida pola esmagadora maioiria da sociedade galega.

Loxicamente esta xente non nos considera parte da "sociedade galega". Que insultante e que tremenda inxustiza histórica!

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 18:44
por cachafeiro
E ó voltar, ¿qué che hei decir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.


Gastáronse litros de tinta e miles de papeis, para nada.
Quixeron reflegar a dor, a tristeza, a miseria e o medo, para nada.
Sento verguenza, rabia, indignación, rifa.
Agora xa non a chamarán "galega" á miña nai. Agora, un grupo de paisanos que se din intelectuais e profecionales, pretenden que leve o nome de "apatrida" ou sexa NINGUÉN.

Xa non importa se esa lei ou o que carallo queren, fágase realidade ou non.
O que importa é que galegos neguen a galegos.
O dano xa está feito.


Alexandra Cachafeiro Camiña

Quérennos quitar o dereito a voto!!

Enviado: quarta, 18 fev 2009, 20:49
por xestor
Alexandra, no nos quitaran el derecho al voto, ya que en España el principio de igualdad ante la ley está establecido en artículo 14 de la Constitución:

Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquiera otra condición o circunstancia personal o social.

Este principio constitucional es demasiado fuerte... que se puede regular de otra forma el derecho al voto? Pues claro, puede cambiar... pero que tenemos derecho al voto, lo tenemos, eso es seguro! Saludos!