As nosas reclamacións en Radio Voz

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

As nosas reclamacións en Radio Voz

Mensagempor casdeiro » quinta, 15 jan 2009, 11:58

Temos que agradecer a Radio Voz a posibilidade de hoxe intervir eu en representación de Fillos de Galicia e poder falar do que vimos demandando en relación ao dereito a voto dos galegos da diáspora (vid. o noso último que hoxe precisamente fai 1 ano), e poder pedirlles aos representantes dos 3 partidos que actualmente ocupan o Parlamento Galego (Rodríguez Miranda do PP, Iago Tabares do BNG e Marisol Soneira do PSdeG) máis coherencia co seu tratamento e declaracións acerca desta cuestión, que se atrevan a prantexar xa as reformas precisas que demandamos nós e outros colectivos, e que deixen a demagoxia de lado cando falan de que o 13% do censo (menor en realidade porque ten unha taxa de participación máis baixa do que o resto do censo) que corresponde aos galegos do exterior, determina ou decide nas eleccións. Tamén pedimos que non se poña en relación o dereito a voto con cuestións que nunca se prantexarían en relación ao voto dos residentes en Galicia: coñecemento do país, cotización fiscal, etc.

Esperemos que terlles falado directamente e non por medio de Internet, e diantes duns micrófonos que trasmitiron hoxe a posición de cada quen a milleiros de galegos, serva para que corrixan as posturas discriminatorias que ata o de agora tuvieron cos galegos da diáspora, que somos tan galegos e con tantos dereitos como os demais e non permitiremos cidadanías a medias ou de segunda categoría.

Grazas de novo, Radio Voz, e especialmente a Fernando Molezún, o conductor do programa.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

As nosas reclamacións en Radio Voz

Mensagempor casdeiro » quinta, 15 jan 2009, 12:02

Do que puiden escoitar do programa gustoume que Marisol Soneira mencionase o do voto electrónico, que polo que dixo, lle parecía ridículo ao BNG (??!!). Quero engadir que o DNI electrónico e as leis de sinatura dixital en vigor en España permiten a votación por medio de Internet coa máxima garantía, e que calquera atranco a esta posibilidade non ten ningunha xustificación. Deamos as maiores garantías, depuremos censos, e fagamos todo o posible para que se normalice a situación do voto da diáspora.

E a ver a , tanto en Compostela como en Madrid... ou é que temen o que poida demandar un Grupo Parlamentar propio da Diáspora? ...Se cadra si.

theo
Mensagens: 29
Registado: sexta, 28 out 2005, 17:18

As nosas reclamacións en Radio Voz

Mensagempor theo » quinta, 15 jan 2009, 15:41

¿Como está Ud. Casdeiro? La diáspora italiana en Argentina ha logrado ubicar representantes en el Estado italiano. Claro que pueden Uds. pensar en generar un Grupo Parlamentario propio integrado también con emigrados de vuestra tierra o con sus descendientes, siempre y cuando califiquen. Un abrazo.

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

As nosas reclamacións en Radio Voz

Mensagempor crisanto » quinta, 15 jan 2009, 23:53

Estou de acordo con todo o que se di no manifesto. Eu fun un dos que votou a favor. Agora sería interesante ter unha ligazón para poder escoitar o que se dixo no programa de radio se é que esta dispoñible na rede.
¡Ánimo e adiante ata logralo! A ver se dunha vez se lles abren os ollos e empregan o sentido común (que din que é o mais común dos sentidos) e se deixan de tantas parvadas, porque parece que só queren e sacar proveito para as súas formacións políticas e non atendelas rogas do pobo.

Saúdos


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes