Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor anavilat » segunda, 25 fev 2008, 15:48

Andan por Compostela a promocionar o Voto Nulo có lema Goberne quen goberne, Galicia non se vende. Para min é a mellor opción nestas eleccións... unha boa patada no cú a todos os políticos. }:-@
¿Qué vos parece?

http://es.wikipedia.org/wiki/Voto_nulo

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor xestor » terça, 26 fev 2008, 12:55

Lembramos que hai no que estamos poñendo os partidos que se presentan a estas eleccións xerais e as posturas dos principais perante as nosas cuestións, no

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 27 fev 2008, 00:08

A min o voto nulo paréceme unha maneira perfectamente lexítima de protestar contra todos os partidos.

Polo visto hai bastante xente de esquerda que se sinte traizoada polo goberno PSdeG-BNG e tería sentido que lles retirasen o seu voto. Claro que terán medo que gañe o PP en España. Poden pensar que hai outros partidos de esquerda, p.ex. Esquerda Unida-IU, que coido hai moito tempo que non saca deputados por Galiza, se é o que os sacou algunha vez desde os tempos do PCE.

Tamén hai outros partidos minoritarios, con menos posibilidades de obter deputados.

Pero se todos os manifestantes que foron á manifestación de Galiza Non Se Vende, votasen a outra opción política, tería bastantes posibilidades de obter unha representación aínda que fose pequena e mandar un deputado (ou deputada) a Madrid.

Por outro lado, o voto nulo en plan "voto bronca" dos arxentinos é moi léxítimo en democracia (ou nisto que lle din democracia que temos). En 2001 votaron en ARxentina a Mickey Mouse ou a Bart Simpson: http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/1598855.stm Por que non aquí cun lema protesta como o que dixo Ana?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 27 fev 2008, 00:11

Tirado da páxina da Wikipedia á que apuntou moi pertinentemente Ana:

no influyen en la elección de los candidatos, pero sí constituyen un importante parámetro de la medida de la legitimidad política, tanto del sistema electoral vigente, como de los candidatos de un determinado país.

Polo tanto se pensamos que o que está mal é o sistema electoral e non hai candidatos que nos satisfagan... por que non expresalo así?

A diferenza do voto en branco ou da abstención, este tipo de voto pódese saber a súa medida, porque aínda que non se contabilicen, os cidadáns presentes nas mesas, poderán contar a maior ou menor presenza deste voto, e mesmo aparecer nos sondeos a pé de urna: "Vosté que votou? PP, PSOE, BNG...?" "Non: eu votei 'Galiza non se vende'" ;-D

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 27 fev 2008, 00:15

Outra parte interesante:

medio de protesta por algunos ciudadanos que no creen en el régimen político o en el sistema electoral que se encuentra vigente en un país, como es el caso de los anarquistas, o bien porque no se sienten representados por ninguna de las opciones electorales que se les ofrecen.

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor fridamarga » quarta, 27 fev 2008, 14:27

Por outro lado, a situação é delicada uma vez que, muit@s Galeg@s não se revêem em nenhuma das formações políticas presentes às eleições. Na verdade, o número extraordinariamente exagerado de organizações candidatas é abraiante e fonte duma mais que certa dispersão de forças considerável...

E isto, não será bom para a Galiza, nem, evidentemente, para @s Galeg@s...

Também, se os eleitores descontentes com o PS de G e o BNG, sendo maioritariamente de esquerda, forem castigar dessa forma os que não cumpriram, deverão esperar que, aguardando do outro lado da moeda, esteja, como ave de rapina, a direita revanchista com um plano maquiavelicamente traçado para melhor aproveitar o descrédito da esquerda...

E, os descontentes, ao abster-se ou votando nulo, estarão, tacitamente, a colocar a direita no poleiro, de novo...

Antevê-se, assim, uma situação perigosa para a frágil e deficiente democracia tão
custosamente retomada.

O direito ao voto, inalienável do exercício duma cidadania legitimamente livre, tem sido conquistado, nalguns casos, à custa da vida de mártires da nossa história recente.

Exercê-lo, acarreta grandes responsabilidades a@s eleitores.

Não serei eu quem diga a@s Galeg@s como devem votar.

Porém, face às opiniões aqui registadas, considero meu dever expressar uma reflexão sobre o assunto.

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor gallaecia » quarta, 27 fev 2008, 17:31

o voto nulo ten un problema grnade ao meu entender, que ao final levan o teu voto os partidos máis votados, é dicir, o PP e o PSOE, os dous partidos do estado, estáche a cousa complicada...

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 27 fev 2008, 23:40

gallaecia Escribeu:o voto nulo ten un problema grnade ao meu entender, que ao final levan o teu voto os partidos máis votados, é dicir, o PP e o PSOE, os dous partidos do estado, estáche a cousa complicada...

Penso que estás errado, compañeiro: o voto en branco é o que vai para o máis votado. O nulo non se reparte: é unha especie de abstención pero activa e con mensaxe. Xa liches a páxina que apuntaba Ana?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » segunda, 03 mar 2008, 23:18

Reproduzo unha interesante mensaxe que me fixeron chegar hoxe ao meu mail persoal, e que ten bastante que ver co que viñamos falando:

A PERVERSIÓN DO VOTO ÚTIL

O próximo día 9 de marzo estamos todos os cidadáns con dereito a voto, convocados a asistir ás urnas para elixir aos nosos representantes no Congreso dos Deputados e no Senado como vimos facendo desde fai 30 anos que se instaurou a democracia no noso País. Aínda que desde entón o sistema democrático non foi totalmente desenvolvido, teño que dicir que nos últimos anos houbo un retroceso importante.
No seu art. 14 parágrafo primeiro, A Constitución di: "os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".
Pois ben esa parte tan importante non se está cumprindo como podo demostrar a continuación: A actual Lei electoral é totalmente inxusta con ESQUERDA UNIDA como o demostra o feito de que un Deputado do PSOE e do PP. Para ser elixidos necesite aproximadamente 60.000 votos, con todo, un de ESQUERDA UNIDA necesita 240.000 votos o que claramente marca unha diferencia negativa para os nosos votantes e o noso voto vale a cuarta parte que o dos outros.
Na última lexislatura a proposta de EU e co apoio do PSOE tratouse de cambiar esta Lei, non sendo posible debido á oposición de CIU, PNV, PP, CC. ER e BNG. Por se isto non fose suficiente, unha vez máis se trata de coartar a liberdade das persoas apelando ao voto do medo pedindo o "voto útil". A mensaxe é claro "votante de EU, para evitar que gañe a dereita é necesario que non votes segundo a túa vontade, senón que debes de reforzar ao PSOE dándolle o teu voto aínda que non che guste" Pero claro, esta situación ademais de ser perversa, minte descaradamente posto que nestas eleccións, onde hai un Deputado pendente dunha pequena marxe de votos, está sendo disputado entre o PP e ESQUERDA UNIDA, o que supón que se algún votante de EU cambia o seu voto ao PSOE dálle o Deputado ao PP.

Hai ademais outra lectura, todos os votos de EU en España computan para chegar a unha porcentaxe mínima (5%) para conseguir Grupo Parlamentario o que significa non ter que compartir o tempo das súas intervencións nas Cámaras.

Outra anomalía que se está dando nesta Campaña é a dos debates televisados dos que foi excluída EU sen ningunha razón legal, posto que son as tres únicas forzas que se presentan en toda España. Ademais nas semanas anteriores houbo unha campaña publicitaria destes debates que non foi outra cousa máis que publicidade gratuíta a maiores para PP e PSOE.
EU fai propostas favorecedoras para a vida das persoas e para mellorar é necesario que os ricos paguen impostos e o PSOE e o PP falan de todo o contrario. Se o Estado non ingresa diñeiro, este non pode investir en melloras para os mais desfavorecidos.

Un exemplo:
Se unha persoa gaña 6000 euros ao mes e rebáixanlle un 2% do IRPF afórrase 120 euros (20.000 pesetas) Se un traballador que gaña 600 euros ao mes rebáixanlle o mesmo 2% afórrase 12 euros (2000 pesetas) a ¿quen benefician máis? E xa non falamos de quen gaña millóns ao mes.

Outro exemplo:
A devolución dos 400 euros: Se hai dúas persoas e unha gaña 600 euros ao mes e outra 3000, á que mais cobra, devólvenlle os 400 euros pero ao que ten un pequeno soldo non lle devolven nada posto que non tivo que facer a declaración aínda que sí lle retiveron a porcentaxe correspondente.

Cidadán, se queres votar Esquerda, só tes a opción de Esquerda Unida como o demostra a politica do bi-goberno galego. Viche algunha diferenza entre os comportamentos do Goberno PSOE-BNG co do PP? rebaixaron o tempo nas listas de espera do SERGAS? melloraron as listas do paro a pesar dos bos resultados económicos?. No concello da Coruña, está gobernando a esquerda? Desde que entrou o BNG xa non hai problema co tranvía, coa privatización de servizos, cos prezos dos parking, co ascensor ao Monte de San Pedro, co topónimo, etc. ¿Cantas vivendas Sociais constrúense desde que están gobernando PSOE-BNG?. ¿Alguén cre de verdade que se estivese ESQUERDA UNIDA neses gobernos pasaría o que está pasando?.

Coruñeses, pensádeo ben, o voto útil para as persoas é o voto a ESQUERDA UNIDA, nós defendemos dereitos e xustiza para as persoas, eles privilexios.

Saúde e República

José Manuel Sánchez Mesejo

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Outra alternativa!!! Voto nulo!!!

Mensagempor casdeiro » segunda, 03 mar 2008, 23:41

anavilat Escribeu:Andan por Compostela a promocionar o Voto Nulo có lema Goberne quen goberne, Galicia non se vende.

Seica lle chaman algúns a esta iniciativa Voto pola Terra ;-)

De momento non sei de ningún colectivo que a apoie oficialmente. Se me enteiro de algo xa volo conto aquí.


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante