Página 1 de 1

Os políticos e a lingua

Enviado: sexta, 03 jun 2005, 22:08
por xana
(Non sei se este tema ten que estar no subforo de lingua ou de política, púxeno nos dous por se a alguén lle interesa.)


Atopei hoxe un artigo na Voz de Galicia sobre o galego dos candidatos ás eleccións galegas que pareceume moi interesante: cinco filólogos da USC, UDC e UVigo destacan os erros dos políticos ao falaren en galego.

Un dos filólogos califica o galego de Emilio Pérez Touriño (o líder socialista) de «absolutamente desastroso e calamitoso»: aspira o -s como os andaluces, usa moitos castelanismos (como ciudadanos no canto de cidadáns), non distingue as vocais abertas e pechadas, coloca mal os pronomes átonos e non pronuncia ben o x.

Fraga (Partido Popular) emprega tamén algúns castelanismos, pero non tantos. Nótaselle que é da Terra Cha polo plural en -ós (pantalós en vez de pantalóns) e faiga por faga. Segundo o artigo, "tiene el gallego más cercano, «de paisano», y con algunos rasgos dialectales de Vilalba. Eso sí, los expertos coinciden en que su vocalización es bastante pobre, encabalga palabras y en algunos casos coincide con Touriño al colocar mal los pronombres átonos."

E, por último, Anxo Quintana (Bloque Nacionalista Galego) emprega a conxunción -i, e como no caso de Fraga os dialectalismos reflicten a súa orixe ourensá: tú , il , iste , eiquí , camiós , soluciós. É o único que di Galiza.

Os filólogos coinciden en que Fraga e Quintana son os que mellor falan galego, pero que deberían mellorar.

(O artigo enteiro en http://www.lavozdegalicia.es/especiales ... &CAT=39171 )

Os políticos e a lingua

Enviado: quarta, 08 jun 2005, 16:06
por beltram
Olá, eu vou engadir outro link a um artigo encol do mesmo tema do que gostei moito. Aí o vai:

http://www.galicia-hoxe.com/index.php?o ... &Itemid=47

Os políticos e a lingua

Enviado: quinta, 09 jun 2005, 12:13
por xana
Ola Beltram, moitas gracias polo link, a verdade é que é moi interesante!