Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

O Taboleiro de Fillos de Galicia. VI Etapa inaugurada en 2014.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor xestor » quinta, 13 nov 2014, 13:27

Benqueridos compañeiros da nosa Comunidade Virtual. Hoxe é un día moi importante porque vimos de recuperar o noso Taboleiro e con el, a nosa Comunidade Virtual, que desde o paso a Fillos 5.0 estaba certamente inoperativa, pois non se chegaran a recrear os grupos de Fillos dentro dos foros de Blogaliza.

Advertimos de que as mensaxes que foran publicadas dentro deses foros de Blogaliza na etapa 5.0 non puideron ser recuperadas. Tivemos que sacrificalas para poder restaurar o 99% das demais mensaxes, é dicir, da nosa etapa previa a Fillos 5.0. Por tanto Fillos 6.0 parte, no que atinxe ao Taboleiro, da versión 4.0 e non da 5.0.

Tamén é probable que determinados códigos internos das mensaxes foran modificadas polas diversas migracións sufridas polos contidos, p.ex. no relativo a listas, citas (quoting) doutros usuarios, tabelas, imaxes incrustradas, aspas, ligazóns (sobre todo as internas, é dicir as que apuntaban desde unha mensaxe ou fío do foro a outro), etc. Os propios autores poderán corrixilas, se o consideran necesario. Lamentamos as dificultades que impliquen eses fallos dos códigos para a lectura das vellas mensaxes. :(

Esta á 6ª encarnación ou etapa do Taboleiro. A 4ª xa fora notificada no noso blog, en 2005, e a 5ª correspondería ao formato BBPress que fora creada primeiro no noso propio servidor e despois trasladada a Blogaliza, integrándose cos foros deste web (poderiamos chamala a etapa 5 bis ou 5 e media).

Iremos notificando a partir de agora a reactivación do Taboleiro e con el, da propia Comunidade Virtual de Fillos, que agora terá o seu núcleo principal nestes recuperados foros. Calquera comentario, dúbida ou problema que achedes, comunicádelo, p.ex. mediante resposta a esta mesma mensaxe ou escribíndonos aos nosos enderezos de contacto: http://fillosdegalicia.blogaliza.org/contacta-connosco/

antoniogaliza
Mensagens: 4
Registado: segunda, 16 mar 2009, 00:27

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor antoniogaliza » sexta, 14 nov 2014, 16:29

Alo, ola logo:

¡Estamos ben por eiquí os 37...!
Iso dixeron os mineiros antes de lles rescatar polo inefable Piñera.
Desas hai dabondo por eiquí abaixo, piñeras e mineiros.

Pois parabéns á nova andaina deses Fillos da diáspora galega e agora tamén castelá.
Estaremos informando agás que comentando dende o sul do sul, non tanto ho!

Apertóns dun madrleño jalejo-mapuche e emijrado en Curacautín, novena rexión de Chilito lindo.
Cuidádevos alí por riba do portujal.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor xestor » sexta, 14 nov 2014, 16:38

Saúdos, Antonio.

Grato lerte por aquí de novo. Esperamos que che serva o restaurado Taboleiro como un nexo adicional para te manteres en contacto con esta que tamén é a túa terra.

Unha aperta.

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor pilarmabel » sábado, 15 nov 2014, 20:42

Parabens!!!!!!! por aca estaremos de novo ;)
unha aperta

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 358
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor rubi » sábado, 15 nov 2014, 20:54

Boas tardes dende Bos Aires, Aquí unha galega feliz de volverse a atopar coa súa xente. A poñerlle ganas e darlle vida ao noso querido e inesquecible TABOLEIRO !!! Apertas

mcriscam
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 18
Registado: quinta, 23 nov 2006, 15:59
Localização: Argentina, Lomas de Zamora, Provincia de Buenos Aires

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor mcriscam » sexta, 21 nov 2014, 03:10

Hola!!!!! y qué alegría volver a encontrarlos!! Había perdido contacto con ustedes y mucho les agradezco que me hayan incluido.
Soy María Cristina Do Campo San Martín, gallega de Lalín y argentina de Buenos Aires. También ciudadana española ya desde hace unos años gracias a la ley de memoria histórica que permitió que se incluyera a los nietos.
Mi abuelo llegó a Argentina el 10 de diciembre de 1902, en el barco PFALZ, puerto de origen Villagarcía.
Deseo seguir el contacto, que surjan temas, opiniones, comentarios y compartir raices, para los que estamos de este y del otro lado del oceano!!
Muchas gracias por el trabajo del Taboleiro de Fillos de Galicia! y gracias x la bienvenida!
Una aperta y beixiños!!
María Cristina

danrebon

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor danrebon » sexta, 21 nov 2014, 11:18

Noraboa compañeiros, e para o que estades na capital do Reino en Madrid pongome a vosa dispocison para xuntarnos.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Para Xuntanzas...

Mensagempor xestor » sábado, 22 nov 2014, 09:37

Ola, Danrebon, e grazas.

Para o tema de realizar xuntanzas entre os membros de Fillos que vivides en cada lugar, lémbroche que temos un foro específico dentro do Taboleiro: viewforum.php?f=23 Podes deixar alí anuncios ou propostas de encontros.

Saúde!

branco
Mensagens: 1
Registado: quinta, 19 abr 2007, 12:35

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor branco » terça, 02 dez 2014, 10:49

Ánimo e adiante.
Saúdos.

mcriscam
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 18
Registado: quinta, 23 nov 2006, 15:59
Localização: Argentina, Lomas de Zamora, Provincia de Buenos Aires

Re: Inauguramos a etapa 6.0 de Fillos!!

Mensagempor mcriscam » terça, 02 dez 2014, 20:53

Me alegro y los felicito por esta nueva etapa. Hace varios años participaba yo también en este foro y consulté por temas vinculados con la nacionalidad española. Quiero compartir que ya hace más de dos años obtuve la nacionalidad española, como vecina de Lalín y que para las autoridades españolas mi apellido cambió a Do Campo San Martín.
Espero de este espacio se convierta en un lugar de encuentro fraternal.
Muchas gracias!

una aperta,

María Cristina
[i]Maria Cristina Do Campo San Martín[/i]
Lomas de Zamora, Provincia de Buenos Aires, Argentina
info@mariacristinacampo.com.ar
mcriscam@gmail.com


Voltar para “Xeral”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante