Idioma
Conectados
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Taboleiro
| 17 de maio: Dia das Letras Gale... | (1) | |
| por sbaezagar... | ||
| El Abuelo Ricardo | (2) | |
| por sbaezagar... | ||
| Don Modesto Bermúdez, el colcho... | (1) | |
| por sbaezagar... | ||
| 17 de maio: Dia das Letras Gale... | (1) | |
| por sbaezagar... | ||
| Fillos na manifa do 18 | (5) | |
| por Silvine | ||
| Faltounos un Zapukai no Teatro ... | (0) | |
| por Xosenri | ||
| OTRA VEZ LA INMIGRACION | (0) | |
| por Rubi | ||
| A lingua celta dos nosos anterg... | (20) | |
| por californi... | ||
| A lingua celta dos nosos anterg... | (20) | |
| por californi... | ||
| Super chistes gallegos, de Pepe... | (24) | |
| por Bre0gan | ||
| Fillos na manifa do 18 | (5) | |
| por Bre0gan | ||
| ORIGEN | (11) | |
| por carlosmon... | ||
| ORIGEN | (11) | |
| por carlosmon... | ||
| Familiares Calvo Villar en Urug... | (1) | |
| por XoanaBelt... | ||
| Fillos na manifa do 18 | (5) | |
| por Admin | ||
Sección recomendada en Fillos.org
Enviado por: Admin o Mércores, 14 de Maio de 2008 - 13:13:35 (CET)
Vimos de detectar e amañar un problema co acceso ao Arquivo de novas do portal, que está ligado desde a nosa sección O concello. Agora xa se poden consultar correctamente todas as novas e contidos organizados por data, que foron sendo publicadas neste portal.
queres comentar? (131 lectores)
Enviado por: Admin o Mércores, 14 de Maio de 2008 - 09:45:02 (CET)
Por problemas co novo batepapo (inaugurado hai apenas 2 meses), que saíron á luz a causa do comportamento inaxeitado dalgún membro nel, volvemos á anterior versión, que permite gravar as conversas e deixar traza de todo o que sucede. Lamentamos as melloras que se perden ao ter que revertir á anterior versión, pero coido que é preferible para manter a paz na nosa comunidade e non dar pé a comportamentos agresivos. Sabemos que o habedes comprender.
1 Comentario (160 lectores)
Enviado por: Admin o Martes, 13 de Maio de 2008 - 12:48:11 (CET)
Como continuación da publicación da nosa Antoloxía Poética da Diáspora Galega, e tras pormos en marcha a lista LIRICA-L para colaboración entre os autores da mesma, hoxe vimos de crear o esperado blog onde participarán os devanditos autores e outros que se nos queiran sumar. Esperamos que o visitedes e deixedes os vosos comentarios. queres comentar? (129 lectores)
Enviado por: casdeiro o Sábado, 10 de Maio de 2008 - 00:00:00 (CET)
De entre as palabras de orixe indoeuropea prerromanas que se conservan aínda na nosa lingua, velaquí tedes un listado tirado do libro "Estudos filolóxicos galego-portugueses" do filólogo e lexicógrafo Isaac Alonso Estravís.
queres comentar? (292 lectores)
Enviado por: Admin o Xoves, 01 de Maio de 2008 - 16:03:28 (CET)
Neste día en que comezaba ao verán para os nosos antergos, en que se celebran a festa tradicional dos Maios, a festa do deus Bel, en que celebramos a nosa conquista de Irlanda... en Fillos de Galicia queremos estrear publicamente 2 novos proxectos: Nomes-Galegos.info e Debulla.info.2 Comentarios (878 lectores)
Enviado por: Admin o Luns, 28 de Abril de 2008 - 12:03:07 (CET)
A Asociación Cultural Fillos de Galicia, soporte deste portal e comunidade virtual e de todos os demais proxectos que nacen dela, ven de acadar unha cifra histórica de afiliación (60 socios). Malia ser moi baixa con relación á cifra de membros que desfrutan de balde os nosos servizos (xa case 5.750), conseguimos aumentar a taxa de compromiso a un interesante 1,05%. Grazas aos que dades este paso e vos convertides de simples membros a socios de pleno dereito da nosa organización! Grazas a vós é que todo isto é posible.
queres comentar? (529 lectores)
Enviado por: redaccion o Venres, 25 de Abril de 2008 - 00:00:00 (CET)
As cantigas de escarnio e maldicir proveñen da confluencia dun xénero provenzal que recibía o nome de sirventés, cunha tradición satírica autóctona de carácter oral.
queres comentar? (584 lectores)
Enviado por: Admin o Sábado, 19 de Abril de 2008 - 12:19:12 (CET)
Tras o ataque que sufriron durante unhas horas as nosas páxinas esta semana, vimos de realizar modificacións para mellorar a seguridade de Fillos.org e outros dos nosos webs e mais dos clientes do noso servizo RedeGalega.org. Se observades que algunha páxina dos nosos webs non funciona correctamente tras estes cambios (como lle pasou durante unhas horas á nosa tenda por exemplo), pregámosvos nos avisedes a
xestor ARROBA fillos PUNTO org. Grazas.4 Comentarios (732 lectores)
Enviado por: redaccion o Xoves, 17 de Abril de 2008 - 00:00:00 (CET)
Algúns estudiosos, ao trataren das orixes da cantiga de amor, falan da existencia de certa tradición autóctona de cantigas populares dedicadas a mulleres e de motivo amoroso. Non obstante, a influencia máis determinante nas nosas cantigas de amor é a cançó provenzal. Así o chegaron a manifestar, de feito, algún dos nosos trobadores. Unha cantiga do rei don Dinís comeza dicindo:
queres comentar? (729 lectores)
Enviado por: Admin o Mércores, 16 de Abril de 2008 - 14:08:42 (CET)
Durante unhas horas un troiano estivo infectando as páxinas deste portal. Agora está eliminado e pódense volver visitas as nosas páxinas con total seguridade, pero aínda así, ata que analisemos os efectos deste troiano, aconsellamos a todos os usuarios vivamente que non o visiten usando Internet Explorer 6. Desde sempre, por motivos de mellor utilización e protección, aconsellamos usar outros navegadores: p.ex. desde http://mapa.fillos.org tedes un banner que vos permite descargar o recomendable Firefox. Pregamos desculpedes as molestias.
queres comentar? (807 lectores)
Enviado por: casdeiro o Mércores, 09 de Abril de 2008 - 00:00:00 (CET)
Quero compartir convosco este simpático poema de Manuel María (do seu libro Terra Chá), no que lle fala a unha árbore galega que emigrou para o País Vasco.
queres comentar? (693 lectores)
Enviado por: redaccion o Xoves, 03 de Abril de 2008 - 00:00:00 (CET)
As anduriñas traen a boa fortuna ás casas onde fan o niño e por elo non llo destrúen, antes axúdanlles a que teña máis firme nas vigas dos corrais ou no balcón da casa.
Nota do Editor: Fonte: “La Galicia insólita. Tradiciones gallegas” de Antonio Fraguas y Fraguas.
www.rios-galegos.com
www.rios-galegos.com
3 Comentarios (1140 lectores)
Enviado por: redaccion o Martes, 01 de Abril de 2008 - 00:00:00 (CET)
As cantigas de amigo constitúen o xénero máis enxebre da nosa lírica medieval. Aínda que todos os poetas medievais eran homes, a que fala é unha muller. Teñen como tema a erótica feminina, exenta de amor físico. A propia palabra amigo é característica deste xénero.
queres comentar? (932 lectores)
Enviado por: Admin o Luns, 31 de Marzo de 2008 - 09:43:24 (CET)
Os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia vimos de aprobar en votación sumarmos á convocatoria da manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o vindeiro día 18 de Maio en Compostela. O lema da mesma será Polo dereito a vivirmos en galego.
1 Comentario (816 lectores)
Enviado por: redaccion o Mércores, 26 de Marzo de 2008 - 00:00:00 (CET)
O teatro escrito en galego non se comenzou ata a segunda metade do século XIX. Principiouse cuns afortunados ensaios dramáticos, entre eles A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, que acadou éxito ó se estrear en 1882 na desaparecida sociedade coruñesa Liceo Brigantino; foi seguida por outras obras como A Torre de Peito Burdelo e Filla, de Galo Salinas; A emigración, de Armada Teijeiro e Xuana, de Manuel Amor Meilán.
queres comentar? (869 lectores)
Enviado por: Admin o Luns, 24 de Marzo de 2008 - 12:39:04 (CET)
No proceso de integración e mellora de Fillos.org e outros webs responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia como canles publicitarias, estamos analizando algunhas cifras que falan da efectividade e alta taxa de clicks dos banners que amosamos dos nosos anunciantes actuais. Velaquí as tedes.
queres comentar? (826 lectores)











