Tras o peche de Blogaliza, os nosos blogs retornan a Fillos.org

Unha vez consumado o peche de Blogaliza.org, comunicamos que os nosos blogs que nestes últimos anos estiveron aloxados nese histórico servidor de blogs galegos, volven estar agora dentro do noso dominio principal, Fillos.org e aloxados no noso propio espazo. Así, os novos enderezos pasarán ser:

BlogalizaEstes webs, tras o seu traslado aínda precisarán algúns axustes, algúns dos cales estaba mesmo pendente desde o seu traslado a Blogaliza, hai 7 anos e medio. Así que pregamos desculpas polos fallos que aínda poidan aparecer.

Queremos desde a Asociación Cultural, primeiro de todo, agradecer a Blogaliza e aos seus responsables (Pedro Silva, Goretoxo, o seu fundador; a empresa Algueirada, responsable durante unha época; e a Asociación Blogaliza, que se fixo cargo durante a última época) que acobillaran os nosos contidos durante estes anos de maneira totalmente gratuíta. Lamentamos o peche deste histórico proxecto, todo un referente clásico da WWW galega. Mais tamén lamentamos moito que —incomprensiblemente— non se nos facilitara ningunha maneira de informar os motores de procura do traslado dos nosos blogs á súa nova ubicación, o cal vai causar que o posicionamento e antigüidade rexistrada das nosas páxinas en buscadores como Google se vaia perder por primeira vez en máis de 20 anos de historia da nosa Comunidade Virtual, pois en cada un dos traslados anteriores sempre tivemos o coidado de redirixir e informar axeitadamente os buscadores de cál era a nova localización de cada unha das páxinas que se movían a outro lugar.

Comeza, con este traslado, o que denominaremos a nosa etapa 6.1.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada , , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *