Despois de que no ano 2016 non se celebrase a asemblea xeral e, polo tanto, quedase en funcións a actual directiva, e tras reiteradas solicitudes ao actual presidente para convocar a asemblea, que non foron atendidas, a Xunta Directiva procedeu a votar e aprobar a convocatoria inmediata (co prazo previso nos estatutos da nosa asociación, de 7 días) da asemblea xeral.
A asemblea hase celebrar, coma sempre, por medio de lista privada de correo electrónico, restrinxida ás persoas que teñan a condición de socios no momento de comezo da asemblea.
Comezará o día 16 de decembro de 2017 e terá como orde do día os seguintes puntos:
- Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva (anos 2016 e 2017).
- Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión (anos 2016 e 2017).
- Presentación de candidatos a cargos directivos.
- Debate sobre a situación actual da asociación e evolución prevista para o 2018.
- Presentación dunha estimación de ingresos e gastos para 2018, a cargo dos candidatos á Directiva.
- Outras cuestións presentadas polos socios.
- Votación para a elección da nova Directiva.
- Posible mudanza de sede da asociación así como da delegación en Galiza: propostas e votación.
Tanto as persoas que desexen ser candidatas a cargos na asociación, como as que desexen presentar propostas para ser tratadas nesta XVI Asemblea Xeral, prégase que as fagan chegar antes do comezo da asemblea, por email, a ames ARROBA fillos PUNTO org.


RSS xeral de Fillos.org