Este ano, grazas a unha nova subvención da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, estamos procedendo a enviar máis exemplares do noso libro Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos. Os envíos son totalmente gratuítos para os receptores: non tedes que pagar nin o libro nin o envío postal. Se ti aínda non o tes, porque o ano pasado quedaches sen el, déixanos aquí unha mensaxe como comentario ao pé desta noticia, indicando en qué lugar do mundo vives (Cidade, País). Despois nós xa nos poñeremos en contacto para che pedir o enderezo completo (por privacidade pedímosche que non o poñas no comentario) e proceder ao envío.
Este ano estamos a priorizar os envíos aos centros galegos e outras entidades da nosa diáspora, pero moi probablemente imos dispoñer tamén de exemplares para enviar a algunhas persoas particulares, sempre e cando vivades na diáspora, lembrade! En calquera caso serviremos os libros por rigorosa orde de chegada das solicitudes, así que se che interesa recibir este libriño que tanto éxito está a ter desde a súa publicación, non tardes en deixar o teu comentario ao pé deste post. Agardamos as vosas mensaxes antes do día 28 de setembro, como data tope para as solicitudes.
A Coruña, España
Miriam, non podemos mandar a Galiza: o libro foi subvencionado para enviar á emigración. Sentímolo. De todos xeitos vas dispoñer dunha versión web en breve.
Ola novamente, Miriam. Como estamos informando aos que nos solicitastes o libro desde Galiza, agora xa podes acceder á versión web do libro: http://antroponimia.degalicia.org/ Esperamos que vos guste.
Madrid, Espanha.
Grazas!!
Moi ben, Héctor. Xa che mandamos email privado para que nos deas o enderezo completo e teñas en breve o teu exemplar na casa. Grazas.
Monthey,Suiça
Morro por conseguir o libriño, e tamén por aportar os 5 euros ou o que sexa que axude a financiar a campaña de envíos. Paréceme unha grandísima iniciativa. Eu vivo en Eindhoven e agradeceríavos infinito poder consegui-lo libro.
Non fai falta poñerse así, María! 😉 Has ter o libro, sen dúbida. Agora che escribimos para pedirche o teu enderezo postal. Acerca das axudas, non te preocupes: está financiada pola Secretaría Xeral de Emigración 🙂 Podes colaborar coa nosa asociación de moitas outras maneiras.
Cidade de Atibaia, estado de São Paulo – Brasil
Olá!
Moitas gracinhas pola actitude ista de promulgar as cousas de nosa xente i facultar ca nosa memória siga pois, alumiando a história do noso povo polas eternidades; Anque sexamos un tanto nómades i mellor, adaptabeis ó mundo que vivimos, somos uns poucos millóns as moitas galegas i galegos que loitamos bravamente resistindo i singramos por eí. Más gardamos o lume da música, conservamos o espírito da danza, as froles do Maio a folia, a literatura i a nosa língoa coma ritos antergos;
No más, rindo homaxe ós meus bisabós i seus ancestros.
Os Galegos somos asín:
Nacimos aló, para logo esparxirmonos mesclandonos maravillosamente polo mundo.
Unha aperta agarimosa i ghaiteira,
a todas e todos dende Ilha de Paquetá,
Rio de Janeiro, Brasil.
Obrigados, Scott, pero… nao me fica claro se queres que te mandemos o livro. Se é assim, por favor, confirma-nolo!
Santiago. Galicia
Alicia, non podemos mandarcho a Galicia, pois foi editado cunha subvención condicionada a que era para os emigrantes. Sentímolo! Podes consultar p.ex. webs como http://www.nomes-galegos.info onde tes bastante información tamén sobre a antroponimia galega.
Ola novamente, Alicia. Como estamos informando aos que nos solicitastes o libro desde Galiza, agora xa podes acceder á versión web do libro: http://antroponimia.degalicia.org/ Esperamos que vos guste.
Non estou lonxe, en Madrid pero morriña tense igual
En Madrid podes recibir perfectamente o libro, Susana. E ben sabemos o da morriña, podes crelo! 🙂
Agora che escribo para che pedir o enderezo postal e mandármosche o libro. Grazas.
ola eu vivo en Uruguai. Conosco o voso gran traballo a traves da miña nai. Me gustaria recibir o libro. Un bico
Grazas, Camila. Agora che pedimos o teu enderezo postal por email.
Boas! Resido en Brasil, e gustaríame moitísimo receber o libro: Nomes galegos de hoxe e de onte.
Grazas.
Sergin Castanheira.
Eu estou en Barcelona e quería o libro.
Moitas grazas!
Rocío, escribímosche agora mesmo un email para que nos deas o teu enderezo. Chegas polos pelos pois mañá rematan os envíos.
Eu estou en Barcelona, España. Alégrome moito que os galegos loitemos pola nosa lingua tamén fora de Galicia.
Grazas, Marta 🙂 A nós alédanos que haxa galegas e galegos interesados na nosa cultura e concretamente na onomástica que tentamos axudar a espallar con este modesto libriño. Xa che escribimos. En canto poidas mándanos o teu enderezo a ver se aínda pode chegar a tempo porque coido que mañá mesmo ían enviarse os libros solicitados.
Barcelona, España.
Graciañas!!!
Grazas a vós polo interese. Por certo, onde soubestes do noso ofrecemento do libro? Estráñanos recibir tantas solicitudes hoxe día 22. Apareceu nalgún medio de comunicación? :-m
Boas! Resido en Madrid, e gustaríame moitísimo receber o libro: Nomes galegos de hoxe e de onte.
Grazas.
Gracias
Eu quero un.Son de lugo
Sentímolo pero polas características da subvención recibida non podemos enviar o libro impreso a residentes en Galiza. Pero de contado has poder ver unha versión online.
Ola novamente, Félix. Agora xa podes acceder á versión web do libro, que por suposto non está limitada aos que vivan na emigración: http://antroponimia.degalicia.org/ Esperamos que che guste.
Boas,
Vivo en Vic (Barcelona) e gustaríame recibir o libro
Xa vos enviamos un email desde Fillos solicitando o enderezo ao que envialo.
Lanzarote, Illas Canarias.
Xa teño gañas de telo e unha aperta moi grande aos que están – estamos – lonxe da terra.
Espero que poida aínda chegarvos un exemplar. Coido que mañá ían saír os derradeiros exemplares desta xeira.
Avilés, España
Hola. Yo vivo en Brasil. Gustaría muchísimo del libro.
Olá. Sou filha de espanhol e tenho dupla nacionalidade espanhola. Nunca fui a Espanha. Mas eu gostaria muito de ter esse livro. Posso até informar os dados da certidão de espanhol.
Hola. Yo vivo en Paraiba/ Brasil. Mi guacha muchísimo tener este libro. Por favor, Envíe para yo.
Podes escribir no teu idioma, Patrícia, que vén sendo coma o noso 😉
Gijón, Asturias
Riverside, USA
Hola. Yo vivo en Paraiba/ Brasil. Mi guacha muchísimo tener este libro. Por favor, Envíe para yo. Mi abuelo eran de PONTEVEDRA, todavía yo no conozco la provincia.
Buenas.
Una servidora desde Barcelona.
Seguro que en Toledo podo expandir os nomes propios da nosa terra. Grazas.
Agora che enviamos unha mensaxe a ver se chegas a tempo.
Eu vivo en Burgos e gustaria recibir o libro dos nomes galegos.
Graciñas
Pois chegaches tarde, Loli, sentímolo 🙁 Os envíos xa foron feitos. Agora haberá que esperar a ver se o ano que vén temos unha nova subvención para enviar máis.