Convocatoria da XIII Asemblea Xeral da Asociación Cultural Fillos de Galicia

Con data de 07/06/2013 convócase a XIII asemblea ordinaria de socios, que se celebrará  por medio  da lista privada de correo de socios.

Comezará o día 4 de Febreiro de 2013 e terá como orde do día  os seguintes puntos:

1.- Presentación do estado de contas e informe da xestión da actual Xunta Directiva.
2.- Votación e aprobación se procede, dos informes de contas e de xestión.
3.- Presentación de candidatos a cargos directivos.
4.- Debate sobre a situación xeral da asociación hoxe.
5.- Debate sobre o funcionamento de Fillos 5.0: Pros e contras
6.- Presentación dunha estimación de ingresos e gastos a cargo da Directiva .
7.- Outras cuestións presentadas polos socios.
8.- Votación para a elección da nova Directiva.

Con vistas a esta asemblea a nosa Xunta Directiva quere facer un duplo chamamento:

  1. Aos socios actuais para que colaboren para poñer ao día o pagamento das súas cotas e así poder participar.
  2. A todos aqueles membros de Fillos, simpatizantes e colaboradores interesados no funcionamento da nosa asociación, para que se unan a ela como socios antes do día 3 de febreiro para así poder participar con plenos dereitos nas decisións e poder presentarse a cargos directivos, facer propostas e —en definitiva— formar parte  de Fillos de Galicia.

As persoas interesadas facerse socios deben poñerse en contacto con presidencia ARROBA fillos PUNTO org  o antes posible, para indicarlles como faceren o pagamento da súa cota para participaren como socios nesta XIII Asemblea Xeral.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia e etiquetada . Garda a ligazón permanente.