Como xa vimos comentando con anterioridade, estamos inmersos nun proceso de traslado a unha nova ubicación, que denominamos Fillos 5.0 e que será acollida en Blogaliza.org.
Isto provocará que temporalmente, durante os vindeiros días a comunidade virtual non estea dispoñible ou que se perdan comentarios ou contido publicados xusto nas horas do traslado. Por iso é recomendable que vos absteñades de participar nas diversas seccións do web ou que o fagamos sabendo que os contidos poderán ter que ser reenviados tras a migración.
Tamén o resto dos nosos webs han sufrir interrucións nestes mesmos días. Lamentamos os inconvientes e molestias que isto vos poida ocasionar.


RSS xeral de Fillos.org