Prorrogamos indefinidamente a oferta de nomes de dominio

A nosa Xunta Directiva decidiu deixar aberta a convocatoria para a venda dos nosos nomes de dominio non utilizamos, alén do prazo que remata hoxe para o Desmantelamento dos nosos proxectos.

O motivo foi que non demos publicado con tempo de abondo a listaxe completa, e que non se indicara na páxina onde aparece a devandita lista, que os prezos xa non tiñan un mínimo. De feito os interesados poden enviar calquera oferta, mesmo por 0 euros, para se faceren cargo dos dominios.

Agora que temos a lista de dominios completa, convidamos a todos os posibles interesados a enviarnos as súas ofertas a secretaria EN fillos PUNTO org, indicando cánto ofrecen e por que dominios en concreto. Agradecemos de antemán as ofertas que nos axuden economicamente nesta situación crítica que vive a nosa asociación.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Prorrogamos indefinidamente a oferta de nomes de dominio

  1. casdeiro di:

    Semella que o redireccionamento non está a furrular correctamente desde fillos.org a fillosdegalicia.org

    O enderezo onde está a lista de dominios é http://fillosdegalicia.blogaliza.org/dominios-a-venda-relacionados-con-galicia/

Os comentarios están pechados.