Remata unha nova Asemblea Extraordinaria da asociación cultural Fillos de Galicia

Este domingo rematou unha nova asemblea extraordinaria que fora convocada de urxencia tras o fracaso nas negociacións relativas ao proceso Un futuro para Fillos que abríramos en Febreiro deste ano ante a situación pola que atravesaba a nosa asociación.

Na asemblea foi aprobada unha nova proposta alternativa ao devandito proceso e elexida unha nova xunta directiva que terá como principal mision poñela en práctica. O mandato desta nova directiva será temporal pois na proposta aprobada queda convocada unha nova Asemblea Extraordinaria para o día 11 de Xullo.

A composición da nova Directiva é a seguinte:

  • Fernando Afonso, como presidente e delegado en Euskadi.
  • Manuel Casal, como secretario e delegado en Ames (A Coruña).
  • Alejando López, como delegado en Murcia.
  • Alejandra Cachafeiro, como delegada en Bos Aires (Arxentina).
Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Remata unha nova Asemblea Extraordinaria da asociación cultural Fillos de Galicia

  1. Pingback: Fillos de galicia — Blog — O desmantelamento de Fillos de Galicia

Os comentarios están pechados.