Remata a campaña de afiliación e comeza a VIII asemblea de socios

O resultado da campaña de afiliación que viñemos facendo durante o último mes foi que o número de socios subiu de 49 a 63 (14 novos socios), o cal supón un medre da taxa de compromiso (número de socios por cada cen membros) do 0,91 ao 1,15 actual. Está lonxe este resultado do esperando de 100 socios e un 1,85% de compromiso. Estes socios comezarán a debater hoxe na VIII Asemblea de Socios, que se mantén por medio de Internet, sobre a situación na que está Fillos de Galicia e que conclusións se poden tirar deste resultado e do escaso nivel de afiliación. As decisións que tomen os socios han ser cruciais para ver como enfrontar o futuro da Comunidade Virtual cando entra no seu 11º ano de existencia na Rede.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Remata a campaña de afiliación e comeza a VIII asemblea de socios

  1. Admin di:

    A cifra de socios tras dar de baixa a aqueles que por impagamento das súas cotas de socio, perden esta categoría e non poden participar na VIII Asemblea, queda en 55 socios (taxa de compromiso de 1,01%). Así pois gañamos 14 socios na campaña pero perdemos 8 por impagamento, así que o resultado neto é de 6 novos socios.

  2. Admin di:

    ULTIMAS NOTICIAS sobre Fillos de Galicia (Enero’2004)
    La “Campaña por el Futuro de Fillos” ha finalizado sin alcanzar
    sus objetivos. La IV Asamblea General de Socios se encuentra
    actualmente debatiendo qué va a suceder ahora con Fillos.org…

    Los resultados de dicha Asamblea serán anunciados a su finalización
    a toda la Comunidad Virtual de Fillos de Galicia.

    :-(( Tristemente estamos na VIII Asemblea Xeral de Socios e a situación se repite…

Os comentarios están pechados.