A tenda de Fillos chega aos 200 pedidos

Hoxe un pedido de 3 camisetas de Costa da Morte Blues / Fillos de Galicia fixo o número 200 desde que instalamos a nova versión da tenda online da nosa Asociación. Grazas a todos os que nos axudades coas compras feitas nesta tenda, onde os produtos máis vendidos son, por orde: Nome de dominio (1 ano), Camiseta Nación Mundial Galega, Parcela virtual (ate Febreiro 2009), Camiseta Costa da Morte Blues – Fillos.org, Antoloxía A Nosa Voz, Cota anual de socio, Polo oficial Selección Galega de Fútbol, Doazón (5 euros), disco Malvela – Que o pano non me namora, mapa Reino de Galicia (Gallaecia Regnum, Mercator).

O último artigo incorporado ao noso catálogo, e que fai o número 119, é o noso terceiro libro: A Antoloxía Poética da Diáspora Galega, que ofrecemos a un prezo especial de lanzamento ate o 15 de febreiro.

Deesde a nosa tenda agora tamén te podes facer socio/a de Fillos de Galicia pagando a cota de 30 euros/ano e tamén podes trocar os teus galeuros por moi diversos artigos.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.