Os Magos de Oriente trouxeron un agasallo aos membros máis participativos

Esta noite Melchor, Gaspar e Baltasar trouxeron un agasallo especial para os 10 membros de Fillos que máis teñan participado no noso Taboleiro. Quedaron fóra os que xa son socios e os que non participaran con ningunha mensaxes no pasado ano 2007. Esta é a lista dos que levan o agasallo de 15 galeuros, que esperamos moitos deles aproveiten os galeuros para facerse socios e axudar na nosa campaña “Para que ponte non caia…”. Parabéns a todos eles e grazas por participaren na nosa Comunidade Virtual!

  • bershky (253 mensaxes)
  • pilarmabel (132 mensaxes)
  • Xana (126 mensaxes)
  • sromero (109 mensaxes)
  • Manolo (46 mensaxes)
  • esperanzataboadasurribas (44 mensaxes)
  • palas_de_rei (40 mensaxes)
  • Fabiana (35 mensaxes)
  • zasmania (29 mensaxes)
  • XorxeLois (28 mensaxes)
Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Os Magos de Oriente trouxeron un agasallo aos membros máis participativos

  1. bershky di:

    Moitas grazas, meus benqueridos Reis Magos, Deus bo lo pague 😉

  2. bershky di:

    Opss, ando na póla 🙂 Que Deus volo pague.

  3. Xana di:

    Aquí outra afortunada que cun chisquiño de atraso vos agradece moitísimo o agasallo! Xa ando coma tola pensando en todo o que me gustaría mercar da tenda! Téñolle botado o ollo a unhas cousiñas que… 😀

  4. pilarmabel di:

    Agradesco a los Reyes Magos, tan preciado obsequio.
    Ya pensaré el destino para ese regalo.
    Un saludo
    Pilar
    .

Os comentarios están pechados.