Gastos de Fillos de Galicia no 2007

Os primeiros cálculos, moi aproximados ao que serán as cifras finais que se presentarán a partir do día 21 de Xaneiro na VIII Asemblea de Socios, amosan uns gastos totais imputables aos proxectos de Fillos de Galicia durante o 2007 que superarán lixeiramente os 50.000 euros, o cal supón un mantemento das cifras nos parámetros do ano 2006, malia termos incrementado fortemente a nosa audiencia en Fillos.org e termos creado novos webs e proxectos asociados. Os gastos non medraron na miña opinión, simplemente porque non tiñamos máis ingresos, e polo tanto tivemos que apretar o cinto e facer malabares para que nos dera para seguir medrando cuns orzamentos tan exiguos comparados con outras entidades.

As cifras detalladas de ingresos e gastos serán presentadas aos socios durante a vindeira asemblea. Non perdas a oportunidade de te sumar á nosa Asociación antes do seu comezo.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Gastos de Fillos de Galicia no 2007

  1. Admin di:

    Os gastos finalmente contabilizados en 2007 foron de 45.173,69 euros.

Os comentarios están pechados.